28/07/15

DOSSIER (en galego e/ou en castelán) de Denuncias no Cárcere de A LAMA (Pontevedra). (Non Definitivo)

(extraido de de Abordaxe Revista)
NOTA de ABORDAXE:
Unha vez incorporadas as modificacións ao Dossier e ampliado con novos casos; facemos público o Dossier para que rule pola rede; se ben hai unha xente que está a melloralo no posible e anuncia que en breves estará rematado o definitivo. Mais de momento e para que se vaia sabendo esta é a 1ª edición (por chamalo dalgún xeito):
Dossier en galego (clica acá para ler, e acolá para descargar)
Dossier en castelán (clica acá para ler, e acolá para descargar).
dossier Compas anticárceres estiveron a currarse este amplo dossier sobre as barbaridades das que se ten constancia que se cometeran nos últimos dez anos (e seguen cometéndose) neste penal de A Lama, se ben como apontan: “sen esquecer que non son casos illados nin puntuais dunha prisión ou outra senón que é a norma xeral das prisións do estado español”; alén tamén profundizan na realidade carceraria do estado español.
No seu correo nos din: “Aquí vos deixamos unha pequena recopilación dos que xs compañeirxs do cárcere de A Lama sofren a diario, van dende denuncias ata as mortes que se foran provocando nos últimos anos. Foi complicado conseguir a información polo absoluto hermetismo que rodea tanto ás prisións do estado español como en particular ás mortes e agresións que constantemente se sofren nelas. Agradeceríamos todo tipo de información que se nos pasara para poder completa-lo ao máximo ou calqueira tipo de reflexión que se queira adxuntar pois é un traballo de todxs seguir difundindo e berrando o que a base de golpes e leis nos queren facer calar”.

