(extraido de Abordaxe Revista)
Recollemos e traducimos da web “Date Cuenta” este artigo de Aitor Fernández:
Máis de 833 persoas morreron baixo custodia no estado español e máis de 6621 denunciaron ter padecido tortura ou maltrato na última década.

A tortura é un crime contra a humanidade inflingido por un funcionario público que provoca dores ou sufrimentos graves, físicos ou mentais, cos fins de obter na vítima unha información ou confesión, de intimidación ou coacción ou de calquera tipo de discriminación.
Na última década, a CPDT foi testemuña do aumento de denuncias por presunta tortura ou maltrato no estado español, un dato que contrasta co escaso número de condenas existentes. Máis de 6621 persoas denunciaron ter padecido torturas e/ou maltratos entre 2004 e 2013. Como mínimo, 122 eran menores e 1032 emigrantes, un colectivo especialmente vulnerable. Só durante o ano 2012, 53 xornalistas denunciaron ter sido agredidos mentres realizaban o seu traballo informativo. Entre 2001 e 2013, polo menos 833 persoas (15 delas menores) morreron baixo custodia.
No marco do seu décimo aniversario, a CPDT celebrará unhas xornadas no Col.legi d’Advocats de Barcelona os días 21 e 22 de novembro. A realidade da tortura e os maltratos no Estado español, a represión da disidencia e os instrumentos de mecanismos da prevención e a denuncia da tortura serán os tres bloques de traballo das xornadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario