Amosando publicacións coa etiqueta CP A Lama. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CP A Lama. Amosar todas as publicacións

18/09/16

[C.P. A Lama] Poblete en loita!


extraido de Abordaxe Revista



Difundimos este comunicado recibido no correo.
 A finais de agosto, o Xulgado de Vixiancia Penitenciaria requeria á prisión de A Lama trasladar ao hospital Provincial de Pontevedra ao preso alacantino, de orixe chilena, Jose Adrián Poblete Darre, debido ao seu estado de saúde despois de levar varias semanas en folga de fame.
boletin Adrián púxose en folga de fame o pasado 1 de agosto, unha acción que realiza para protestar contra as inhumanas condicións nos módulos de illamento e pola represión que sofren os activistas prodereitos humanos e propres@s tanto dentro como fóra do cárcere.
  Proponse realizar a folga de fame (na actualidade sostida a base de fármacos) dende o 1 de agosto ata o día en que xulgarase, en Coruña, ao colectivo Nais contra a Impunidade, o vindeiro 2 de novembro, como unha acción de protesta sen que haxa posibilidade que a administración penitenciaria ou o xulgado poida facer nada para que desista.
 Este preso libertario chegou ao cárcere de Pontevedra despois de realizar 2 folgas de fame no cárcere de Estremera, unha de case 3 meses, entre febreiro e abril e outra de sede de varios días en maio, sempre protestando pola inasistencia sanitaria, polo aillamento, polos abusos do funcionariado aos presos, as condicións do 1er grao e en xeral, reivindicando a dignidade das persoas presas.
 En xullo realizou unha nova folga de mais de dúas semanas xa na prisión da Lama e despois de “recuperarse” volve agora a realizar este novo acto de protesta cunha duración determinada de 93 días e centrando a reivindicación na represión ao colectivo Nais contra a Impunidade e en xeral contra a represión aos colectivos e asociacións de axuda a pres@s.
 Este xoven preso ten as comunicacións intervidas por pertencer á Asociación de Presos en Loita Activa estando en illamento continuo e sendo constantemente dispersado.
Solidariedade c@s que loitan!!
Solidariedade Activa c@s Pres@s.

19/07/16

Cárcel De A Lama (Pontevedra): José Adrián Poblete Darre En Huelga De Hambre Desde El 1 De Julio

En la cárcel de A Lama (Pontevedra), de siniestra fama, al menos dos presos están en huelga de hambre. El 26 de junio, informábamos de la que iniciaba el canario Ruymán Armas Santana denunciando la desatención sanitaria, los malos tratos continuos, los cacheos arbitrarios, las condiciones infrahumanas del módulo de aislamiento y otros abusos de los carceleros. Hoy nos llega la noticia de que el pasado 1 de julio se puso también en huelga de hambre José Adrián Poblete Darre, que ya estuvo 78 días en huelga de hambre entre febrero y abril y varios más en huelga de hambre y sed en mayo y ha venido participando en la propuesta de lucha colectiva de ASPRELA (Asociación de Presos en Lucha Activa). Reivindica la excarcelación de lxs presxs enfermxs, el fin del régimen de castigo y la limitación de su condena, y denuncia las represalias contra la gente de ASPRELA y la criminalización de los grupos de apoyo, expresando especialmente su solidaridad con las Nais Contra A Impunidade.
A continuación, unos fragmentos de una carta suya, donde explica sus motivos y reivindicaciones:
Un abrazo para todos los compas que luchan dentro y fuera de estos muros de hormigón. para todos ellos y ellas un abrazo fuerte y lleno de rebeldía. Bueno, te comentaré que la huelga de hambre la empezaré el día 1 de julio de 2016 reivindicando que las personas que tengan enfermedades terminales se vayan a sus casas; el acoso hacia mí y mis compas por haber hecho ASPRELA o estado en ella; (…) que se me aplique nuevamente el triple de la mayor; el cierre de los primeros grados y el fin del artículo 10. Y, sobre todo, mi solidaridad con todos aquellos que luchan contra este sistema opresor, especialmente con las Nais Contra A Impunidade, que no dejan de meterse con ellas tratándolas como de lo peor, por el solo hecho de reivindicar los derechos a este Estado capitalista. Un abrazo a mis compas de Tokata. Compas, esta vez llegaré más lejos. Mi objetivo es que la gente se dé cuenta de lo que realmente pasa en estos centros de exterminio, tanto aquí como en otros países, como Chile. Cómo el Estado nos trata de aborregar con leyes más duras y opresoras para el pueblo, donde el rico se hace más rico y el pobre sufre las consecuencias (…).
Nos podrán quitar nuestra libertad, pero no nuestra dignidad.

[Pontevedra] Folga de fame no cárcere da Lama contra os abusos dos carcereiros

extraido de Abordaxe Revista

Fonte:  Tokata 
Un compañeiro avísanos de que Ruyman Armas Santana, preso canario no cárcere da Lama (Pontevedra), que xa se coseu a boca en setembro do ano pasado en Monterroso para protestar polos abusos dos carcereiros, iniciou unha folga de fame denunciando a desatención sanitaria, os malos tratos continuos, os cacheos arbitrarios, as condicións infrahumanas do módulo de illamento, etc. Desde que está na Lama (20-I-2016) denunciou ao equipo técnico, aos servizos sanitarios e a varios carceleros por malos tratos e ameazas. A continuación unha carta do compañeiro:
A Lama, 23 -V-2016
Ola, chámome Ruymán, son das Palmas. Veño interpoñer un comunicado do abuso que cometeron comigo no centro penal de Monterroso, no módulo C 10, o día 31-12-15. Viñeron un xefe de servizo chamado don Julio e dous funcionarios, todos bébedos, e pegáronme unha malleira. Eu tamén lles peguei para defenderme destes borrachos e torturadores. Tivéronme seis días amarrado na cama. Durante estes días que eu estaba atado pegábanme cabotazos e alí estiven en illamento do día 31 ata o 20-01-15, que me trouxeron á lama, e, a verdade, aquí hai dous carcereiros, Francisco e Antonio, que estanme a putear, provocándome. Estes carcereiros están expedientados, teñen moitas denuncias. Eu denuncieinos ao Xulgado de Garda e á Audiendia de Pontevendra, igual que á subdirección de seguridade, porque están a permitir moitísimos abusos, cousa que nunca sae á luz. Estes carcereiros ameazáronme con que me levarían á cuarta galería e pegaríanme unha gran malleira ata matarme e din que despois me poñerán unha xiringa no brazo para que o médico forense diga que morrín de sobredose, que o médico forense nunca vai en contra do cárcere. Eu xa estiven varias veces en folga de fame e sede. A verdade, nestes 16 anos que levo preso sufrín moita tortura. Antes escribíame coa revista A Golpes, cando eu estaba en Porto I no 2001, tiña 21 aniños, hoxe teño 35, son antisistema, anarquista. Teño Hepatite C, estou a esperar para coller Sovaldi e teño unha minusvalía do 84%, física e sensorial. Gustaríame restar en contacto convosco e que me mandedes comunicados para reivindicar con todos os presos anarquistas e estar unidos. Espero dita contestación de vós.
Despídome, ata o próximo comunicado.

