28/10/14

[Soto del Real, CP Madrid V] Represalias contra 5 presos que estiveran en folga de fame

carcere=tortura que non quede na sombraextraido de Abordaxe Revista
Vimos de saber pola web da Campaña Cárcere=Tortura que dende o día 1 ao 5 de outubro, cinco presos no cárcere de Soto do Real, Madrid V, puxéronse en folga de fame en protesta polo “trato degradante, vexatorio e abusos de poder” cometidos no día a día por parte dos funcionarios da prisión. Entre estes presos encóntrase Gabriel Walter Pinto Maturana, quen relata entre outros abusos cometidos contra a súa persoa ser sometido a cacheos con espido integral esixíndolle facer sentadillas (flexións); cacheo en cela retirándolle, baixo o pretexto de ser obxectos prohibidos, algúns aparellos persoais que no seu día foron entregados polos mesmos funcionarios (neceser de plástico, álbum de cartón, barra de incenso…) e que non son considerados como tal nin sequera nas normas internas de réxime pechado aprobadas pola prisión ou non lle permitir realizar actividades durante 1 mes en represalia polo anterior. Xunto con el, Luis Miguel Mingorance Corral, Yeray Madrid Poblete, Felix Martin Ruiz e Jose Luis Beceiro Vidal, fartos de tanto abuso e impunidade deciden levar a cabo este acto de protesta. A resposta, máis abuso e represalias. O día 2, tras o primeiro día de folga, ábreselles un parte a cada un deles por cometer dúas faltas moi graves, “agredir, ameazar, coaccionar persoas… ” e “divulgación de noticias falsas” polo que se lles impón a sanción de “illamento en cela entre 6 e 14 días” por cada unha (ver imaxen colada tras “seguir lendo ->”).

denncia
Ante a impotencia de ver como se cometen este tipo de abusos día tras día e a imposibilidade de defenderse por parte dos presos, non queren ficar calados. Gabriel informa do sucedido e nos deixa estas súas palabras (mantemos o texto na súa lingua orixinal):
“Muchachxs, conocemos los abusos de poder que se ejercen en las cárceles, y nos encontramos siempre con la indefensión ya que al gozar los carceleros del “seguro” del principio de veracidad lxs presxs se ven completamente desamparados, con sanciones encubiertas, traslados, palizas y sumarios. Difícilmente tenemos pruebas de los hechos porque no tenemos opción a la defensa ya que la vulneración de todos los derechos comienza en prisión y las protestas con quejas a JVP y otros estamentos es algo inaceptable, porque EL QUE ABUSA DE PODER SIEMPRE QUIERE LLEVAR LA RAZÓN. Y esto que publico es una mínima prueba de lo que sucede en las cárceles”.
Firma Gabriel W. Pinto Maturana. CP Madrid V.

Ningún comentario:

Publicar un comentario