Asín que, o mellor que podedes facer é descargalo e axudar a difundilo para que se saiban as vergoñas que se tratan de ocultar con o beneplácito e silenciamento dos “mass merdas”, (que semella que agora se preocupan de que con a nova Lei Mordaza non lles van deixar tirar fotos nen gravar vídeos nas manifas; pobriños!!).
O Dossier foinos remitido en castelán vía e-mail para axudar a dar pulo a estas atrocidades e nós o traducimos ao galego e agora volos colamos (en ambas linguas) e alén damoslle un apartado especial na nosa coluna da direita para facilitar a súa descárrega (en pdf) e que permaneza ben visíble para escárnio dos autores desta barbarie, xente despreciábel que se aproveita da dificultade de sacar estas denuncias de torturas e malos tratos dos muros das prisións.
Colamos acá tamén o seu índice temático e máis a súa introducción:
Índice
– PRESENTACIÓN DO DOSSIER.
– OS CÁRCERES COMO INSTRUMENTO DO ESTADO.
– POBOACIÓN RECLUSA POR TIPO DE DELITO E LEI.
– RECLUSOS SEGUNDO CLASIFICACION EN 2015.
– SITUACIÓN DA POBOACIÓN RECLUSA EN 2015.
– O CÁRCERE DE A LAMA (PONTEVEDRA).
– QUÉ ESTÁ PASANDO EN A LAMA?
– CRONOLOXÍA DENUNCIAS EN A LAMA.
– A TORTURA.
– A IMPUNIDADE.
Os cárceres non se humanizan, destrúense.
E cando non se poden destruír, fóxese delas,
aínda que haxa que levarse por diante
todo o que fai posible a súa existencia.
Gilbert Ghislain
PRESENTACIÓN
O motivo de elaborar este informe é o importante incremento de mortes, agresións e denuncias polas condicións que se están a vivir no penal de A Lama nos últimos anos. Facémonos eco do que está a pasar nesta prisión, polo elevado número de casos que se están a dar recentemente, pero sen esquecer que non son casos illados nin puntuais dunha prisión ou outra senón que é a norma xeral das prisións do estado español, onde en maior ou menor medida, pero sempre de forma sistemática, vemos como se agride e illa as persoas presas, iso si, sempre dende a máis absoluta impunidade e ao abeiro dos diferentes xulgados, institucións, normativas, organismos… etc, en teoría garantistas dos dereitos das persoas presas e que en realidade só son, ou ben, outro erro da institución penitenciaria como pretenden facernos crer, ou unha política de todo vale para o control e dominio da poboación, reclusa ou non, baseado na submisión a través do medo.
Hai que ter en conta as dificultades que nos encontramos á hora de coñecer os casos e as denuncias interpostas contra o cárcere e somos conscientes de que esta recompilación é só a punta do iceberg, quedando, a maior parte, inmersa no máis profundo silencio e un total hermetismo. Como dicía un compañeiro preso, os muros do cárcere non se construíron soamente para que as persoas non puidesen traspasalos senón para que todas as situacións de abuso e violación dos dereitos fundamentais de calquera persoa que se dan no seu interior tampouco saian ao exterior e sigan cometéndose todo tipo de atropelos sen a posibilidade de evitalo ou tan sequera denuncialo.
Queremos romper coa idea de que existe algunha finalidade positiva do encerro destas persoas, máis alá do beneficio económico que representa para os seus defensores. Tanto o estado coma a administración penitenciaria móstrannos o claro camiño represivo ao que está enfocada toda esta maquinaria xudicial, enaltecedora da xustiza, ou polo menos do que eles consideran a súa xustiza e o seu estado de dereito. Hoxe en día non só enténdese o encerro como a mellor vía, a pesar de existir medidas alternativas reguladas, senón que se difunde como a única con posibilidades reeducadoras, rehabilitadoras e resocializadoras para con “os monstros acívicos e inhumanos” que rematan encerrados nelas, sen ter en conta que o 60% destas persoas presas o están por delitos contra a propiedade e contra a saúde pública, osea, que son encerrados por o mero feito de ser pobres e non porque representen un perigo real para o resto da sociedade. Só unha pequena porcentaxe de persoas presas teñen características psicopáticas, violentas ou perigosas, e non obstante tamén existe esa porcentaxe en persoas que non están privadas de liberdade, xa sexa porque teñen un nivel económico que lles exime das consecuencias dos seus actos ou porque directamente son os esbirros do poder que gozan dunha total impunidade. Vendo as numerosas denuncias interpostas contra os corpos de seguridade do estado observamos que, se ben en moi poucos casos se consegue levalos aos tribunais e probar a súa culpabilidade, ao pouco tempo son indultados polos gobernos aos que serven ou postos rapidamente en liberdade ao facilitarlle comodamente uns beneficios penitenciarios aos que a maioría de nós nin sequera accedemos por non se considerar un dereito en si mesmos.
Todas estas razóns, xunto coas agresións, as torturas, o illamento prolongado e o elevado número de mortes… etc, que en definitiva son o resultado real de todos os sistemas penitenciarios, sexan do tipo que sexan, son as que nos levan, xa non só, a cuestionarnos o modelo penitenciario implantado senón que nos conduce a un rexeitamento total dos cárceres en si mesmos, dos seus creadores e de toda a súa armazón política.
…………………
Introducción para Abordaxe x Xan do Can

Javi Guerrero trasladado a Puerto III (Cádiz)

javi(extraido de Abordade Revista)
Remiténos por vía e-mail, compas do Grupo de Apoio da Galiza Sur da Campaña Cárcere=Tortura esta novidade encol do preso Javi Guerrero “Gaviota de Cádiz” depois do seu periplo de Folgas de Fame e Sede que o levaran dende o cárcere de A Lama ata o Hospital de Pontevedra onde estivo ingresado. Colamos:
Informamos que Javier Guerrero Carvajal, despois de mais de 6 meses hospitalizado, foi trasladado xa á súa terra, Cadiz, e esta interno en Porto III á espera dos recursos contra o mantemento en 2º grao e en continua loita polos dereitos das persoas presas.

Saúde.