06/03/16

Situación (tensa) de Javier Guerrero Carvajal dende a súa chegada a Porto 3

extraido de Abordaxe Revista

Colamos do boletín tokata esta nova sobre a situación de Javier Guerrero. Recordamos que Javier estivo preso no cárcere da Lama onde levou unha intensa folga de fame e foi trasaldado non fai moito a prisión de puerto 3 en Cádiz.
Chéganos desde dentro a carta dun compañeiro que describe as tensións ás que está sometido Javier Guerrero polos carcereiros do Porto 3.
Como estades?, escríbovos esta carta para así que todo o mundo saiba como é a situación de Javier Guerreiro Carvajal (Gaivota) desde que saíu da súa folga –que todos coñecedes– de 133 días, xa que el non quixo que se seguisen publicando as súas cousas por dar un voto de confianza ou de boa fe a todo o que se lle dixo, non quere dicir que se esqueza de todos nós, do malo que lles pasa aos seus compañeiros en prisións, de denunciar os abusos e as irregularidades dentro dos muros, pero tamén o defraudaron moitas persoas que dicían entendelo e que estarían con el ás boas e ás malas, pero cando saíu de permiso viuse bastante angustiado, e o que o coñece sabe que di o que pensa aínda que sexa sen intención de ofender, son moitos anos encerrado e distanciado do mundo normal, pediu a esa persoa que lle desculpe 20.000 veces porque non quere seguir distanciado, pero esa persoa (dun colectivo) non o entende e por iso contoume a súa situación e o porqué está mal, non atopa o seu oco e está moi cansado de todo isto e o único que pide, é que hai que entender e comprender a todas esas persoas que levan anos encerrados e que non hai que deixalos no esquecemento, que os colectivos de axuda aos presos, cando os compas teñen problemas, axudan e etc., pero logo saen de Galicia e caen no esquecemento, que aos amigos non hai que deixalos de lado é o que el di, xa que el non o faría.
Bo, cóntovos un pouco como está desde a súa chegada a Porto 3. Chegou á Lama tras pedir o alta (voluntaria no Hospital Provincial de Pontevedra), o mesmo día que chega enganárono, subiu á súa cela e en cuestión de minutos presentouse na súa cela persoalmente o Subdirector de Seguridade, os dous Xefes de Servizos e dous funcionarios máis, tras cachealo el díxolles que acababa de chegar e que non quería problemas porque non estaba en condicións para aguantar outra malleira.
Sacárono da cela e tras cachealo levárono a ingresos dicíndolle que non vexas a que leara, ao que el contestou que el non fixera nada, só reclamar o que lle pertencía e levaba desde 2012 tentando arranxar cos Educadores e o Director da Lama, pero a pesar de haber Autos que lle daban a razón, o cárcere non arranxaba a súa situación.
Unha vez en ingresos tras outra mentira, metérono nun furgón da Garda Civil sen nada das súas pertenzas, tendo que irse con tan só o que levaba posto desde Galicia ata Cádiz.

15/11/15

[C.P. A Lama] Novidades sobre a morte de “Gaviotu”: Aceptado a trámite o recurso contra o arquivo do proceso penal pola súa morte

(extraido de Abordaxe Revista)
Colamos de Esculca:
A Audiencia de Pontevedra acaba de estimar o recurso de apelación contra o arquivo ditado nos autos DP 1084/2014 do Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra seguidos pola morte de Eugenio García Serrano, “Gaviotu”. O xulgado de instrución acordara o arquivo do proceso penal instado pola familia que reclamaba a investigación da morte de EGS acontecida no módulo de isolamento do cárcere de A Lama.
vigo_bigO xulgado de instrución acordara o arquivo após recibir o resultado da autopsia (perto de un ano despois do falecemento de EGS) sinalando que o relatorio afirmaba que a morte fora derivada de una patoloxia cardiaca e sen atender as dilixencias de proba instadas pola representación da familia.

Agora o auto de audiencia (714/2015) sinala que ainda que a autopsia parece descartar que a morte fose dolosa, a investigación do xuiz instructor non abonda para excluir outras infraccións penais que pudesen existir e que non foron obxecto de dilixencias probatorias a pesar de petición expresa da familia no proceso. Asi poderían exisir delitos de omisión do deber de socorro ou de homicidio imprudente e mesmo rigor desnecesario. Non podemos esquecer que Gaviotu, que mantiña unha traxectoria penitenciaria sen incidencia en segundo grao (ainda que sen renunciar a vindicaciion dos seus dereitos como preso) foi recluido no modulo de isolamento poucos días antes da morte sen que até hoxe se coñezan os motivos desta decisión, desouvindo o xulgado instrutor a petición da acusacion particular sobre este extremo.

01/11/15

[C.P. A Lama] Roy Álvarez, morre en circusntancias descoñecidas. E van xa demasiadas mortes neste Cárcere do Horror

(extraido de Abordaxe Revista)

Recollemos do Tokata:
425842  
O pasado martes, 14 de outubro, no cárcere da Lama, morreu Roy Álvarez, aínda non se coñecen oficialmente por que causas. Tampouco saíu, que saibamos, en ningún “medio de comunicación”, pero temos o relato que nos fixo a súa nai no programa de radio Tokata y Fuga, do que transcribimos un fragmento a continuación (que en Abordaxe non traducimos). Lembramos que na nosa coluna da direita tendes aceso ao Dossier sobre torturas e mortes neste cárcere tristemente famoso polas continuas mortes de persoas presas e torturas contra elas que alí se denuncian:

