26/03/15

URXENTE! Qué pasa en A Lama?? Nova malleira dos carcereiros a Reinaldo Gómez Guijarro, “Jaro”. Envío de Faxes Solidarios

 
O cárcere de A Lama, especialmente o seu departamento de máximo castigo, estase a facer famoso como un lugar parecido a Auschwitz, dado o desprezo da dignidade humana demostrado alí polos axentes estatais. Sen remontarnos máis atrás, é o lugar onde Emilio Sánchez del Peso estivo 50 días en folga de fame para denunciar as torturas e malos tratos que alí se practican; onde Javier Guerrero Carvajal iniciou a súa, que está a punto de levalo á morte tras máis de cen días de privacións, contra a arbitrariedade, indefensión e abandono a que se somete ás persoas presas; onde “se encontrou” aforcado a principios deste mes a Borja Martín Gómez,”Volvo”, ou onde morreu en abril do ano pasado Eugenio García Serrano, “Gavioto”, oficialmente por unha sobredose de droga. “Suicidio”, “accidente”, din os papeis das administracións carcereira ou xudicial, pero aos que lles querían non se lles quita da cabeza a idea de que foron asasinados polos carcereiros. Como di unha querida e respectada compañeira galega, “os loitadores non se suicidan”.
(extraido de Abordaxe Revista)
En febreiro pasado, a súa familia e amizades facían un chamamento á solidariedade con Reinaldo Gómez Guijarro, “Jaro”, que fora trasladado arbitrariaremente ao módulo de illamento da terrible trena pontevedresa. Encerrárano na mesma cela onde morreu o seu compañeiro e amigo Gavioto. Alí, dende o primeiro día, foi ameazado: “Xa sabes quen estaba aí, ti verás como queres rematar”, sendo sometido en todo momento a unha dinámica permanente de acoso e intimidación das que tantas veces remataron en “suicidio”, como saben quen viviron ou presenciaron situacións parecidas, moi habituais nos cárceres españois. A súa xente temía pola súa vida e por iso fíxose pública a súa situación e pedíronse mostras de solidariedade e apoio. Ao principio, cambiáronlle de cela, e a cousa parecía estar en vías de mellorar, pero a estas alturas non só non foi así, senón que empezou a pasar o que se estaba a temer: antonte recibiu Jaro dos carcereiros unha malleira de morte.
Foi por unha norma arbitraria das que se adoitan impoñer nos illamentos: enriba de que estás encerrado, non che podes tombar, por exemplo, na cama durante o día; non hai ningunha razón válida, é só porque lles dá a gana a eles, unha táctica máis de control e intimidación. A Jaro pilloulle un boqueiras botado na cama e chamoulle a atención de moi malas maneiras, replicándolle el en lugar de achantar. O “funcionario” saíu correndo e regresou cuns vinte carcereiros máis, dicíndolle que lle ían cambiar de cela; o día anterior, nun cacheo, esnaquizárano todo na que ocupaba nese momento. Alxemáronlle e, mentres andaba polo corredor rodeado de carcereiros, un deles lanzoulle un guantazo, el intentou defenderse, pero botáronselle enriba e malláronlle, leváronlle pola forza a unha cela e alxemáronlle boca abaixo á cama, postura na que estiveron a golpealo ata que se cansaron. Agora ten un gran derramo nun ollo, hematomas por todo o corpo, fortes dores nas costas e dificultades respiratorias, todo a consecuencia da tremenda malleira. Sabemos que o martes pasado outro compañeiro, Enrique Silva Montoya, “Piyayo”, recibiu tamén dos carcereiros unha gran malleira ao ser levado ao sinistro departamento de castigo do cárcere de A Lama.
De momento, sirva esta nota para informar do que está a pasar. Aínda que xa estamos a ver que ata agora non serviu de moito, mentres se tramitan as correspondentes denuncias e pénsase que máis facer, non estaría de máis dirixirse por fax, por correo ou por teléfono á dirección de A Lama, á secretaría xeral carcereira e ao xulgado de vixilancia penitenciaria denunciando a situación e protestando por ela.
NO CÁRCERE DA LAMA ESTÁN MACHUCANDO A NOSA XENTE!
NON PODEMOS CONSENTILO!
Secretaría General de Instituciones Penitenciarias.
Calle Alcalá 38-40. 28014 – Madrid
E MAIL: dgip@dgip.mir.es; TEL: 91 335 48 76; FAX: 91 335 40 64-913354940
Centro Penitenciario de A Lama
Monte Racelo s/n. 36830 Pontevedra
TEL: 986 75 80 00; FAX: 986 75 80 11
Juzgado Vigilancia Penitenciaria nº 2 (Pontevedra)
Plaza Tomás y Valiente, s/n. 36071Pontevedra
TEL: 986 80 51 43; FAX: 986 80 51 41

