Escrebenos
dende Ourense para informar desta iniciativa solidaria anticarcelaria
que están a por en marcha para este vindeiro mes de maio, adxuntamos o
cartaz con a info e unhas primeiras fotos, que nos enviaron "para que
fagades a publi..." . Considerando a temática e a razón desta
Feira Itinerante, en Abordaxe acordamos darlle un seu espazo na nosa coluna da direita ao carón da
Feira do Livro de A Guarda
(felizmente sucedida e que retiraremos despois de fazer públicas as
valoracións da mesma, ás que animamos a todas as participantes, se
quixer, a enviarnos as súas propias).
PRESENTÁMONOS:
Somos un grupo de persoas diversas con diferentes experiencias e
utopías. Compartimos a idea de visibilizar o silencio do cárcere.
Propomos que a xustiza que reclaman as prisións para xustificar a súa
existencia é falsa, incoherente e manipuladora. Nós queremos a
solidariedade non o castigo.
¿POR QUE?
Porque
pensamos que as prisións crean impotencia e reforzan a desesperación.
Non dan solución aos problemas sociais senon que causan máis miseria ao
tempo que enriquecen a quen as controlan. Porque non confiamos nos seus
programas de reinserción e reeducación e moito menos nas súas
necesidades para o castigo e a tortura. Porque queremos unha realidade
baseada no apoio mútuo, unha resposta a soidade e ao aillamento dos
muros.
¿PARA QUE?
Para visibilizar a realidade dxs presxs a través das súas voces. Para
botar unha man ante as necesidades que xeran a reclusión e a
marxinalización. Achegar a realidade deste dispositivo de control e
punición nun momento no que a represión aos movementos sociais e a
criminalización da pobreza e da solidariedade son evidentes.
ACHÉGATE!
Xuntámonos durante o mes de maio en diferentes bares de Ourense.
Achégate para coñecer a realidade das cadeas. Achégate para
escribirlles, para colaborar traendo selos, sobres, roupa, calzado ou
materiais de lectura que podan precisar as persoas presas. Escríbenos se
queres compartir as túas experiencias.
Participa se queres axudar a construir este proxecto
PUNTO DE RECOLLIDA DE MATERIAL.- A SOLIDARIEDADE COMO ARMA
Que
os cárceres están cheos de xente pobre é unha obviedade que a case
ninguén escapa. As prisións agravan e cronifican ata límites
insospeitados esta condición. Partindo desta premisa nace este proxecto:
recoller distintos materiais doados por xente solidaria no exterior que
axude a combatir, na medida do posible, esta indixencia, extendendo os
lazos de solidariedade e abrindo unha porta ao exterior.
Non entendemos está iniciativa como unha “obra de caridade” senón como
unha acción solidaria constante e combativa, contra os cárceres, o
negocio e a pobreza que enmascaran e a desesperación que xeneran. Por
isto cada material que logre cruzar os muros da prisión irá identificado
cun logo diseñado especialmente para este proxecto, para reivindicar
todas as vidas roubadas polo encerro.
¿QUE MATERIAIS SE PODEN ACHEGAR?
•
ROUPA E CALZADO: preferiblemente de abrigo, os cárceres de
Galicia son fríos e húmidos, e roupa interior, pois na prisión danche un
calzón ou unha braga e ahí te apañes...
•
MATERIAL DE LECTURA: a literatura e a información de
actualidade axuda ás persoas presas a afastarse do monótono e lento paso
do tempo, e a conectar co exterior. Para poder metelos dentro han de
ter depósito legal. Se che apetece personaliza o material.
•
PAPEL, SOBRES E SELOS: As cartas son en prisión a principal
ferramenta de comunicación ca familia, cxs amigxs. E para defenderse a
si mesmas dos abusos da institución e carceleiros, contactando con
abogados, asociacións e solidarixs.
•
DIÑEIRO: a maioría de cousas que poden precisarse no cárcere só
poden comprarse dentro, pois doutro xeito as empresas que detentan o
monopolio de suministro ás prisións non farían negocio. Así artigos
básicos como comida medianamente decente e tarxetas telefónicas só se
poden adquirir no economato, pagando.
¿ONDE DEIXAR O MATERIAL?
Durante o mes de maio nos bares onde se instalará a
Feira Itinerante “Libre, Libre Quero Ser”:
• Bar Renque: do 5 ao 8 de maio
• Cafetería Grándola: do 9 ao 15 de maio
• Bar Chucas: do 16 ao 22 de maio
• Bar Trampitán: do 23 ao 29 de maio
Tamén poderás atoparnos o día 6 de xuño no bar Vagalume, no peche da
feira. Se non podes ou prefires aportar material en calquera outro
momento faino escribindo a gzsolidaria@riseup.net
PORQUE LIBRE LIBRE QUERO SER!
FAGAMOS DA SOLIDARIEDADE UNHA REALIDADE
Evento nunha rede social
extraido de Abordaxe Revista