“Para una madre no hay consuelo. ¡Saber que le murió un hijo! ¡En la prisión de A Lama! ¡Por no prestarle auxilios! El viernes, hace ocho días, fui a un vis a vis, llegué arriba de todo y me dicen que mi hijo no quiere comunicar conmigo. Eso me extrañó, porque mi hijo siempre suspiró por mí. Y yo les dije que no, que eso era mentira, que yo no me salía de allí sin ver a mi hijo. Y entonces me dijeron que a me lo iban a llevar en una ambulancia para un hospital, y yo contesté: “¿Dónde está esa ambulancia? ¡Me voy con él!”. Y me dicen que no, y después me dicen que él estaba en enfermería, que se había caído y se había abierto la cabeza. Y yo esperé horas. Me mandaron esperar y yo esperé, esperé, esperé… y fueron horas muy largas. Y después vinieron, y yo les dije: “Bueno, ¿puedo verlo? Quiero que me vea, aunque sea por un cristal, que me diga si de verdad se cayó, yo quiero solamente que me diga eso”. Porque ya le habían dado una paliza muy muy gorda. Lo tuvieron 48 horas atado de pies y manos y le pegaban repetidas veces, iban entrando a pegarle los carceleros, uno tras otro. Puse una denuncia, pero con esa gente no hay quien pueda. ¿Dónde están los derechos humanos? ¡Hablan de defender a la gente que viene del extranjero y a nuestros hijos que tenemos en la cárcel porque roban para la maldita droga nos los matan por no sacarlos a un hospital! Y ya me trajeron a mi hijo, entre dos chicos, me lo traían en el aire, que mi hijo no se tenía de pie. Y yo le dije: “Hijo, ¿te pegaron?” y él me dijo: “No, mamá, me caí porque tengo 40 de fiebre por una bronconeumonía”. Y yo le digo: “¿Que te lleven a un hospital”. Y la doctora, lo único que me supo decir fue que si mi hijo tenía ataques epilépticos. No lo sé, llevaba cuatro años en al cárcel. Yo tengo ataques epilépticos y mi otro hijo también, pero él no lo sé, porque no está ami alcance llevarle al médico. Y entonces, ellos ven eso y no me lo sacaron al médico, y con la cabeza abierta. Le pusieron un vendaje y allí se quedó, no me lo sacaron al médico. Y mi hijo tuvo una convulsión… Bueno, de momento, no tengo el informe del forense, la autopsia aún no la tengo, pero seguramente lo que me van a decir ‒¡Seguro! ¡Seguro!‒ que fue una sobredosis, porque todas las semanas se muere una persona ahí y todos, todos se van por una sobredosis… ¡Qué desgracia la nuestra! ¡Y no tenemos quien defienda a esa pobre gente! Eso es un muro que no nos dejan entrar, no podemos saber, no pueden los pobres chicos hablar, porque luego a los que tienen destinos les dicen: “Cuidado con su destino”, y los tienen amenazados. ¡Eso es una vegüenza lo que está pasando en la cárcel de A Lama! ¡Ahí no hay funcionarios, ahí hay mercenarios! ¡Ahí no cuidan a la gente, ahí les matan!”

28/07/15

DOSSIER (en galego e/ou en castelán) de Denuncias no Cárcere de A LAMA (Pontevedra). (Non Definitivo)

(extraido de de Abordaxe Revista)
NOTA de ABORDAXE:
Unha vez incorporadas as modificacións ao Dossier e ampliado con novos casos; facemos público o Dossier para que rule pola rede; se ben hai unha xente que está a melloralo no posible e anuncia que en breves estará rematado o definitivo. Mais de momento e para que se vaia sabendo esta é a 1ª edición (por chamalo dalgún xeito):
Dossier en galego (clica acá para ler, e acolá para descargar)
Dossier en castelán (clica acá para ler, e acolá para descargar).
dossier Compas anticárceres estiveron a currarse este amplo dossier sobre as barbaridades das que se ten constancia que se cometeran nos últimos dez anos (e seguen cometéndose) neste penal de A Lama, se ben como apontan: “sen esquecer que non son casos illados nin puntuais dunha prisión ou outra senón que é a norma xeral das prisións do estado español”; alén tamén profundizan na realidade carceraria do estado español.
No seu correo nos din: “Aquí vos deixamos unha pequena recopilación dos que xs compañeirxs do cárcere de A Lama sofren a diario, van dende denuncias ata as mortes que se foran provocando nos últimos anos. Foi complicado conseguir a información polo absoluto hermetismo que rodea tanto ás prisións do estado español como en particular ás mortes e agresións que constantemente se sofren nelas. Agradeceríamos todo tipo de información que se nos pasara para poder completa-lo ao máximo ou calqueira tipo de reflexión que se queira adxuntar pois é un traballo de todxs seguir difundindo e berrando o que a base de golpes e leis nos queren facer calar”.

