Amosando publicacións coa etiqueta CP Soto del Real. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CP Soto del Real. Amosar todas as publicacións

28/10/14

[Soto del Real, CP Madrid V] Represalias contra 5 presos que estiveran en folga de fame

carcere=tortura que non quede na sombraextraido de Abordaxe Revista
Vimos de saber pola web da Campaña Cárcere=Tortura que dende o día 1 ao 5 de outubro, cinco presos no cárcere de Soto do Real, Madrid V, puxéronse en folga de fame en protesta polo “trato degradante, vexatorio e abusos de poder” cometidos no día a día por parte dos funcionarios da prisión. Entre estes presos encóntrase Gabriel Walter Pinto Maturana, quen relata entre outros abusos cometidos contra a súa persoa ser sometido a cacheos con espido integral esixíndolle facer sentadillas (flexións); cacheo en cela retirándolle, baixo o pretexto de ser obxectos prohibidos, algúns aparellos persoais que no seu día foron entregados polos mesmos funcionarios (neceser de plástico, álbum de cartón, barra de incenso…) e que non son considerados como tal nin sequera nas normas internas de réxime pechado aprobadas pola prisión ou non lle permitir realizar actividades durante 1 mes en represalia polo anterior. Xunto con el, Luis Miguel Mingorance Corral, Yeray Madrid Poblete, Felix Martin Ruiz e Jose Luis Beceiro Vidal, fartos de tanto abuso e impunidade deciden levar a cabo este acto de protesta. A resposta, máis abuso e represalias. O día 2, tras o primeiro día de folga, ábreselles un parte a cada un deles por cometer dúas faltas moi graves, “agredir, ameazar, coaccionar persoas… ” e “divulgación de noticias falsas” polo que se lles impón a sanción de “illamento en cela entre 6 e 14 días” por cada unha (ver imaxen colada tras “seguir lendo ->”).

denncia
Ante a impotencia de ver como se cometen este tipo de abusos día tras día e a imposibilidade de defenderse por parte dos presos, non queren ficar calados. Gabriel informa do sucedido e nos deixa estas súas palabras (mantemos o texto na súa lingua orixinal):
“Muchachxs, conocemos los abusos de poder que se ejercen en las cárceles, y nos encontramos siempre con la indefensión ya que al gozar los carceleros del “seguro” del principio de veracidad lxs presxs se ven completamente desamparados, con sanciones encubiertas, traslados, palizas y sumarios. Difícilmente tenemos pruebas de los hechos porque no tenemos opción a la defensa ya que la vulneración de todos los derechos comienza en prisión y las protestas con quejas a JVP y otros estamentos es algo inaceptable, porque EL QUE ABUSA DE PODER SIEMPRE QUIERE LLEVAR LA RAZÓN. Y esto que publico es una mínima prueba de lo que sucede en las cárceles”.
Firma Gabriel W. Pinto Maturana. CP Madrid V.

31/08/14

Actualización [CP Madrid V - Soto del Real] Campaña de envío de faxes (27/08-3/09) en solidariedade con o preso Pedro Pablo Peña Valderas

(extraido de Abordaxe Revista)

 Escrébennos desde o Grupo de Apoio da Galiza Norte da Campaña Cárcere=Tortura, para dar conta dunha campaña de apoio para con Pedro Pablo, preso enfermo moi grave que foi maltratado e encirrado en régimen especial de castigo (illamento) no cárcere de Soto del Real, situación que xa denunciáramos en Abordaxe a primeiros deste mes de agosto.

Gabriel W. Pinto Maturana, preso da "Campaña" actualmente encirrado tambén no CP de Madrid V - Soto del Real, fixolles chegar unha proposta de envío de faxes desde o mércores día 27/08 ao mércoles día 3/09 para enviar en protesto pola situación de maltrato á que teñen sometido a Pedro Pablo Peña Valderas, preso no seu mismo módulo.

01/07/13

Condenado por abusar sexualmente de varias presas, "Funcionário" do cárcere de Soto del Real.



