Continua
a loita dxs presxs na campanha Cárcere=Tortura
envio
de faxes o luns 4 de novembro
Denunciamos a política represiva e
censuradora que se vive de xeito flagrante e impune no cárcere de A
Lama. Dende que comezou a campaña (nov 2011) o seguimiento, os
atropelos e abusos cometidos contra xs compañeirxs presxs foron
contantes.
Existe unha política de tolerancia
cero con calquera postura crítica, pola cal non se permiten visitas,
non se autorizan comunicacións, censúranse de xeito constante as
cartas, rexístranse as celas e “intervense” material, dispersase
e acosa a quen se atreva a cuestionar. Negouse a posibilidade das
persoas solidarias a facer visitas, sen dar explicacións, tampouco
se autorizan chamadas telefónicas nin lles permiten recibir
publicacións e periódicos, incluso con depósito legal, como
sucedeu co do sindicato CNT-Vigo.
NOVAS
- O preso Sergio Roel deixa a folga de
fame despois dunha victoria parcial no cárcere de teixeiro.
- Convocase a facer accions
descentralizadas do 4 ao 10 de novembro e envio de faxes o 4 pola
recente morte de 4 presxs no cárcere de Ponent (Catalunha)
-Dende o
derradeiro 20 de outubro comenzou unha campanha internacional pola
volta a casa e a liberdade da presa corunhesa en loita Noelia Cotelo.
Accións e pancartas puxéronse en todo o estado, Inglaterra, Francia
(un detido na posta de pancarta no Cocello de Juras), Sud América....
-Preso preventivo interno no penal de A
Lama torturado e amarrado á cama 14 horas.Outrxs presxs denunciaron
estas prácticas.
-Outro ano máis o 12 de Outubro un
grupo de solidarixs concentráronse as portas da igrexa en lembranza
de Diego Viña, morto en escuras circunstancias nos calabozos da mal
chamada "benemérita" xa fai nove anos, tamén protestouse
pola imputación de 15 persoas acusada/os dun presunto delito de
inxurias a Garda Civil e contra a liberdade relixiosa no homenaxe
do derradeiro ano.
-O dentista
da SS extrae pezas para forzar implantes co fillo que é o dentista
autorizado na Lama.
- Agradecer
á banda musical valenciana “Obrint pas” o seu apoio á campanha
no concerto que deron en terras galegas onde solidarixs subiron ó
escenario dúas faixas e repartiron centos de panfletos.Tamén
agradecemos o apoio do grupo de teatro “Lo inestable” que axudou
á difusión da campaña incluíndo na súa obra “Espacios de
resistencia” unha referéncia á campanha nas actuacións que
fixeron no teatro “Ensalle” de Vigo.
Algunhas cousas que
podedes facer
- Xantar popular en apoio
á campanha ,3º sábado de cada mes na Cova dos Ratos (Vigo).
- Primeiro dia de cada mes
envio de faxes ó xulgado de vixilancia penitenciaria máis próximo
á túa casa (vindeira
data: luns 4 novembro Fax XVP Pontevedra: 986 80 51 41)
- Difusión nas rúas e
nas cadeas.
- Accións.
- Envio de cartas,
postais, debuxos, etc ás persoas presxs.
- Apoia ós colectivos
antirrepresivos e ós colectivos pola defensa dos dereitos
fundamentais.
Mais
info sobre loitas anticarcerarias en :
http://afapp-gz.blogspot.com.es/,
http://boletintokata.wordpress.com/, www.ceivar.org,
http://www.nodo50.org/cna/, http://puntodefuga.org/.
Grupo
de apoio á Campanha Cárcere = Tortura Galiza Sur
noestansolxs@gmail.com