É por todo esto que
querémosvos animar a que sexades as familias e xs máis achegadxs xs que lle
poñades voz ás persoas privadas de liberdade nos talegos. A idea é traballar en
grupo, pois cantos máis sexamos, máis alto poderemos berrar. Ademais é a hora
de que xs verdadeirxs protagonistas dirixan esta loita, decidindo cómo, cándo e
por qué.
Todas as persoas que
mostramos interese por esta realidade sabemos cáles son os métodos nas
prisións, os dereitos que se vulneran, o día a día detrás dos muros. Dende
evidentes malos tratos físicos a privacións de todo tipo: palizas, illamento,
negación de comunicacións, corte de correspondencia, (negligencias medicas), abandono
educativo e (hixienico)sanitario, faltas continúas de respeto, abuso de
autoridade, violacións, insultos, falta de transporte para as familias,
dispersión... Tamén somos conscientes de que a xustiza por vía legal non se fai
eco deste problema, dando a razón sempre as institucións; e de que a maioría de
nós carece de medios económicos precisos. Entón, ¿qué se pode facer?
Nós propoñemos
dinamizar e concienciar a sociedade partindo dende os núcleos máis pequenos,
como somos as familias e achegadxs, ata cotas máis altas coma son os barrios,
cidades, provincias... É dicir, organizar asembleas locais, que se preocupen ou
encarguen dos distintos talegos que nos rodean, denunciando de maneira pública
todo o que sucede dentro de estes antros. Creemos que a unión de persoas que
padecemos realidades similares, a maiores de darnos forza, faranos sentir máis
arropadxs, e será máis sinxelo facernos escoitar.
Por que estamos
cabreadxs e non permitiremos nin un carceleiro armado máis, ningún médico
cómplice, nin ningún xuíz facendo o cego.
afapp.gz@gmail.com
603813593/603737640
Como
podes axudarnos:
*Participa nas asembleas.
*Envia o Manifesto a quen consideres que
poida estar interesadx.
*Difunde a información que che vaiamos
pasando.
*Colabora coa Rede de Apoio Mutuo.
*Participa nas actividades que desenrolemos.
*Toda a información que nos proporciones
será de gran axuda.
*Pero, sobre todo, estreitando lazos en
contra dos abusos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario