Amosando publicacións coa etiqueta Vigo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vigo. Amosar todas as publicacións

23/11/15

[Vigo] Domingo 29 desde as 18:30′.- Video-Palestra con “Pope” sobre Saúde e Prisión e despois Bingo musical anticarcerario

Abordaxe Revista

Colamos convocatoria recebida na nosa caixa de correos:
acto pope O vindeiro domingo temos actividade anticarceraria en Vigo. O, recentemente liberado e expreso “Pope” para na cidade olívica na sua xira de conferencias para falarnos da sua experiencia e mirar un video.
Tamen darase información sobre a actualidade nas cadeas galegas e presxs galegxs noutros cárceres. Logo amenizaremos a tarde con un bingo musical para recoller cartos para que o compa poida continuar viaxe.
Agradecemos difusión.
Domingo 29 novembro. Na parroquia Cristo da Victoria, Coia, Vigo.
– 18,30 Video e palestra-coloquio
– 19,30 Bingo-musical anticarcerario.

Agardamoos. Liberdade para todxs!!

19/02/15

[Vigo] Sábado 21 Xantar propresxs no CSA A Cova dos Ratos

XANTAR

(extraido de Abordaxe Revista)

Cobrimos esta convocatoria que nos chegou da man das compas do grupo de Galiza Sur da Coordinadora Anticarceraria Cárcere=Tortura (CACT):
Como cada 3er sábado do mes, podes colaborar coas persoas presas en loita desfrutando dun xantar vegano.
Este vindeiro sábado 21 no CSA A Cova dos Ratos (rúa Romil 3 Vigo).

06/05/14

Sábado 10, Vigo. Foliada Antirepresiva no Cs Revolta

Actividade en solidariedade con "Que Voltem para a Casa" e "Cárcere=Tortura:

KAROS E KARAS!
Este sábado temos unha nova entreja das Foliadas antirepresivas do Revolta 
A partir das 13:00 alí estaremos dándolle duro.".
Hai petiskos (prezo libre) e barra (prezos populares)
Traede instrumentos e ganas de pasalo ben,
o resto poñémolo nós!

...e dicídello a todo kiske!!

09/04/14

Xantar Pro-Presxs VIgo. Solidariedade "Xs 15 de Arteixo"

Adiántase o comedor vigués en apoio aos presxs en loita ao Sábado 12 de Abril, a partir das 14,30
na Cova Dos Ratos (Rua Romil No3, baixo).
Queremos dedicar o comedor a Nais Contra A Impunidade, destinando os ingresos aos gastos do
proceso "Os 15 de Arteixo" (mais info aqui)..
Ao finalizar o comedor explicarase brevemente en que consiste o proceso "os 15 de Arteixo".
Todo o noso cariño e a nosa solidariedade para as nais en loita.



Unión, Acción, Autoxestión
Cárceres Demolición
Grupo de Apoio Gz.Sur, Campaña Carcere=Tortura

11/03/14

Marzo Antirrepresivo en Vigo

Os tempos sempre son convulsos, pero, cando a represión se sofre nas propias carnes, a dor faise máis viva e insoportable.

A máquina torturadora do estado e o seu diñeiro non descansa nunca e, para non descansar, inventa motivos tan variopintos e esperpénticos coma é un código penal. Un libro de castigos que se autorreproduce e se autoalimenta, autoprogresa paralelamente á liña vital que seguen, ou máis ben tentan seguir, as súas vítimas: mentres estas intentan ser persoas e funcionar coma tal, sen maior ambición cá súa liberdade, o libro pensa que isto está mal e te fulmina cun par de palabras máxicas: estado de dereito.

Estado de dereito?? E cando se inventaron o código de amurabi tamén era estado de dereito? Porque ninguén de nós estivo alí para velo, mais de seguro que a cousa non pintaba moi diferente. Como está claro que aquí ninguén decide este estado de dereito (onde están as nosas escolas, os nosos hospitais, os nosos traballos, as nosas casas, os nosos ventres?), nós opoñemos a nosa propia lista de dereitos a EXPROPIAR a estes noxentos de traxe e maletín coas nosas lexítimas loita e resistencia civís. E, se non lles gusta, que se vaian!!