A Audiencia Provincial de Madrid condenou a penas que suman 25 anos e medio de cárcere o funcionario que abusou sexualmente de varias presas no centro penal de Soto del Real (Madrid). O acusado foi sentenciado por un delito de violación, dous delitos de agresión sexual, un delito de abuso sexual e un delito continuado de abuso no exercicio da súa función.
Polo delito continuado de abuso no exercicio da súa función é condenado a catro anos de prisión e a inhabilitación absoluta por dez anos, mentres que polo delito de violación é condenado a doce anos de prisión coa accesoria de inhabilitación especial para emprego ou cargo público, mesmo de natureza electiva, relacionado coa garda ou custodia de persoas. Por cada un dos dous delitos de agresión sexual é condenado a catro anos de prisión mentres que polo delito de abuso sexual é condenado a un ano seis meses e un día. De todos os xeitos, a Audiencia fixou o máximo de cumprimento da pena de prisión en vinte anos.
Ademais, impúxoselle a prohibición de aproximarse a menos de 500 metros das prexudicadas, ao seu domicilio, lugar de traballo ou outro lugar que frecuenten, así como comunicar con elas por calquera medio, fixándose a duración en trece anos respecto de F. V.; cinco anos para D. M. V. e Tina S., e dous anos para M. J. A..
Ademais, Miguel Anxo P.H., coa responsabilidade civil subsidiaria da Dirección Xeral de Institucións Penais, indemnizará con 4.000, 6.000, 1.000, 12.000 euros respectivamente as afectadas.
No escrito de acusación, o fiscal relata que o procesado exerceu un acoso de carácter sexual polo menos durante 2007 e 2009 respecto de varias internas. O fiscal recolle varios episodios de acoso.
Mais información aquí.

Extraido de Esculca Web

09/03/13

Artigos de Adri, "Senlheiro", desde Soto del Real


Figerom-nos chegar ao nosso correio desde o "Colectivo de Apoio a Senlheiro" estes 3 escritos desde as celas de Soto del Real (segue a espera de ser transladado em breve a Villabona, Asturies) para a sua publicaçom, ao que acedemos gostosas:

1.- "A TV é a mitade da condena, fai-te com umha"

Fôrom as últimas palavras do Chefe de Serviço da prisom de Soto del Real depois de deixar-me na cela de isolamento. Afortunadamente levava comigo umha rádio de mão quando, caminhando polo monte, botáram-se em riba de mim mais de dez encarapuçados que, durante mais de 2 horas, adicárom-se a denigrar-me, golpear-me e torturar-me psicologicamente.

Umha folha em branco e o calor humano dos outros presos é o que che fai seguir adiante quando chegas aqui, depois duns dias nas mãos da polícia, incomunicado, onde não tes absolutamente nada, e como muito podes escrever algo, se as paredes som amarelas, com o arámio da "chupa". As primeiras saídas ao pátio, caminhar dum lado a outro conversando com outra pessoa com a sua história própia. Histórias e palavras que som umha boa droga para a supervivência.

Entom das-te conta do contraste: aqui o tempo é infinito, quase um inimigo, nom há presa porque tampouco che deixam ir a nengures, claro (21 horas na cela e em frente um muro). Na rua é ao contrário: o tempo é ouro, sempre há que mover-se, ir algures, mas muitas vezes com presa, sem sentido. O trabalho, o tráfego, a discoteca, o facebook, as obrigas, "ser alguém!", o INEM, os "trapis", os videojogos, o espectáculo, mudanças, o google no que todo aparece..

Aqui nom temos nada, aparte do sustento mais básico (como os porcos no cortelho) mas temos ainda a nossa mente. Por isso oferecem-nos pastilhas ou recomendam-nos mercar umha televisom.

"A melhor arma do opressor é a mente do oprimido"

2.- De Quistiláns a Soto del Real.

-Menudo câmbio!.- Di-me o velho atracador madrilenho.- Antes no monte coas galinhas, e agora aqui metido!

14/02/13

Novidades 14/02 Gabriel Pombo Da Silva. Supresión dos Vis a Vis.


Por razóns que descoñecemos, quitáronlle a Gabriel os Vis a Vis que tiña previsto coa súa familia, ante as súas protestas alegan que ten que ser a DGIP quen de o visto bo.
 Por outra banda, R.A.B, preso que denunciou torturas na cadea de A Lama, e fora trasladado a Ourense cunha restricción de Vis a Vis por 6 meses coa súa nai e o seu fillo, gañou o recurso estimando o xuíz que tal medida non tiña razón de ser.
Alegrámonos por estas pequenas victorias que fan que a vida dos nosos compañeirxs sexa un pouco máis soportable.

12/02/13

Gabriel Pombo en FIES-5, loitando por un trato digno e que lo traigan para Galiza, preto da sua familia.

Fai uns dias Pastora, a nai de Xosé Tarrio recibiu unha carta de Gabriel Pombo da Silva, preso no cárcere de Soto del Real, Madrid.
Gabriel e unha persoa que leva moitos anos loitando dende o interior da besta, lembramos que foi gran amigo de Xosé Tarrio, xa que compartiron FIES durante longo tempo.
Tras estar uns anos encerrado en Alemania, recentemente foi trasladado a Madrid, e dende entón fixéronlle a vida imposible.
Gabriel pide que as persoas solidarias escribamos e mandemos faxes para que sepan que non está só, que ten apoio fora.
A súa principal reclamación é que o traian para Galiza, para así poder estar preto da súa familia.