12/12/14

Boletín da recén criada Coordinadora Anticarceraria Cárcere=Tortura

Dibujo2(extraido de Abordaxe Revista)
Recollemos desta entrada do Boletín Tokata, as súas palabras ò respeito de ter recibido do Grup de suport a presxs en lluita de Ponent un “Boletín anticarcerario da Coordinadora Cárcere=Tortura” da que o Grup de Ponent di formar parte e que se creou recén a raíz da “coordianción entre persoas e colectivos da rúa que se logrou grazas á campaña Cárcere=Tortura que levaron a cabo os presos en loita dende outubro de 2011. Hai colectivos e grupos de todo o Estado español. O texto de presentación podedes encontralo dentro do boletín”.
A continuación, colamos o texto (que traducimos):

Este escrito ten por obxecto dar a coñecer a CACT. O proxecto xurdiu da necesidade de crear unha coordinadora como evolucion das individualidades e grupos de apoio da Campaña Cárcere=Tortura.
A Campaña nace o 1 de Outubro de 2011 como proposta dun grupo de persoas presas en loita. É unha ferramenta para coordinarse dentro e fóra das prisións e xuntar forzas. Dende fóra sentimos que o formato Campaña limita as nosas actividades e se nos queda curto á hora de apoiar presas en loita que non esten integradas nela e que queremos apoiar. Coa experiencia, temos visto que as nosas actividades e inquietudes se foron ampliando e ían máis alá do que adoita encadrarse no formato “Campaña”
Tamén sentimos a necesidade de crear unha ferramenta propia que perdure no tempo, independentemente da continuidade da Campaña das presas.
Por iso, configurámonos como a CACT, continuaremos apoiando a Campaña das presas como elas decidan. Ademas, seguiremos levando a cabo outras loitas nos diferentes campos de acción e debate.
Durante estes catro anos, encontrámonos con múltiples dificultades, conflitos, procesos internos, debates e reflexións. Estes leváronnos a consolidar afinidade e confianza entre os grupos e individualidades de apoio á Campaña. Asi como a formular novas formulacións e a buscar outras ferramentas e estratexias.
Concibimos a loita anti-carceraria dende unha perspectiva integral. Como unha fronte aberta máis na loita pola liberdade e contra a dominación. O noso enfoque é interseccional, é dicir, buscamos transversalizar a loita polos diferentes eixes de dominación (patriarcado, clase, etnia, especie, normalidade, entre outros moitos). Tamén queremos visibilizar as distintas institucións de encerro como CIE,s, psiquiátricos, centros de menores, granxas… Queremos abolilos todos, sen condicións.
A pesar de que estes sexan os nosos obxectivos, somos conscientes de que non podemos abranguer todos estes ámbitos á vez, existen moitos outros grupos centrados nestes terreos. Pero iso non quita que teñamos esta perspectiva presente nas nosas reflexións e praxe.
Queremos ser mais eficaces no apoio a presxs, contribuíndo a expandir a rede de solidariedade a outros lugares como ferramenta contra a dispersión e para aumentar a capacidade de resposta. Deste modo, cando se produza un traslado, a persoa presa contaría con apoio eficaz na prisión de destino.
Por iso animamos ás individualidades e colectivos da península que sintan afinidade con este proxecto a crear novos puntos de apoio e coordinarse connosco.
FORZA E ANIMO
Descargar acá este boletín anticarcerario da Coordinadora Cárcere=Tortura

Ningún comentario:

Publicar un comentario