“Entenderase por tortura todo acto polo cal se infrinxa intencionadamente a unha persoa dores ou sufrimentos graves, xa sexan físicos ou mentais, co fin de obter dela ou dunha terceira información ou unha confesión, de castigala por un acto que cometese ou se sospeite que cometeu, ou de intimidar ou coaccionar a esa persoa ou a outras, por calquera razón baseada en calquera tipo de discriminación, cando devanditas dores sexan infrinxidas por un funcionario público ou outra persoa no exercicio de funcións públicas, a instancia súa ou co seu consentimento”. Convención das ONU contra a tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanas ou degradantes. Aprobada polo Plenario da ONU o 10 de decembro de 1984. Ratificada polo Estado español, entrou en vigor en outubro de 1987
Clicade acá para aceder ao Informe completo en formato pdf (en castelán)
No informe deste ano recollemos 194 situacións en que se produciron agresións, torturas e/ou malos tratos a un total de 961 persoas:
Estas agresións producíronse sobre persoas baixo custodia dos funcionarios (comisarías, cuarteis, prisións ou outros centros de privación de liberdade) e/ou no transcurso de intervencións policiais (represión de manifestacións, etc.). Estas cifras non coincidirán co número de causas penais abertas por tortura e/ou malos tratos, dado que un mesmo caso ou situación pode dar lugar a unha ou a varias causas xudiciais. Como en anos anteriores, non se tiveron en conta todas as denuncias de torturas e/ou malos tratos das que se tivo coñecemento durante o ano 2014: algunhas foron excluídas do informe por petición expresa das persoas afectadas, outras porque a información recibida era insuficiente ou non estaba totalmente contrastada. Tamén hai que ter en conta que un importante número de casos de tortura e/ou agresións das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (FCSE) ou Funcionarios de Institucións Penais (FIIPP), non se denuncian nunca, nin ante os tribunais de xustiza nin ante ningunha outra instancia, pública ou privada, especialmente por parte de colectivos como o das persoas migrantes e/ou presas, ou outros de especial vulnerabilidade social como as persoas sen fogar, etc.
Nos 11 informes presentados pola CPDT entre os anos 2004 e 2014 coñecemos 2.931 situacións nas que 7.582 persoas víronse afectadas.

Como desenvolvemos no informe completo, a distribución territorial das persoas e entidades que configuramos a CPDT é desigual e isto implica que os datos solicitados son superiores naqueles territorios onde si temos unha implantación, en detrimento de aqueloutros territorios nos que non. É por iso que insistimos tanto en lembrar que as situacións aquí presentadas son só unha parte da realidade, unha parte limitada por varios aspectos que comentamos no propio informe.
1°.- Distribución territorial dos datos

2.- Distribución segundo as circunstancias da persoa agredida:

Pero no 2014 o incremento no número de persoas afectadas prodúcese ao mesmo tempo que se reducen o número de situacións coñecidas: das 66 situacións e 251 persoas afectadas de 2013, pasamos aos 53 casos e 450 persoas de 2014. Isto lévanos a pensar que a xente segue denunciando as agresións sufridas durante grandes mobilizacións, pero cada vez menos denuncia aqueloutras sufridas noutras protestas de menor calado.
3° Denuncias segundo funcionarios denunciados en 2014

No informe completo, ademais deste, preséntanse outros cadros coa repartición territorial das denuncias segundo o corpo denunciado que permite visibilizar a incidencia real das denuncias recibidas polas policías autonómicas en cada territorio, así como avaliar mellor a incidencia que teñen as denuncias segundo as competencias correspondentes que ten cada policía.
Mortes baixo custodia do Estado español:
No ano 2014, tivemos noticia do falecemento de 50 persoas mentres se atopaban baixo custodia das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (FCSE) ou do persoal dalgún outro espazo de custodia público, ou pola súa actuación directa durante intervencións policiais (por exemplo, por efecto dos seus disparos). A estes datos habería que engadir unha persoa á que algunhas fontes dan por morta, pero cuxo corpo non foi achado, polo que preferimos considerala “desaparecida” (así consta nas nosas estatísticas).
Segundo os datos que nos constan na Coordinadora para a Prevención e Denuncia da Tortura (CPDT), desde o 1 de xaneiro de 2001 ata o 31 de decembro de 2014, tivemos constancia directa de 586 falecementos nestas circunstancias e aínda que somos conscientes de que moitas delas non merecen reproche penal e mesmo que algunhas delas responden a accidentes “inevitables”, cremos que outras responden a neglixencias, a fallos en salvagárdaa do dereito á saúde e a integridade física das persoas baixo custodia ou ás propias condicións hixiénico sanitarias da mesma, motivos que nos levan a preguntarnos cando e como se poñerá fin a esta situación.
No noso informe distinguimos dous grupos principais de mortes: as ocorridas en privación de liberdade (24 persoas) e as ocorridas na vía pública (un total de 26 persoas), incluíndo neste último apartado tanto os valos de Ceuta e Melilla como o mar, cando as mortes son o resultado dunha intervención das FCSE españolas.
Respecto ao corpo custodio á hora do falecemento, os datos do 2014 desagréganse da seguinte forma:
Falecementos baixo custodia en 2014

Ademais do resumido ata aquí, o informe completo tamén inclúe unha reflexión sobre a incidencia que as reformas legais pode ter sobre a denuncia de violacións de Dereitos Humanos, un resumo das recomendacións internacionais sobre esta materia publicadas nos últimos anos e unha crítica sobre a aplicación do Plan Nacional de Dereitos Humanos neste ámbito concreto. Como todos os demais informes, o do ano 2014 estará dispoñible na nosa web (http://www.prevenciontortura.org/) a partir do día da súa presentación…
en Sevilla, ao 4 de decembro de 2015.-
Ningún comentario:
Publicar un comentario