Asín que, o mellor que podedes facer é descargalo e axudar a difundilo para que se saiban as vergoñas que se tratan de ocultar con o beneplácito e silenciamento dos “mass merdas”, (que semella que agora se preocupan de que con a nova Lei Mordaza non lles van deixar tirar fotos nen gravar vídeos nas manifas; pobriños!!).
O Dossier foinos remitido en castelán vía e-mail para axudar a dar pulo a estas atrocidades e nós o traducimos ao galego e agora volos colamos (en ambas linguas) e alén damoslle un apartado especial na nosa coluna da direita para facilitar a súa descárrega (en pdf) e que permaneza ben visíble para escárnio dos autores desta barbarie, xente despreciábel que se aproveita da dificultade de sacar estas denuncias de torturas e malos tratos dos muros das prisións.
Colamos acá tamén o seu índice temático e máis a súa introducción:
Índice
– PRESENTACIÓN DO DOSSIER.
– OS CÁRCERES COMO INSTRUMENTO DO ESTADO.
– POBOACIÓN RECLUSA POR TIPO DE DELITO E LEI.
– RECLUSOS SEGUNDO CLASIFICACION EN 2015.
– SITUACIÓN DA POBOACIÓN RECLUSA EN 2015.
– O CÁRCERE DE A LAMA (PONTEVEDRA).
– QUÉ ESTÁ PASANDO EN A LAMA?
– CRONOLOXÍA DENUNCIAS EN A LAMA.
– A TORTURA.
– A IMPUNIDADE.
Os cárceres non se humanizan, destrúense.
E cando non se poden destruír, fóxese delas,
aínda que haxa que levarse por diante
todo o que fai posible a súa existencia.
Gilbert Ghislain
PRESENTACIÓN
O motivo de elaborar este informe é o importante incremento de mortes, agresións e denuncias polas condicións que se están a vivir no penal de A Lama nos últimos anos. Facémonos eco do que está a pasar nesta prisión, polo elevado número de casos que se están a dar recentemente, pero sen esquecer que non son casos illados nin puntuais dunha prisión ou outra senón que é a norma xeral das prisións do estado español, onde en maior ou menor medida, pero sempre de forma sistemática, vemos como se agride e illa as persoas presas, iso si, sempre dende a máis absoluta impunidade e ao abeiro dos diferentes xulgados, institucións, normativas, organismos… etc, en teoría garantistas dos dereitos das persoas presas e que en realidade só son, ou ben, outro erro da institución penitenciaria como pretenden facernos crer, ou unha política de todo vale para o control e dominio da poboación, reclusa ou non, baseado na submisión a través do medo.
Hai que ter en conta as dificultades que nos encontramos á hora de coñecer os casos e as denuncias interpostas contra o cárcere e somos conscientes de que esta recompilación é só a punta do iceberg, quedando, a maior parte, inmersa no máis profundo silencio e un total hermetismo. Como dicía un compañeiro preso, os muros do cárcere non se construíron soamente para que as persoas non puidesen traspasalos senón para que todas as situacións de abuso e violación dos dereitos fundamentais de calquera persoa que se dan no seu interior tampouco saian ao exterior e sigan cometéndose todo tipo de atropelos sen a posibilidade de evitalo ou tan sequera denuncialo.
Queremos romper coa idea de que existe algunha finalidade positiva do encerro destas persoas, máis alá do beneficio económico que representa para os seus defensores. Tanto o estado coma a administración penitenciaria móstrannos o claro camiño represivo ao que está enfocada toda esta maquinaria xudicial, enaltecedora da xustiza, ou polo menos do que eles consideran a súa xustiza e o seu estado de dereito. Hoxe en día non só enténdese o encerro como a mellor vía, a pesar de existir medidas alternativas reguladas, senón que se difunde como a única con posibilidades reeducadoras, rehabilitadoras e resocializadoras para con “os monstros acívicos e inhumanos” que rematan encerrados nelas, sen ter en conta que o 60% destas persoas presas o están por delitos contra a propiedade e contra a saúde pública, osea, que son encerrados por o mero feito de ser pobres e non porque representen un perigo real para o resto da sociedade. Só unha pequena porcentaxe de persoas presas teñen características psicopáticas, violentas ou perigosas, e non obstante tamén existe esa porcentaxe en persoas que non están privadas de liberdade, xa sexa porque teñen un nivel económico que lles exime das consecuencias dos seus actos ou porque directamente son os esbirros do poder que gozan dunha total impunidade. Vendo as numerosas denuncias interpostas contra os corpos de seguridade do estado observamos que, se ben en moi poucos casos se consegue levalos aos tribunais e probar a súa culpabilidade, ao pouco tempo son indultados polos gobernos aos que serven ou postos rapidamente en liberdade ao facilitarlle comodamente uns beneficios penitenciarios aos que a maioría de nós nin sequera accedemos por non se considerar un dereito en si mesmos.
Todas estas razóns, xunto coas agresións, as torturas, o illamento prolongado e o elevado número de mortes… etc, que en definitiva son o resultado real de todos os sistemas penitenciarios, sexan do tipo que sexan, son as que nos levan, xa non só, a cuestionarnos o modelo penitenciario implantado senón que nos conduce a un rexeitamento total dos cárceres en si mesmos, dos seus creadores e de toda a súa armazón política.
…………………
Introducción para Abordaxe x Xan do Can

Javi Guerrero trasladado a Puerto III (Cádiz)

javi(extraido de Abordade Revista)
Remiténos por vía e-mail, compas do Grupo de Apoio da Galiza Sur da Campaña Cárcere=Tortura esta novidade encol do preso Javi Guerrero “Gaviota de Cádiz” depois do seu periplo de Folgas de Fame e Sede que o levaran dende o cárcere de A Lama ata o Hospital de Pontevedra onde estivo ingresado. Colamos:
Informamos que Javier Guerrero Carvajal, despois de mais de 6 meses hospitalizado, foi trasladado xa á súa terra, Cadiz, e esta interno en Porto III á espera dos recursos contra o mantemento en 2º grao e en continua loita polos dereitos das persoas presas.

Saúde.

04/05/15

[CP A Lama] Sábado 16 Maio XORNADA SOLIDARIA coas PERSOAS PRESAS – TODAS Á LAMA!!

(extraido Abordaxe Revista)

Colamos esta convocatoria que apoiamos, e alén, sumámonos a súa petición de difusión tanto na rede como nas rúas; e de tal xeito colamos esta convocatoria na nosa coluna dereita de destaques.
Cartel Marcha A LamaO vindeiro sábado 16 de maio, a Asamblea para a Marcha ao C.P. de A Lama convoca unha marcha ao Centro Penitenciario de A Lama en solidariedade coas persoas presas e contra os malos tratos e as torturas practicadas neste cárcere de xeito regular, cotián e habitual, e que teñen coma consecuencia mortes de presxs (tanto suicidios coma asasinatos encubertos), autolesións e moreas de persoas destrozadas. Por suposto, todo silenciado e terxiversado polos medios de comunicación, que protexen aos represores.

A quedada será ás 11:00 da mañá no aparcamento do Punto Limpo de A Lama, dende onde se partirá ata a prisión.
Despois da Marcha, ademáis, haberá un xantar colectivo na Alameda (trae a túa comida para compartir, a poder ser vegana!) da vila de A Lama.
Despois, ás 17:00, na Casa do Pobo terá lugar unha palestra/debate con avogadxs e compañeirxs en loita contra os talegos, en torno ao tema dos malos tratos e as torturas nos mesmos, e as experiencias de loita dende dentro para resistir.
Convidámosvos a todxs a acudir para amosar o voso rexeitamento a unha institución cruel, asasina e hipócrita que castiga o delito mentras agocha os erros estructurais dun sistema sostido na miseria e a desigualdade.
Vémonos alí!!

[Pontevedra] Acción Solidaria con xs presxs.

