18/09/16

Proposta de folga de fame colectiva nos cárceres en apoio de Nais contra a impunidade de cara ao xuízo do 2 de Novembro

extraido de Abordaxe Revista
Tirado de tokata.info 

Nós tamén queremos saber que lle pasou a Diego!!
Criminalizar a solidariedade é unha sucia e vil estratexia utilizada nos últimos anos por aquelas rancias mercenarias que ven perigar o seu tan podrecido sistema capitalista e negocio encuberto carcerario. Así, no ano 2011 (por facer unha clara referencia á historia máis recente da ardua loita anticarcelaria), aquelas denuncias presentadas polo noso compañeiro Juankar de sufrir reiteradas malleiras a mans de mercenarias hienas alienadas, foron prontamente reprimidas en forma de novas, varias e moi variadas formas de represividade que acabaron con varias sentenzas condenatorias. Represión voraz fascista que alcanzaron tamén a resposta valente e solidaria que desenvolveron as nosas compañeiras compoñentes do Grup de Suport de PRESXS en Lluita de Ponent en igual sentido opresor condenatorio para os 3 mozos de Lleida, integrantes e mellores irmás na campaña Cárcere=Tortura. Sucias condenas que, ano tras ano, vanse estendendo nos vertedoiros xudiciais con idénticos resultados e que certas persoas «non gratas», cos seus nomes e apelidos están a sufrir en carnes propias: Tamara, Nuria Pórtulas, Sergi Ollé, Oriol Puig, Pablo Fernández e algún/algunha que me deixo no tinteiro.

[C.P. A Lama] Poblete en loita!


extraido de Abordaxe Revista



Difundimos este comunicado recibido no correo.
 A finais de agosto, o Xulgado de Vixiancia Penitenciaria requeria á prisión de A Lama trasladar ao hospital Provincial de Pontevedra ao preso alacantino, de orixe chilena, Jose Adrián Poblete Darre, debido ao seu estado de saúde despois de levar varias semanas en folga de fame.
boletin Adrián púxose en folga de fame o pasado 1 de agosto, unha acción que realiza para protestar contra as inhumanas condicións nos módulos de illamento e pola represión que sofren os activistas prodereitos humanos e propres@s tanto dentro como fóra do cárcere.
  Proponse realizar a folga de fame (na actualidade sostida a base de fármacos) dende o 1 de agosto ata o día en que xulgarase, en Coruña, ao colectivo Nais contra a Impunidade, o vindeiro 2 de novembro, como unha acción de protesta sen que haxa posibilidade que a administración penitenciaria ou o xulgado poida facer nada para que desista.
 Este preso libertario chegou ao cárcere de Pontevedra despois de realizar 2 folgas de fame no cárcere de Estremera, unha de case 3 meses, entre febreiro e abril e outra de sede de varios días en maio, sempre protestando pola inasistencia sanitaria, polo aillamento, polos abusos do funcionariado aos presos, as condicións do 1er grao e en xeral, reivindicando a dignidade das persoas presas.
 En xullo realizou unha nova folga de mais de dúas semanas xa na prisión da Lama e despois de “recuperarse” volve agora a realizar este novo acto de protesta cunha duración determinada de 93 días e centrando a reivindicación na represión ao colectivo Nais contra a Impunidade e en xeral contra a represión aos colectivos e asociacións de axuda a pres@s.
 Este xoven preso ten as comunicacións intervidas por pertencer á Asociación de Presos en Loita Activa estando en illamento continuo e sendo constantemente dispersado.
Solidariedade c@s que loitan!!
Solidariedade Activa c@s Pres@s.