09/03/15

Ahorcado En La Cárcel De A Lama Borja Martín Gómez

(extraido de Bolentin Tokata)
Según www.farodevigo.es, ha “aparecido” muerto, ahorcado, en la celda del módulo de primer grado donde estaba encerrado, en la cárcel de A Lama, el compañero Borja Martín Gómez, Volvo. Borja era un preso rebelde y reivindicativo que participó, por ejemplo, muy activamente en la campaña Cárcel=Tortura. Lo solían trasladar muy a menudo por su suspuesta “conflictividad” y cada vez que llegaba a una prisión nueva proponía a todo el mundo participar en los ayunos; animados por él se sumaron muchos compañeros. No nos fiamos ni poco ni mucho ni nada de la versión oficial, pues, conociendo a Borja, no nos parece que pudiera tener él ánimo de ahorcarse. En A Lama, prisión famosa por la violencia y mala fe de sus carceleros, murió también supuestamente ahorcado en abril pasado Eugenio García Serrano, Gavioto, sin que sus familiares y amigos hayan podio disipar sus sospechas de que no lo fuera por su propia mano. Recordamos con rabia y cariño a nuestro compañero Borja, corresponsal durante varios años de nuestro  boletín, y esperamos les llegue a quienes le quisieron que la gente del Tokata compartimos intensamente el dolor por su muerte. A continuación, un poema suyo  que nos envió en mayo de 2011.
A ti, Libertad…
A ti, LIBERTAD, que permaneces en vigilia en el sendero de las ansias.
Que percibes la humedad de las lluvias interminables y el hielo de las nieves perpetuas.
Que sientes los pétalos de una flor negra: la de las tristezas densas.
No sufras…
No estás sola…
No temas.
Pues la vida es un trozo de mármol y nosotros los cinceles que golpean la piedra creando la estatua inacabada de nuestros actos.
Atiende, LIBERTAD,
Atiéndeme ahora que te he encontrado:
Busca en tus nervios la tensa sinfonía de los años muertos y derrama en cada nota el silencio de tus miedos.
No sufras…
No estás sola…
No temas.
Pues nosotros somos los sensibles cinceles
Que rebeldes golpean violentos la piedra.
                                                Borja Martín Gómez

[Pontevedra] Info actualizada sobre a folga de Javier Guerrero. Texto solidario


 
O compañeiro Javier Guerrero Carvajal leva dende o pasado 11 de decembro de 2014 en folga de fame esixindo, ademáis das demandas da propia campaña Cárcel=Tortura e da loita dxs outrxs presxs contra os malos tratos e os abusos nos cárceres do Estado español, que se revise a súa situación para que lle sexan devoltos os permisos de saída que lle foron retirados como castigo por unha sanción claramente inxusta, e que buscaba, xunto a moitas outras agresións a Javier, tratar de sometelo e impedirlle continuar denunciando o que acontece tras os muros.
(extraido de Abordaxe Revista)
Damos pulo ao correio que nos fixeron chegar os asinantes do texto “algúns anarquistas da cidade de Pontevedra” que se están movilizando en solidariedade con Javier Guerrero, do que nos contan que “xa está a piques de alcanzar o terceiro mes en folga de fame. O motivo polo cal aguantou tanto é que, cando foi operado dos riles, suministráronlle suero, e iso puido calmar un pouco os efectos da súa protesta. Sen embargo, atópase en grave perigo. Agradecemos por tanto difusión por todos os medios posibles”.
Dende Xaneiro, o compañeiro permanece ingresado na Unidade Penitenciaria do Hospital Provincial de Pontevedra, tras un agravio serio da súa saúde ligado a dúas breves folgas de sede – de catro días a primeira e de dous días a segunda – que sumou á súa folga de fame. Alí, Javier rexeitou os sueros e a comida, e a pesar das ameazas diversas que ten recibido (atalo á cama, poñerlle suero contra a súa vontade e outras) continúa a súa loita. O persoal do hospital actúa como cómplice desta tortura e seguindo as ordes da administración penitenciaria de A Lama (prisión pontevedra onde se atopaba internado no momento de iniciar a súa folga de fame) seguen sen deixarlle recibir visitas ou chamadas telefónicas dxs seus familiares e amigxs, limitándolle as visitas dxs abogadxs e negándolle o acceso ó seu expediente médico e á información acerca do seu estado de saúde. Todas estas medidas teñen coma obxectivo tentar disuadilo de continuar coa súa protesta.