(extraido Abordaxe Revista)

Presxs 2Nos remiten por correo a reivindicación desta gran pintada co lema “CÁRCERE = TORTURA” asinada por Individualidades Rebeldes e Solidarias, que tambén nos achegaron ás fotos que adxuntamos, e que nós, agora colamos á íntegra tal como a recibimos:
Na noite do xoves 23 ao venres 24 de abril, un grupo de solidarixs de Pontevedra dirixímonos a un dos tramos do paseo do Río dos Gafos que atravesa a cidade. Alí, usamos a pasarela dunha das entradas ao Centro de Menores Avelino Montero para baixar á outra beira do río, e usando rodillos e un cubo de pintura, fixemos unha gran pintada co lema “CÁRCERE = TORTURA”, visible para calquera que pasee pola senda fluvial durante o día.

Quenes levamos a cabo esta acción definímonos máis alá das nosas respectivas diferencias como persoas solidarias e sensibilizadas coa situación das persoas presas, torturadas, maltratadas e pechadas por unhas institucións que materializan en muros de hormigón, cámaras e rexas a barbarie cotiá e a hipocresía desta sociedade, onde uns nadan na abundancia máis inmerecida mentras outras subsisten con salarios míseros ou engrosan as listas do paro agardando unha oportunidade que non chega, ou rebuscan no lixo, ou morren de frío durmindo nas rúas, ou vense obrigadas a delinquir para sobrevivir. Non queremos negar a existencia dos delitos, nin tampouco a necesidade de crear uns medios propios cos cales xestionar de xeito común e eficaz as consecuencias de determinadas problemáticas sociais (afastados totalmente da idea histórica do Cárcere, coma concepto e realidade) pero sí negamos a lexitimidade dun Estado e un sistema criminal e asasino coma éste para valorar e xulgar os actos das demáis, amparándose nunhas leis a todas luces inxustas e que favorecen ós petos cheos, dictadas por elegantes psicópatas que naceron entre comodidades, almofadas e terciopelo.

[Galiza] Umhas oportunistas hipócritas querem vissitar os cárceres galegos e outros hipócritas negam-lho

(extraido Abordaxe Revista)

felipe-gonzalez-galVimos de saber por colectivos anti-repressivos da Galiza (1 e 2) de que, há quase quinze dias que as deputadas do Partido Socialista de Galicia, Carmen Acuña, Carmen Gallego mais Maria Quintas, solicitavam que umha delegaçom do Parlamento Galego visitara todos os centros penitenciários ubicados no País para comprovar de primeira mam a situaçom das prisons devido às numerosas queixas recibidas; tamém soubemos que esta iniciativa era a segunda que as parlamentárias do PSdG tentavam em menos de dous meses. Além nós refirem queixumentos que, dende Instituiçons Penitenciárias, negouse-lhe a entrada às deputadas, em base a que é umha competéncia do Estado e que somentes se autoriza a entrada a parlamentárias/os e senadoras/es do Parlamento Espanhol.
O curioso do caso é que esses organismos anti-repressivos cargam as tintas contra essa proibiçom e apoiam a denúncia das hipócritas do PSOE galego que se basea só em que “está a impedir-se a visita de legítimos representantes das/os galegas/os aos centros penitenciários ubicados em chão galego”.

Agora resulta que o PSOE galego preocupa-se pola situaçom das persoas presas na Galiza!! Deixade-me que ria!! As criadoras do GAL, as mesmas que tentarom criar um GAL carcerário para eliminar presos e presas da ETA dentro os cárceres; as siareiras do Mr. X; as criadoras dos macrocárceres; as mais hipócritas desta sociedade, agora, por interés eleitoral, acordam-se de que nos cárceres há maus tratos, torturas e mortes.
Pois nada, senhoras deputadas do PSOE-PSdeG, aproveitem que o dia 16 de maio há convocada umha Marcha ao CP de A Lama, esperamos ve-las alá, mesmo na cabeçeira por se querem sair na foto e arrapanhar algum voto ou algumha labaçada dos seus corpos de inseguridade, e também esperamos ver aos e ás deputadas do resto dos partidos com representaçom eleitoraleira, e também ás membros desses organismos anti-repressivos que se sumam, sem fazer crítica algumha, á petiçom destas hipócritas. Ainda que no CP A Lama nom haxa encirrado nenhum do que, algum desses organismos, gostam de qualificar nossxs presxs políticxs.
Lá nos vemos e igual, este que assina, muda de parecer respeito a essas deputadas oportunistas.
Tancredo Tantonto para Abordaxe

25/04/15

Javier Guerrero Carvajal Deja La Huelga De Hambre Tras 133 Días. La Lucha Sigue

extraido de Boletín Tokata
Después de 133 días de huelga de hambre, varias huelgas de sed y 3 meses y medio ingresado en el hospital, el viernes 25 de abril, por la mañana, Javi ha decidido dejar la huelga de hambre.
Su cuerpo no aguanta más y visto que instituciones penitenciarias, la cárcel y el juzgado no han hecho el menor caso a sus reivindicaciones deja temporalmente su largo acto de protesta. Su tercer grado tendrá que esperar al recurso a la Audiencia o a la nueva revisión que le tienen que hacer a principios de mes. Siguen sin trasladarlo a A Lama para que pase audiencia ante la comisión disciplinaria para resolver sobre el injusto parte disciplinario que le pusieron en diciembre. Y parece que el traslado a Sevilla esta próximo (nada mas que se recupere).
Ante este futuro incierto, Javi deja la huelga de hambre y ha decidido empezar a alimentarse y a hidratarse, pero no piensa terminar la lucha. Si no se atienden sus reivindicaciones -3er grado, traslado a Cadiz y archivo del parte disciplinario- volverá a dejar de comer y , mientras se siga torturando en las cárceles seguirá siendo un preso en lucha. El próximo domingo, 26 de abril, estará, de 8 am a lunes 8am, sin comer ni beber en solidaridad con la presa gallega Noelia Cotelo que lleva ya mas de un mes en huelga de hambre.
Esta vez quiere agradecer especialmente al grupo de apoyo Galiza Sur, a lxs abogadxs y a las organizaciones que apoyaron la rueda de prensa del martes pasado.
Javi anima a todxs aquellxs que, fuera de los muros, apoyan las luchas de las personas presas y agradece a todxs aquellxs que están solidarizándose con él.
Si dejamos a lxs presxs solxs, la lucha social esta abocada al fracaso! SOLIDARIDAD CON LXS PRESXS EN LUCHA!!!
Grupo de apoyo Galiza sur-CACT

[Madrid] Celebrouse a derradeira Concentración dos Mércores en Tirso Solidaria con xs Presxs en Luita

extraido de Abordaxe Revista

11188152_941728255872161_6822169255101902567_n
Colamos (e traducimos) do Tokata esta crónica da derradeira convocatória en Tirso, se ben sinalan que a pesar da desmobilización das concentracións permanentes dos mércores, a loita continua:

