08/01/16

Actualización [CP Teixeiro] URXENTE Solidariedade con Xurxo Castro Cervantes! Alaguemos o cárcere con cartas ao seu nome

extraido de Abordaxe Revista

IMG-20151220-WA0007 Apenas hai unhas semanas colamos sendos escritos do Xurxo cando aínda estaba preso en Topas; agora recollemos esta imaxen do Boletín Tokata onde convocan a alagar Teixiero con cartas ao seu nome, e se ben esta convocatoria fala de facelo entre o 20 de decembro e o 3 de xaneiro; dende Abordaxe vos animamos a ampliala e a que na vindoura Marcha a Teixeiro do vindouro sábado 9 (convocatoria da que estamos pendentes de receber o cartaz con o horario e lugar de partida) o teñamos presente nos nosos berros.
ACTUALIZACIÓN
Dizer que compas solidárias galegas nos remitiran na semana pasada un seu correo (que non vimos ata hoxe por razóns que non imos contar aquí) manifestando o seguinte ao respeito da luita do compa.
O companheiro Xurxo quere agradecer a toda a xente que lle esta a enviar cartas en protesta pola restricción das comunicacions ao que se ve sometido. Motivos de seguridade son os que esgrimen tanto o cárcere como o xuiz de vixiancia penitenciaria por estar en contacto con outros pres@s en loita, con persoas libertarias e, incluso, por escribirse con pres@s que, a sua vez, se escriben cun FIES. Rocambolescos e inxustos argumentos, represión ideolóxica e tortura de aillamento por intentar non perder o contacto coa sua xente.
Os carcereiros tenhen retidas mais de 30 cartas por non ter remitente e son pocas as que lle entregaron.
Enviemoslle mais animo nos primeiros días de ano. E o día 9 de xaneiro fagamos que escoite os nosos berros.

BASTA DE REPRESIÓN NAS CADEAS, PAREMOS O CONTROL IDEOLÓXICO!!!
Liberdade para tod@s, solidariedade con Xurxo, Xavi, Toni, Noelia,etc…
SOLIDARIEDADE PRESXS EN LOITA!!!

Colado por Xan do Can para Abordaxe

Sábado 9 xaneiro ás 17:00′.- XVI Marcha a TEIXEIRO

extraido de Abordaxe Revista

XVI-Marcha-a-Teixeiroweb
Lugar de comenzo o habitual: Enfronte da gasolineira do Km 63 da N-634 ás 17 hs.
Un ano máis e xa van dezaseis, imos a Teixeiro a mostrar noso rexeitamento as prisións e a apoiar a tódalas persoas presas. Mentres sigan as torturas e os malos tratos, mentras sigan morrendo persoas en prisión, mentras siga un muro en pé, seguiremos berrando en favor da liberdade.
Como remate desta xornada solidaria, na noite haberá no CSOA Escárnio e Maldizer de Compostela cena e foliada e pinchada a partir das 22:30. Anímate e trae o teu instrumento!


ABAIXO OS MUROS DA PRISIÓN!!
ATA AQUÍ CHEGA O CHEIRO DAS TORTURAS EN TEIXEIRO!!