23/02/15

[Pontevedra] Comezan Xaxúns Solidarios coas Persoas Presas en Loita

(extraido de Abordaxe Revista)
Damos pulo a esta nova convocatoria solidaria que nos remiten as compas do grupo de Galiza Sur da Coordinadora Anticarceraria Cárcere=Tortura (CACT) e que xá deu comenzo onten domingo 22 dende as 10am ata as 10pm na entrada principal do Hospital Provincial de Pontevedra, e que continuará hoxe luns 23 nas portas dos Xulgados da Parda e así sucesivamente… Alén tambén está a haber xaxúns solidarios de presxs en loita no interior das prisións.
AXUN final Con isto dende a CACT, xunto a un grupo de solidarias, pretenden visibilizar, en especial, a situación crítica de Javi Guerrero Carvajal nestes momentos nos que sufre as graves consecuencias da súa folga de fame, e tambén a arbitrariedade e torturas presentes no sistema penitenciario do Estado español. Nos seguintes días, as solidairas estarán en distintos puntos da cidade cun posto de información, faixas e demáis, facendo xaxún unha de nós por día, ó longo da semana (non sabemos exactamente ata cando, depende das nosas capacidades e da dispoñibilidade que teñamos).
Colamos dita convocatoria:
XAXÚN COLECTIVO SOLIDARIO COAS PERSOAS PRESAS EN LOITA
Pontevedra febreiro 2015

Un grupo de persoas decidimos compartir unha das formas de loita de algúns/unhas compañeir@s que están pres@s, visibilizala e sacala á rúa, fóra dos muros que encerran, marxinan e aillan todo o que sucede dentro das prisións.
Deceas de persoas nos cárceres do estado, participan activamente na denuncia de vulneración de dereitos e contra os malos tratos e as torturas en prisión, en campañas (como Cárcere=Tortura dende outubro de 2011) ou simplemente sos, na soedade das celas de castigo. Envío de denuncias e escritos aos diferentes organismos (dende o Xulgado de Vixianza Penitenciaria ao Tribunal de Estrasburgo), xaxúns cada 1º de mes (algúns/unhas tamén o 15º de cada mes), autolesións, paros, folgas de fame, folgas de patio, etc… son os recursos utilizados para denunciar o que acontece dentro dos cárceres. A represión e o castigo por isto non se fai esperar e axiña sofren as consecuencias de non estar calad@s. Partes de conduta inxustificados, dispersión e traslados de prisión, corte de comunicacións (moitas veces sen darlles ningún tipo de explicación), alongamento de condeas, mesmo torturas e malleiras…
Son moitas as persoas presas que coñecen esta cara penitenciaria. Entre outr@s, Javier Guerrero Carvajal leva dende o 12 de decembro en folga de fame e mais dun mes no Hospital Provincial de Pontevedra. Emilio Sánchez del Peso e a Xurxo Castro Cervantes foron recén trasladados por ser activistas polos dereitos en prisión; Reinaldo Gómez Guijarro, destinado no módulo de illamento dende decembro, sen ningunha explicación con ameazas constantes e torturas psicolóxicas; e un senfín de casos, en todas as cadeas do estado, que por innumerables non podemos citar neste pequeno texto.
Hoxe decidimos compartir, dunha forma simbólica, a súa loita, as súas formas, as súas estratexias, e así tratar de visibilizar o que doutro modo queda na penumbra da exclusión.
Nos cárceres de todo o estado tortúrase. En A LAMA TORTÚRASE. Esta situación non pode seguir así. Día a día, as inxustizas sucedense unha tras outra, con total impunidade e silencio. Nós non imos calar. E tu?
ABONDA DE TORTURAS E MALOS TRATOS NAS PRISIÓNS.
ABONDA DE IMPUNIDADE.
SE TOCAN A UN/UNHA, TÓCANNOS A TOD@S!!!!!

Solidariedade presas en loita!!
Abaixo os muros dos talegos!

CACT -⁠ Grupo Galiza Sur e Solidarias.
Actualizaremos con máis info nos seguintes días.
Contacto: noestansolxs@gmail.com

19/02/15

[Vigo] Sábado 21 Xantar propresxs no CSA A Cova dos Ratos

XANTAR

(extraido de Abordaxe Revista)

Cobrimos esta convocatoria que nos chegou da man das compas do grupo de Galiza Sur da Coordinadora Anticarceraria Cárcere=Tortura (CACT):
Como cada 3er sábado do mes, podes colaborar coas persoas presas en loita desfrutando dun xantar vegano.
Este vindeiro sábado 21 no CSA A Cova dos Ratos (rúa Romil 3 Vigo).

