1181
QUILÓMETROS
Novas Noelia Cotelo.
En primeiro lugar dende afapp-gz e os familiares de Noelia queremos
agradecer todas as mostras de apoio que recibimos, tanto de
asociacións como a nivel individual de moitas persoas. A loita por
Noelia é unha loita por todalas persoas presas que sofren as
inxustas políticas de encerro, políticas cada día máis
cuestionadas que esperamos coa forza de todas cambiar.
Queremos que saibades todas as persoas que acudistes á
concentración da Coruña, que Noelia puido escoitar os vosos berros
solidarios a través do teléfono nun momento en que se atopaba baixa
de ánimos e isto subiulle a moral e alegroulle o día. Por iso
queremos deixar claro, cada acción solidaria que na rúa pode
parecer pouco é moi agradecida polas persoas que están sufrindo
dentro.
Lamentamos informar que Institucións Penitenciarias continúa coa
súa política de dispersión. A Noelia xa lle avisaron: “haz el
paquete que te vas de cunda”, por desgraza non a traerán para
Galiza como queremos, afástana aínda máis, lévana a Granada, a
1181 km da súa residencia, 1181 km separaranlle da súa familia
Alegrámonos de que Noelia próximamente salga de Brieva, cárcere
de psicópatas e torturadores. Preocupámonos polo resto de mulleres
presas que se quedan alí, obrigadas a estar caladas, consentir
abusos psíquicos, físicos e sexuais. Portarse “ben” se non
queren acabar como Noe, golpeadas, vexadas, illadas. Esperamos que
chegue o día en que se faga xustiza e estas mulleres poidan
recuperar a súa dignidade.
Non sentimos a dispersión de Noelia como unha derrota, moito
avanzamos estes meses, a difusión e concienciación social
incrementáronse, a crítica ao sistema carcerario expandiuse, e de
novo se evidencia, a Dirección Xeral de Institucións Penitencias é
o que é, unha ferramenta en mans do sistema capitalista, que non
mira polas persoas senón por manter a sociedade nos parámetros que
aos mesmos gobernantes interésanlles. Medo e terror, as súas
principais armas.
Proximamente Noelia será sacada da súa cela, custodiada coma se
fose a muller máis perigosa do mundo ata o furgón policial, onde
será entregada á Garda Civil para que realicen o traslado, pasará
longas horas “engrilletada” a un asento de ferro, sen
posibilidade de moverse en caso de accidente ou necesidades
fisiolóxicas, dentro dunha gaiola de ferro sen fiestras nin
ventilación. Se todo vai ben chegará a Albolote, sacarana de esta
gaiola de ferro e entregarana a outros funcionarios. Comeza o ritual
de novo..
Dende o primeiro día queremos que en CP Albolote saiban que estamos
moi pendentes de Noelia e todas as persoas presas, dende o primeiro
día enviaremos faxes esixindo que:
Lle autoricen a entrada dun médico independente.
Lle autoricen a comunicar coa súa familia e amigxs.
Lle autoricen a continuar os seus estudos.
Lle autoricen a realizar actividades.
Por todo iso, unha vez máis necesitamos da vosa solidariedade,
estade atentas, informaremos...
Novidades Xudiciais Noelia
Cotelo
Caso 1
O Xulgado Nº 1 de Ávila reabriu o que pechou o
Nº2 sobre a agresión e abuso sexual do 23 de Outubro.
A razón,
dixo a xuíza, foi que recibira varias cartas de internos en prisión
que denunciaban os feitos. Así que parabéns para os compañeiros
que mandaron cartas. Tamén se mostrou moi interesada durante a
declaración no tema do abuso sexual, insistindo en que lle dese
tódolos detalles.
Por este caso viuna o forense e fíxolle
fotos.
Nesta semana pediremos as probas que se nos negaron a vez
anterior, gravación de cámaras e testifical de Lola.
Caso
2
Este mesmo xulgado ocúpase do suposto atentado que Noelia
cometeu contra o director do C.P de Ávila, Jesús
Martín Moreno. Hai denuncias cruzadas sobre os feitos xa
que nós tamén denunciamos a malleira sufrida por Noelia neses
días.
Por este caso tamén a visitou o forense.
Caso 3
A
última malleira sufrida a pasada semana foi denunciada o Mércores
17 no Xulgado de Ávila e de forma solidaria pola nai Dolores no
xulgado da Coruña. Aínda non sabemos que xulgado a tramitará.
O
día 30 de Abril citaron a Dolores a declarar ao JVP da Coruña en
relación a unha denuncia dun Centro Penitenciario, non sabemos cal.
¿SON Os CÁRCERES A SOLUCIÓN Ou PARTE DO PROBLEMA?
afapp-gz.blogspot.com