(extraido de de Abordaxe Revista)
NOTA de ABORDAXE:
Unha vez incorporadas as modificacións ao Dossier e ampliado con
novos casos; facemos público o Dossier para que rule pola rede; se ben
hai unha xente que está a melloralo no posible e anuncia que
en breves estará rematado o definitivo. Mais de momento e para que se vaia sabendo esta é a 1ª edición (por chamalo dalgún xeito):
Dossier en galego (clica acá para
ler, e acolá para
descargar)
Dossier en castelán (clica acá para
ler, e acolá para
descargar).
Compas anticárceres estiveron a currarse este amplo dossier sobre as
barbaridades das que se ten constancia que se cometeran nos últimos dez
anos (e seguen cometéndose) neste penal de A Lama, se ben como apontan:
“sen
esquecer que non son casos illados nin puntuais dunha prisión ou outra
senón que é a norma xeral das prisións do estado español”; alén tamén profundizan na realidade carceraria do estado español.
No seu correo nos din:
“Aquí vos deixamos unha pequena
recopilación dos que xs compañeirxs do cárcere de A Lama sofren a
diario, van dende denuncias ata as mortes que se foran provocando nos
últimos anos. Foi complicado conseguir a información polo absoluto
hermetismo que rodea tanto ás prisións do estado español como en
particular ás mortes e agresións que constantemente se sofren nelas.
Agradeceríamos todo tipo de información que se nos pasara para poder
completa-lo ao máximo ou calqueira tipo de reflexión que se queira
adxuntar pois é un traballo de todxs seguir difundindo e berrando o que a
base de golpes e leis nos queren facer calar”.
Asín que, o mellor que podedes facer é descargalo e axudar a
difundilo para que se saiban as vergoñas que se tratan de ocultar con o
beneplácito e silenciamento dos “mass merdas”, (que semella que agora se
preocupan de que con a nova Lei Mordaza non lles van deixar tirar fotos
nen gravar vídeos nas manifas; pobriños!!).
O Dossier foinos remitido en castelán vía e-mail para axudar a dar
pulo a estas atrocidades e nós o traducimos ao galego e agora volos
colamos (en ambas linguas) e alén damoslle un apartado especial na nosa
coluna da direita para facilitar a súa descárrega (en pdf) e que
permaneza ben visíble para escárnio dos autores desta barbarie, xente
despreciábel que se aproveita da dificultade de sacar estas denuncias de
torturas e malos tratos dos muros das prisións.
Colamos acá tamén o seu índice temático e máis a súa introducción:
Índice
– PRESENTACIÓN DO DOSSIER.
– OS CÁRCERES COMO INSTRUMENTO DO ESTADO.
– POBOACIÓN RECLUSA POR TIPO DE DELITO E LEI.
– RECLUSOS SEGUNDO CLASIFICACION EN 2015.
– SITUACIÓN DA POBOACIÓN RECLUSA EN 2015.
– O CÁRCERE DE A LAMA (PONTEVEDRA).
– QUÉ ESTÁ PASANDO EN A LAMA?
– CRONOLOXÍA DENUNCIAS EN A LAMA.
– A TORTURA.
– A IMPUNIDADE.
Os cárceres non se humanizan, destrúense.
E cando non se poden destruír, fóxese delas,
aínda que haxa que levarse por diante
todo o que fai posible a súa existencia.
Gilbert Ghislain
PRESENTACIÓN
O motivo de elaborar este informe é o importante incremento de
mortes, agresións e denuncias polas condicións que se están a vivir no
penal de A Lama nos últimos anos. Facémonos eco do que está a pasar
nesta prisión, polo elevado número de casos que se están a dar
recentemente, pero sen esquecer que non son casos illados nin puntuais
dunha prisión ou outra senón que é a norma xeral das prisións do estado
español, onde en maior ou menor medida, pero sempre de forma
sistemática, vemos como se agride e illa as persoas presas, iso si,
sempre dende a máis absoluta impunidade e ao abeiro dos diferentes
xulgados, institucións, normativas, organismos… etc, en teoría
garantistas dos dereitos das persoas presas e que en realidade só son,
ou ben, outro erro da institución penitenciaria como pretenden facernos
crer, ou unha política de todo vale para o control e dominio da
poboación, reclusa ou non, baseado na submisión a través do medo.
Hai que ter en conta as dificultades que nos encontramos á hora de
coñecer os casos e as denuncias interpostas contra o cárcere e somos
conscientes de que esta recompilación é só a punta do iceberg, quedando,
a maior parte, inmersa no máis profundo silencio e un total hermetismo.
Como dicía un compañeiro preso, os muros do cárcere non se construíron
soamente para que as persoas non puidesen traspasalos senón para que
todas as situacións de abuso e violación dos dereitos fundamentais de
calquera persoa que se dan no seu interior tampouco saian ao exterior e
sigan cometéndose todo tipo de atropelos sen a posibilidade de evitalo
ou tan sequera denuncialo.
Queremos romper coa idea de que existe algunha finalidade positiva do
encerro destas persoas, máis alá do beneficio económico que representa
para os seus defensores. Tanto o estado coma a administración
penitenciaria móstrannos o claro camiño represivo ao que está enfocada
toda esta maquinaria xudicial, enaltecedora da xustiza, ou polo menos do
que eles consideran a súa xustiza e o seu estado de dereito. Hoxe en
día non só enténdese o encerro como a mellor vía, a pesar de existir
medidas alternativas reguladas, senón que se difunde como a única con
posibilidades reeducadoras, rehabilitadoras e resocializadoras para con
“os monstros acívicos e inhumanos” que rematan encerrados nelas, sen ter
en conta que o 60% destas persoas presas o están por delitos contra a
propiedade e contra a saúde pública, osea, que son encerrados por o mero
feito de ser pobres e non porque representen un perigo real para o
resto da sociedade. Só unha pequena porcentaxe de persoas presas teñen
características psicopáticas, violentas ou perigosas, e non obstante
tamén existe esa porcentaxe en persoas que non están privadas de
liberdade, xa sexa porque teñen un nivel económico que lles exime das
consecuencias dos seus actos ou porque directamente son os esbirros do
poder que gozan dunha total impunidade. Vendo as numerosas denuncias
interpostas contra os corpos de seguridade do estado observamos que, se
ben en moi poucos casos se consegue levalos aos tribunais e probar a súa
culpabilidade, ao pouco tempo son indultados polos gobernos aos que
serven ou postos rapidamente en liberdade ao facilitarlle comodamente
uns beneficios penitenciarios aos que a maioría de nós nin sequera
accedemos por non se considerar un dereito en si mesmos.
Todas estas razóns, xunto coas agresións, as torturas, o illamento
prolongado e o elevado número de mortes… etc, que en definitiva son o
resultado real de todos os sistemas penitenciarios, sexan do tipo que
sexan, son as que nos levan, xa non só, a cuestionarnos o modelo
penitenciario implantado senón que nos conduce a un rexeitamento total
dos cárceres en si mesmos, dos seus creadores e de toda a súa armazón
política.
…………………
Introducción para
Abordaxe x Xan do Can