[Galiza] Reivindicación de Sabotaxes Solidarios para con as persoas presas

(extraido de Abordaxe Revista)
Damos pulo ao seguinte correo reivindicativo asinado pola Asociación Libre e Informal de Salvaxes:
SabotajeApoiamos con solidariedade as loitas dos presos en folga de fame: José Antúnez Becerra, Javier Guerrero e Xabier Corporales, asi como a Roberto C. Fernández Pardiñas preso libertario en loita e a todxs xs que están enxauladxs e privadxs de liberdade.
E por iso, dende mediados de xaneiro, comezamos a sabotear as rodas a vehículos de alta gama e de servizos de transporte colaboradores do sistema polo norte de Galiza.
Istas son un tipo de acción de sabotaxe, as que animamos a propagar e realizar. Asi como infinitos ataques en contra de toda representación do poder e a súa dominación.

Queremos romper con todo o establecido, queremos viver a nosa vida en liberdade e por iso estamos en contra de toda autoridade que negue o noso libre desenvolvimento.
Estamos en contra das xerarquías e deste sistema de dominación que nos somete a un pensamento uniforme baseado nunha actitude predeterminada e renegar do pensar por unha mesma, para o seu beneficio. Crescimos enganadxs entendendo que as ideas e actos van separados na vida e a obedecer para non sufrir, e a todo o que nos condenou esta civilización tecno-industrial, a vivir como miserabeis.
Cremos que a loita debe trascender das simples palabras a actos por iso entendemos a vida como a necesidade de actuar según as nosas ideas ácratas, cheas de venganza, sen esperar ao momento da revolución social, nos xa á comezamos.
Pola extensión da raiba!
Morte ao estado e Viva a Anarquía!
Asociación Libre e Informal de Salvaxes

[CP de Madrid VII – Extremera] Comunicado chamando a acción: “Queren deixar morrer lentamente os presos enfermos de hepatite C”

(extraido de Abordaxe Revista)

Recollemos (e traducimos) este Comunicado asinado en 1 de febreiro no cárcere de Extremera, publicado na web da campaña Cárcere=Tortura:
a luita continua O Ministerio do Interior Español retratouse “fotograficamente”. Queren deixar morrer lentamente as presxs enfermxs de hepatite C nos seus podres cárceres, xa que prefiren seguir enriquecéndose a custa do que sexa; “programas de tratamento” que non se dan pero que o custo destes, se embolsan nas súas contas os diferentes directores, subdirectores e demais carcereiros da cúspide xerárquica carceraria-policial. Fano con todo, os economatos, a comida e agora descubriron o filón da saúde. O Ministerio do Interior non só é un niño de verdugos, psicópatas, torturadores e asasinos, senón que descubriron un filón máis ao decatarse das substanciosas cifras que manexan con total impunidade, lonxe de calquera control cidadán sobre a xestión económica dos matadoiros nos que se converteron os seus cárceres “Democráticos”.

Estes asasinos embólsanse, mediante diferentes estratexias de “enxeñaría económica fraudulenta”, o 60% do presuposto dirixido a financiar o custo (do mantemento) dos prisioneiros nos seus cárceres: a nós, xs prisioneirxs MÁTANNOS e as cidadáns? pásanlles a factura para que a súa maquinaria de exterminio “disfrazada” teoricamente de palabras como “rehabilitación” e “resocialización” non só siga funcionando a pleno rendemento, senón que lles permita a eles e ás súas familias, seguir embolsándose a pasta que queira a súa “función social”. Sabeis cal é a pena? Que a indiferenza do 90% da poboación, ante a problemática carceraria, lles permite matar, torturar e enfermar as prisioneirxs con total opacidade.

01/02/15

[Pontevedra] Grave situación de Javi Guerrero cando se cumpren 50 dias da súa Folga de Fame.


 

(extraido de Abordaxe Revista)

O estado de saúde do preso en loita Javier Guerrero Carvajal (en folga de fame en defensa dos dereitos das persoas presas dende o 11 de diciembre) de 33 anos agravouse. O pasado venres 23 de xaneiro foi operado dos riles moi deteriorados pola dura protesta que esta levando a cabo sen descartarse novas intervencións. A raíz da operación inchóuselle toda a perna esquerda por unha posible trombose.
Foi obrigado á administración por via intravenosa de diversos goteiros baixo a ameaza de ser amarrado, ata o miercoles 28, momento en que a petición súa e coa vontade de seguir a folga de fame lle quitaron a via e administración de soros.