Onte miercoles 22 de Abril, a iso das 21 horas, unxs vinte e cinco ou trinta solidarixs reuníronse na praza de Tirso de Molina, en Madrid. Foi a derradeira da serie de convocatorias permanentes programadas dende hai case dous meses, para visibilizar a situación dxs compañeirxs que están a loitar nas prisións. Realizouse unha pegada de follas de papel nun dos kioskos de flores da mesma praza, que compoñían a frase “FUEGO A LAS CARCELES – LIBERTAD”
A policía, que xa estaba a esperar a xs compañeirxs na praza de Tirso de Molina dende as oito da tarde, incomprensiblemente, abandonou a praza pouco antes da hora da convocatoria para non se perder o seu Real Madrid – Atletí, ou polo menos é a conclusión á que se chegou despois de tan surrealista situación. Unha furgoneta de antidisturbios (cun só madeiro) deu algunha volta de cando en vez polos arredores. Probablemente perdese a aposta cos seus compañeiros, que estarían a gozar do partido nalgún bar próximo, e tocoulle pasear a furgoneta, atento iso si, á radio.

O colectivo de individualidades que se formou a raiz destas convocatorias, despregou a faixa que acompaña esta entrada con a lenda:
CÁRCEL DE A LAMA, FÁBRICA DE CADÁVERES
JAVIER GUERRERO CARVAJAL ¡¡¡LIBERTAD!!!
EN HUELGA DE HAMBRE – 131 DÍAS
Tras despregar a faixa, o grupo camiñou con ela ata a praza da Cebada, na Latina, ao tempo que coreaba os slogans que se veñen repetindo durante estes case dous meses nas rúas de Madrid, ao tempo que se repartían panfletos entre os transeúntes, nos que se podía ler un resumo da situación de Javier Guerrero, Noelia Cotelo e José Antunez, así como un recordardatorio ás compas represaliadas e encarceradas a raíz da Operación Piñata, a última operación fascista comandada dende o Tribunal de Órden Público (Léase AudienCIA NAZIonal) polo xuíz Velasco.
Tras facer unha parada diante do teatro da Latina, o grupo seguiu camiñado pola rúa Toledo, sen deixar de repartir propaganda e corear consignas, ata o corazón da Plaza Mayor. Deseguido, xs compañeirxs continuaron a súa marcha ata a praza de Jacinto Benavente, dende onde se procedeu a ler o comunicado da Comisión de Dereitos Humanos da agrupación Avogados Novos de Vigo, no que varios colectivos de defensa dos dereitos humanos (máis de 40 organizacións), denuncian as torturas e vulneracións de dereitos nas prisións e o caso de Javier Guerrero Carvajal que leva 130 dias de folga de fame.
Este grupo xurdido en Madrid recordounos onte á noite que a pesar da desmobilización das concentracións permanentes dos mércores, a loita continua. Pídenos que sigamos apoiando nosxs compañeirxs presxs poñendo a súa voz na rúa, ao tempo que fan un chamamento a accións solidarias con xs compañeirxs presxs e contra os cárceres, do xénero e tipo que sexan.
¡LUME AO TALEGO!! ¡LIBERDADE PARA XS COMPAÑEIRXS PRESXS!! ¡ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS!!

Rueda De Prensa En Vigo Sobre La Situación De Javier Guerrero Carvajal, Más De 130 Días En Huelga De Hambre

extraido de Boletín Tokata

En una rueda de prensa convocada ayer en el auditorio del colegio de abogados de Vigo, convocada por el Grupo de Apoio a Javier Guerrero carvajal, Avogados Novos de Vigo, Esculca y otras organizaciones, se hizo público un comunicado en galego que traducimos a continuación:

POR LA DEFENSA DE LOS DERECHOS HUMANOS 
EN EL CP DE A LAMA
El caso de Javier Guerrero Carvajal, 130 días en huelga de hambre
A través del presente comunicado, las organizaciones de defensa de los Derechos Humanos firmantes queremos hacer pública la denuncia de vulneraciones de derechos fundamentales que se están viviendo en el Centro Penitenciario de La Lama, y solidarizarnos especialmente con Javier Guerrero Carvajal, en huelga de hambre desde el día 12 de diciembre de 2014 y hospitalizado desde el 5 de enero de 2015 por su delicado estado de salud.
Las huelgas de hambre y sed son formas de protesta y reivindicación que emplean las personas internas para denunciar los abusos de poder y malos tratos que se dan en las cárceles, las irregularidades en las administraciones de justicia y penitenciaria así como las deficiencias en materia de salud, trabajo, educación, actividades culturales y deportivas, en el tratamiento penitenciario y en los procesos de reinserción de la población presa.
Javier Guerrero Carvajal inició el pasado 12 de diciembre de 2014 una huelga de hambre con continuas huelgas de sed, con dos demandas generales, el cumplimiento de la Legislación Penitenciaria y el respeto a los Derechos Humanos en la prisión, y cuatro denuncias particulares de vulneración de derechos en su persona:
1. Dilaciones injustificadas en las resoluciones y revisiones de grado.
2. Inseguridad jurídica y arbitrariedad.
3. Vulneración del Derecho la Tutela Judicial Efectiva.
4. Vulneración de los derechos y las garantías vinculadas a las prestaciones sanitarias (Javier Guerrero sufre fibromialgia y otras enfermedades).
Después de más de cuatro meses de protesta, su salud se ha deteriorado gravemente. En ese tiempo, ha sufrido episodios de hipoglucemia, desfallecimientos, cólicos renales frecuentes, edemas periódicos en la pierna izquierda por falta de proteínas, lagunas de memoria. Las secuelas para su salud serán difícilmente reversibles, sin embargo, Javier Guerrero Carvajal se mantiene firme en su decisión de continuar la huelga hasta:
• La obtención de una respuesta eficaz a recursos de revisión de grado, ya que el retraso a hacer la misma se acumulan y se puso sin resolver.
• La realización de una hoja de cálculo correcto.
• Asistir a una comisión que decida sobre el archivo de la sanción administrativa impuesta en diciembre pasado, y que pudiera anular la suspensión del permiso de salida.
Dada la gravedad de la situación de Javier Guerrero Carvajal y las constantes denuncias de violación de los derechos humanos en las cárceles españolas por parte de las personas reclusas y organizaciones nacionales e internacionales. Entendemos que estamos en el contexto político-social oportuno para que la sociedad civil y las organizaciones que trabajamos en favor de los derechos humanos continuemos exigiendo, y así lo hacemos constar en el presente comunicado, la transparencia en la administración penitenciaria y el respeto efectivo de los derechos de las personas privadas de libertad, con el fin de conseguir una administración de la pena dentro de los estándares europeos, más justa y acorde con el mandato constitucional de que prevalezca la rehabilitación y la reinserción de la persona condenada como principio rector para la ejecución de las penas privadas de libertad.
Suscriben:
Agrupación de Avogados Novos de Vigo. Esculca, observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades. Salhaketa. Xustiza e Sociedade de Galicia. Coordinadora Estatal para la prevención y denuncia de la tortura. Imán-Cedro. Observatori del Sistema penal i els Drets Humans. Comité de defensa dos Presos Concepción Arenal. Grupo de Apoio a Javier Guerrero Carvajal. Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS).

