Amosando publicacións coa etiqueta Que Voltem para Casa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Que Voltem para Casa. Amosar todas as publicacións

15/10/14

Comunicado Ante A Detención de Raúl Agulheiro. Que Voltem Para A Casa.


2014-10-08 22.27.07

A pasada sexta feira, dia 3 de outubro, asistíamos a un novo caso de violación dos dereitos fundamentais dun cidadán galego por parte do Estado español; desta vez, a vítima foi o noso amigo e compañeiro Raúl Agulheiro Cartoi, detido en Compostela, no medio dun desproporcionado dispositivo da garda civil, e dunha cruel campaña mediática de crimininalización e xulgamento paralelo.
Desde a Asociación de Familiares e Amizades d@s Pres@s Polític@s Galeg@s, queremos, en primeiro lugar, agradecer as mostras de cariño e solidariedade chegadas desde numerosos puntos do País e do Estado.
Queremos agradecer especialmente ao movemento xuvenil independentista e nacionalista galego a súa mostra de madurez política ao faceren públicos diversos comunicados de solidariedade e apoio ao noso compañeiro Raúl.

06/05/14

Sábado 10, Vigo. Foliada Antirepresiva no Cs Revolta

Actividade en solidariedade con "Que Voltem para a Casa" e "Cárcere=Tortura:

KAROS E KARAS!
Este sábado temos unha nova entreja das Foliadas antirepresivas do Revolta 
A partir das 13:00 alí estaremos dándolle duro.".
Hai petiskos (prezo libre) e barra (prezos populares)
Traede instrumentos e ganas de pasalo ben,
o resto poñémolo nós!

...e dicídello a todo kiske!!

19/09/13

O Tribunal superior de Madrid falla contra a dispersión d@s pres@s - Nota de prensa de "Que Voltem para a Casa !" sobre este fallo

Recollemos de SermosGaliza esta crónica asinada por B.V.


Ao resolver un recurso interposto contra a dirección do penal de Dueñas (Palencia), que denegou o translado á Galiza do sindicalista Telmo Varela cando se atopaba en prisión preventiva, a sentenza ditada sinala ás claras que a práctica da dispersión deberá estar fundamentada "en causas concretas", e non en razóns xenéricas como a gravidade do delito ou motivos de seguranza.

"Non se xustificaron documentalmente as causas concretas que no interno desaconsellan o translado de centro a outro máis próximo á súa contorna familiar e social". É por iso que, en virtude desta sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid, o preso galego Telmo Varela tería dereito a cumprir o que lle resta de condena nun centro penitenciario da Galiza.

27/05/13

Denunciam trato vexatório a familiares de preso galego


EsCULcA presenta queixa perante o Valedor e a Defensora

Por trato vexatorio a familiares de preso galego
23/05/2013
O pasado 22 de maio, EsCULcA presentouescritos perante a oficina do Valedor do Pobo e a Defensora del Pueblo  interesando se tramiten queixas pola alegada actuación de funcionarios do cárcere de Mansila de las Mulas (León) que terían submetido a trato vexatorio familiares do moço galego X.R.O. interno nese penal.
Os feitos denunciados terían acontecido na zona de control cando ao pasaren duas familiares do preso baixo o arco saltou a alarma a pesar de elas non levaren encima obxecto metálico algún. Despois de varios controis intrusivos, con contacto físico directo e sen que os funcionarios utilizasen os medios legais de detección,ainda que a alarma continuaba a saltar cada vez que pasaban, as familiares foron finalmente autorizadas a entrar. Resulta difícil atribuir a fallo mecánico o mal funcionamento da alarma toda vez que este só se teria producido selectivamente, apenas cando atravesaban o arco as dúas familiares de X.R.O.
Nas queixas que agora presenta ao Valedor do Pobo e á Defensora del Pueblo, EsCULcA interesa sexan incoadas e tramitadas queixas por entender infrinxidos os dereitos constitucionais recollidos no art. 9.1 e 3 (vinculación dos poderes públicos ao ordenamento xurídico e principios de legalidade e interdición da arbitrariedade), 10 da CE de 1978 (respecto á lei e dereitos dos demais), art. 15 (dereito á integridade física e moral) e 18 (dereito á intimidade).