Noelia Cotelo Riveiro
Centro Penitenciario De Brieva - Avila
Ctra. Vicolozano-Brieva, S/N
05194 BRIEVA-VICOLOZANO, AVILA
Ctra. Vicolozano-Brieva, S/N
05194 BRIEVA-VICOLOZANO, AVILA
extraido de Abordaxe Revista 
extraido de Abordaxe Revista
Segundo información publicada na web da CNA península ibérica e illas
Noelia estaba este martes pasado no cárcere de Córdoba, onde chegou de
noite estando de conducción camiño de Ávila sen previo aviso,
seguramente para non ter que sacala ao hospital e asín non deixar
pegadas da última agresión que, segundo comenta, non foi un nocelo senón
unha deda do pé o que lle romperan.
Já nom resta nada para a II ediçom do Festival Solidário “Anti-Repressom”, de novo voltamos oferecendo um festi de dois dias para dar-lhe banda sonora à revolta e apoiar xs presxs em luita.

Compañeir@s, comunicamos que xurdiu un novo grupo de apoio á Cruz Negra Anarquista, cuxo nome é “Cruz Negra Anarquista – Barcelona”,
unh@s compañeir@s decidimos dar un paso máis no ámbito solidario e na
loita pola abolición dos centros de exterminio; porque estes son un
problema, non unha solución, e despois dun tempo pensándoo, sobre todo
no noso colectivo, intentando por todos os medios posibles colaborar con
nos@s compañeir@s da Federación Cruz Negra Anarquista na medida do que
poidamos, e este apoio mutuo derívase directamente na formación deste
novo grupo de apoio as nos@s compañeir@s en mans do Estado.![]() |
| Añadir leyenda |
Para contactar con Cruz Negra Anarquista Barcelona: cna-barna@nodo50.org
Comunicamosvos a fin da folga de fame que estaba a levar Emilio Sanchez
del Peso, preso no cárcere de A Lama tras 50 días sen comer
absolutamente nada, dende o 14 de agosto ata o 2 outubro pola tarde,
para denunciar as torturas e malos tratos habituais nesta cadea.
Na
mañá do mércores 8 de outubro achegámonos aos Xulgados de
Pontevedra coa intención de entregar unha carta en relación coas
tortura na cárcere da Lama ao Xuíz de Vixilancia Penitenciaria
responsable da prisión, su señoria Fidel del Rio. Aproveitamos a
ocasión para repartir a devandita carta na entrada dos xulgados ás
persoas que alí se encontraban.
Recollemos de Tokata esta carta asinada en 23 de setembro por Roberto C. Fernandez Pardiñas, alcumado “Ceive”, preso da Campaña Cárcere=Tortura, na que carga tintas contra os servizos médicos das prisións: “a día de hoxe a tortura do encerro dase máis pola parte medica”,
denuncia a presencia maioritaria nos cárceres de persoas imigrantes sen
papeis, encirradas sen cometer delito algún, o que cualifica de
exterminio: “prisioneiros africanos, hai dados estatísticos que
poñen en evidencia que o 50 % deles non cometeu delito algún, condenados
a penas de entre dois e cinco anos”; alén denuncia que pese a que leva xa un tempo “comportándose correctamente” segue a verse “privado
de beneficios, que me son negados sistemáticamente sen máis
argumentación nen motivación que a miña coherencia, convicción, (…)
preservando o meu pensamento e criterio individual”: tambén denuncia o feito de que “o
día 10 me sacaron escoltado de garda pretoriana á miña vila a esparcer
as cinzas do mei Pai, e non só non me deixaron sair 24 horas polo meu
proprio pé, como as súas regras indican, e (…) se me levou amarrado como
un can e con todo un espectáculo no protocolo da miña custodia”; e
por último solicita axuda económica para poder solucionar un seu grave
problema bucal con o que leva case un ano de fortes dores e para o que xa solicitara axuda hai 5 meses.
extraido de Abordaxe Revista.