04/04/15

Javi Guerrero “Gaivota” resiste!!. Situación nos seus 108 días en Folga de Fame

extraido de Abordaxe Revista10905995_590250757742642_197994206204442973_n 

Recibimos onte domingo este escrito das compas do grupo de Galiza Sur da Coordinadora Anticarceraria Cárcere=Tortura (CACT) onde se nos da conta do estado de saúde de Javi Guerrero Carvajal “Gaivota” e se nos informa que, de novo, está em Folga de Sede dende onte:
A dia de hoxe Javi Guerrero Carvajal pesou 51,300 kg, outra vez baixou de peso aloxándose do seu peso normal 73 kg
O xoves 19 deixou de beber por quinta vez no que leva de protesta. O venres a preocupación apoderábase do cuarto e dxs enfermeirxs, voltava a mexar abundante sangue. Seguiu sen beber ata o martes pasado cando os médicos lle convenceron para que bebera e así poder subilo o cárcere para que pase pola comisión que revisa o parte disciplinario que lle puxeron en decembro. Despois de varios litros de suero embotellado como refresco, zumes e ata algún vaso de leite, o xoves infórmanlle que a comisión non o verá ata dentro dun par de semanas polo que ten decidiu volver deixar de beber apartir de hoxe, domingo 29. A súa perna esquerda volve a estar moi inchada e ten importantes fallas de memoria. O seu corpo derrúbase mentres él mesmo provoca que o faga o mais lentamente posible, intentando deste xeito alongar ao máximo unha protesta que é xa demasiado longa e que vaille deixar importantes secuelas.

Non tanto a súa moral e vontade son fortes. A súa vontade refórzase ao decatarse das torturas infrinxidas en A Lama a outros presos, na última semana. Refórzase ao recordar a Borja “Volvo” co que coincidiu nalgunha ocasión, refórzase ao recordar cando o defunto “Gaviotu” lle dicía “ehhh, rapaz!!! acuerdate que o orixinal son eu” ríndose logo, refórzase ante as palabras dos moitos solidarixs que lle escriben, ante a visión das persoas que se concentraron baixo a fiestra da súa cela hospitalaria.
A comisión de ética do Hospital Provincial de Pontevedra foi a visitalo, esperemos que iso signifique que a dirección do hospital poña máis empeño en cambiar a situación na que se encontra levando a totalidade da súa estanza no hospital (82 días) sen poder falar cos seus familiares e achegadas.
E como sempre, volve mostrar agradecemento cara á xente que esta apoiándolle e a todxs aquelxs que estan apoiando as loitas dignas das persoas presas.
GAIVOTA LIBERDADE!!!!!
SOLIDARIEDADE PRESXS EN LOITA!!!

26/03/15

URXENTE! Qué pasa en A Lama?? Nova malleira dos carcereiros a Reinaldo Gómez Guijarro, “Jaro”. Envío de Faxes Solidarios

 
O cárcere de A Lama, especialmente o seu departamento de máximo castigo, estase a facer famoso como un lugar parecido a Auschwitz, dado o desprezo da dignidade humana demostrado alí polos axentes estatais. Sen remontarnos máis atrás, é o lugar onde Emilio Sánchez del Peso estivo 50 días en folga de fame para denunciar as torturas e malos tratos que alí se practican; onde Javier Guerrero Carvajal iniciou a súa, que está a punto de levalo á morte tras máis de cen días de privacións, contra a arbitrariedade, indefensión e abandono a que se somete ás persoas presas; onde “se encontrou” aforcado a principios deste mes a Borja Martín Gómez,”Volvo”, ou onde morreu en abril do ano pasado Eugenio García Serrano, “Gavioto”, oficialmente por unha sobredose de droga. “Suicidio”, “accidente”, din os papeis das administracións carcereira ou xudicial, pero aos que lles querían non se lles quita da cabeza a idea de que foron asasinados polos carcereiros. Como di unha querida e respectada compañeira galega, “os loitadores non se suicidan”.
(extraido de Abordaxe Revista)
En febreiro pasado, a súa familia e amizades facían un chamamento á solidariedade con Reinaldo Gómez Guijarro, “Jaro”, que fora trasladado arbitrariaremente ao módulo de illamento da terrible trena pontevedresa. Encerrárano na mesma cela onde morreu o seu compañeiro e amigo Gavioto. Alí, dende o primeiro día, foi ameazado: “Xa sabes quen estaba aí, ti verás como queres rematar”, sendo sometido en todo momento a unha dinámica permanente de acoso e intimidación das que tantas veces remataron en “suicidio”, como saben quen viviron ou presenciaron situacións parecidas, moi habituais nos cárceres españois. A súa xente temía pola súa vida e por iso fíxose pública a súa situación e pedíronse mostras de solidariedade e apoio. Ao principio, cambiáronlle de cela, e a cousa parecía estar en vías de mellorar, pero a estas alturas non só non foi así, senón que empezou a pasar o que se estaba a temer: antonte recibiu Jaro dos carcereiros unha malleira de morte.
Foi por unha norma arbitraria das que se adoitan impoñer nos illamentos: enriba de que estás encerrado, non che podes tombar, por exemplo, na cama durante o día; non hai ningunha razón válida, é só porque lles dá a gana a eles, unha táctica máis de control e intimidación. A Jaro pilloulle un boqueiras botado na cama e chamoulle a atención de moi malas maneiras, replicándolle el en lugar de achantar. O “funcionario” saíu correndo e regresou cuns vinte carcereiros máis, dicíndolle que lle ían cambiar de cela; o día anterior, nun cacheo, esnaquizárano todo na que ocupaba nese momento. Alxemáronlle e, mentres andaba polo corredor rodeado de carcereiros, un deles lanzoulle un guantazo, el intentou defenderse, pero botáronselle enriba e malláronlle, leváronlle pola forza a unha cela e alxemáronlle boca abaixo á cama, postura na que estiveron a golpealo ata que se cansaron. Agora ten un gran derramo nun ollo, hematomas por todo o corpo, fortes dores nas costas e dificultades respiratorias, todo a consecuencia da tremenda malleira. Sabemos que o martes pasado outro compañeiro, Enrique Silva Montoya, “Piyayo”, recibiu tamén dos carcereiros unha gran malleira ao ser levado ao sinistro departamento de castigo do cárcere de A Lama.
De momento, sirva esta nota para informar do que está a pasar. Aínda que xa estamos a ver que ata agora non serviu de moito, mentres se tramitan as correspondentes denuncias e pénsase que máis facer, non estaría de máis dirixirse por fax, por correo ou por teléfono á dirección de A Lama, á secretaría xeral carcereira e ao xulgado de vixilancia penitenciaria denunciando a situación e protestando por ela.
NO CÁRCERE DA LAMA ESTÁN MACHUCANDO A NOSA XENTE!
NON PODEMOS CONSENTILO!
Secretaría General de Instituciones Penitenciarias.
Calle Alcalá 38-40. 28014 – Madrid
E MAIL: dgip@dgip.mir.es; TEL: 91 335 48 76; FAX: 91 335 40 64-913354940
Centro Penitenciario de A Lama
Monte Racelo s/n. 36830 Pontevedra
TEL: 986 75 80 00; FAX: 986 75 80 11
Juzgado Vigilancia Penitenciaria nº 2 (Pontevedra)
Plaza Tomás y Valiente, s/n. 36071Pontevedra
TEL: 986 80 51 43; FAX: 986 80 51 41