A pesar do seu estado físico, a súa moral segue intacta e a súa vontade de seguir adiante é férrea ata que se lle conceda o terceiro grao e o retorno dos permisos suspendidos e arquivo da sanción. Javi denuncia a represión que sofren xs que se atreven a protestar e acusar a xs carcereirxs que utilizan ou consenten os malos tratos e torturas, recordemos que a sanción imposta parece unha vinganza ante unha denuncia por malos tratos e abuso de poder que fixo días antes.
A poucos días de cumprir un mes hospitalizado aínda non lle permitiron ver a amizades e achegadas, non puido chamar por teléfono nin unha soa vez, non puido falar coa súa familia, non lle dan os informes médicos sobre a súa situación clínica, limitaron a visita de avogados, etc,…
Dende aquí denunciamos a pouca profesionalidade e o desleixo de parte do persoal médico e de apoio social do Hospital Provincial de Pontevedra. Cando unha persoa privada de liberdade se encontra hospitalizado é un paciente cos mesmos dereitos que os demais, polo que esiximos se respecte o seu dereito a visitas en horario permitido, o seu dereito a recibir toda a información sobre o seu expediente e historial médico, dereito a comunicación cos seus achegados e coa asistencia letrada que requira, dereito a unha asistencia social efectiva.
Por outro lado empezáronlle a chegar cartas de apoio e ánimo e agradece as accións de apoio e a laboura de todxs aquelxs que estan facendo pública a súa situación e a de xs que loitan dende dentro pola defensa dos dereitos humanos.

[Pontevedra] Crónica da Concentración de onte, luns 26, en solidariedade con Javier Guerrero Carvajal, preso en loita.

(extraido de Abordaxe Revista)


20150126_185844 Un reducido pero entusiasmado grupo de solidarixs concentrámonos este luns 26 de xaneiro de 2015, arredor das 18:30 da tarde, na entrada principal do Hospital Provincial de Pontevedra, na céntrica rúa Loureiro Crespo, para amosar a nosa solidariedade coa loita que leva a cabo o noso compañeiro e preso en loita Javier Guerrero Carvajal, quen se atopa ingresado neste hospital cun delicado estado de saúde que compromete seriamente a súa vida, debido á folga de fame que mantén dende o 11 de decembro, e ós días que pasou en folga de sede.

Durante a concentración berráronse varias consignas clásicas como “OS CÁRCERES SON CENTROS DE EXTERMINIO”, “NON PODE SER, AS POBRES NAS CADEAS E OS CORRUPTOS NO PODER”, “ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS” ou “NIN FIES NIN DISPERSIÓNS, NIN ENFERMXS NAS PRISIÓNS” e outras máis centradas neste caso coma “ÉL PIDE LIBERDADE E O ESTADO DALLE FAME” ou “EN FOLGA DE FAME POLA SÚA LIBERDADE”. Tamén se explicou en voz alta a situación de Javier, a loita que desenvolve e o motivo do noso protesto: Aproveitamos para lembrar o caso de Gavioto, preso en loita que morreu “suicidado” (asasinado) no penal de A Lama onde tamén estaba pechado Javier antes de ser hospitalizado, e varias persoas paráronse a preguntar e informarse.
Repartíronse panfletos entre xs peóns e tras aproximadamente tres cuartos de hora, disolveuse sen problemas. A pesar de que non pedimos permiso nin comunicamos oficialmente a concentración (negámonos a pasar polos filtros que nos impón o Estado cada vez que queremos expoñer as nosas reivindicacións), a policía non fixo acto de aparición, algo que lle agradecemos enormemente. Deberíades quedar na casa ou na comisaría máis a miúdo, que na rúa fai moito frío.
Javi atópase nun delicado estado de saúde, e é fundamental que amosemos a nosa solidariedade por todos os medios posibles e ó noso alcance, para seguir a transmitirlle forza: Pasar polo hospital e berrarlle consignas de solidariedade dende a rúa, escribir cartas de apoio e solicitar que lle sexan entregadas, acudir ás concentracións ou convocar as vosas propias, espallar os panfletos e a información ou contactar cos grupos solidarios para informarse, son ferramentas que todxs podemos empregar para darlle ánimos e sumar as nosas voces á súa.
Os cárceres son a ferramenta do Estado para agochar as consecuencias dun sistema que falla estructuralmente. A democracia fala de dereitos humanos, mentras amontoa en almacéns de almas a todas aquelas persoas que estorban, que non encaixan ou que simplemente, rexeitan os camiños impostos e buscan vías de vivir a súa vida fora das chantaxes e normas inxustas que impoñen dende o Poder. A loita dxs presxs contra os malos tratos é a loita pola dignidade daquelxs que viven privadxs dela. A loita contra as prisións é a loita de todxs contra a hipocresía das institucións e contra a mentira da reinserción que lexitima todas as súas torturas e abusos cotiáns sobre as persoas presas.
SOLIDARIEDADE CON JAVIER GUERRERO CARVAJAL E CON XS DEMÁIS PRESXS EN LOITA!
Algunhas solidarias…