09/03/15

Ahorcado En La Cárcel De A Lama Borja Martín Gómez

(extraido de Bolentin Tokata)
Según www.farodevigo.es, ha “aparecido” muerto, ahorcado, en la celda del módulo de primer grado donde estaba encerrado, en la cárcel de A Lama, el compañero Borja Martín Gómez, Volvo. Borja era un preso rebelde y reivindicativo que participó, por ejemplo, muy activamente en la campaña Cárcel=Tortura. Lo solían trasladar muy a menudo por su suspuesta “conflictividad” y cada vez que llegaba a una prisión nueva proponía a todo el mundo participar en los ayunos; animados por él se sumaron muchos compañeros. No nos fiamos ni poco ni mucho ni nada de la versión oficial, pues, conociendo a Borja, no nos parece que pudiera tener él ánimo de ahorcarse. En A Lama, prisión famosa por la violencia y mala fe de sus carceleros, murió también supuestamente ahorcado en abril pasado Eugenio García Serrano, Gavioto, sin que sus familiares y amigos hayan podio disipar sus sospechas de que no lo fuera por su propia mano. Recordamos con rabia y cariño a nuestro compañero Borja, corresponsal durante varios años de nuestro  boletín, y esperamos les llegue a quienes le quisieron que la gente del Tokata compartimos intensamente el dolor por su muerte. A continuación, un poema suyo  que nos envió en mayo de 2011.
A ti, Libertad…
A ti, LIBERTAD, que permaneces en vigilia en el sendero de las ansias.
Que percibes la humedad de las lluvias interminables y el hielo de las nieves perpetuas.
Que sientes los pétalos de una flor negra: la de las tristezas densas.
No sufras…
No estás sola…
No temas.
Pues la vida es un trozo de mármol y nosotros los cinceles que golpean la piedra creando la estatua inacabada de nuestros actos.
Atiende, LIBERTAD,
Atiéndeme ahora que te he encontrado:
Busca en tus nervios la tensa sinfonía de los años muertos y derrama en cada nota el silencio de tus miedos.
No sufras…
No estás sola…
No temas.
Pues nosotros somos los sensibles cinceles
Que rebeldes golpean violentos la piedra.
                                                Borja Martín Gómez

[Pontevedra] Info actualizada sobre a folga de Javier Guerrero. Texto solidario


 
O compañeiro Javier Guerrero Carvajal leva dende o pasado 11 de decembro de 2014 en folga de fame esixindo, ademáis das demandas da propia campaña Cárcel=Tortura e da loita dxs outrxs presxs contra os malos tratos e os abusos nos cárceres do Estado español, que se revise a súa situación para que lle sexan devoltos os permisos de saída que lle foron retirados como castigo por unha sanción claramente inxusta, e que buscaba, xunto a moitas outras agresións a Javier, tratar de sometelo e impedirlle continuar denunciando o que acontece tras os muros.
(extraido de Abordaxe Revista)
Damos pulo ao correio que nos fixeron chegar os asinantes do texto “algúns anarquistas da cidade de Pontevedra” que se están movilizando en solidariedade con Javier Guerrero, do que nos contan que “xa está a piques de alcanzar o terceiro mes en folga de fame. O motivo polo cal aguantou tanto é que, cando foi operado dos riles, suministráronlle suero, e iso puido calmar un pouco os efectos da súa protesta. Sen embargo, atópase en grave perigo. Agradecemos por tanto difusión por todos os medios posibles”.
Dende Xaneiro, o compañeiro permanece ingresado na Unidade Penitenciaria do Hospital Provincial de Pontevedra, tras un agravio serio da súa saúde ligado a dúas breves folgas de sede – de catro días a primeira e de dous días a segunda – que sumou á súa folga de fame. Alí, Javier rexeitou os sueros e a comida, e a pesar das ameazas diversas que ten recibido (atalo á cama, poñerlle suero contra a súa vontade e outras) continúa a súa loita. O persoal do hospital actúa como cómplice desta tortura e seguindo as ordes da administración penitenciaria de A Lama (prisión pontevedra onde se atopaba internado no momento de iniciar a súa folga de fame) seguen sen deixarlle recibir visitas ou chamadas telefónicas dxs seus familiares e amigxs, limitándolle as visitas dxs abogadxs e negándolle o acceso ó seu expediente médico e á información acerca do seu estado de saúde. Todas estas medidas teñen coma obxectivo tentar disuadilo de continuar coa súa protesta.