20/04/14

[Ourense] Martes 22 de abril Xornadas "Cárcere nas entrañas"

Damos pulo a esta convocatoria:

Martes 22 de abril na Facultade de Ciencias da Educación:


Programación:

11:00 a 13:00 A Criminalización da Inmigración a cargo do Colectivo "A Desalambrar"

16:00 a 16:45 Rompendo o silencio. Unha visión dende dentro Testemuña en 1ª persoa

16:45 a 18:30 A condena das familias a cargo de "Nais contra a impunidade"

10:00 a 19:00 Exposición "Libre libre quero ser" Dibujos, comunicados, fotografías e poemas de presxs; biblioteca e distribuidora informativa.


extraido de Abordaxe Revista

[Lleida] Urxente .- Martes 22 ás 12:00 Concentracíon en Apoio a Abdel en Folga de Fame dende o 12 de marzo no CP Ponent

MARTES 22 ás 12:00 CONCENTRACIÓN DE APOIO a Abdel en folga de fame dende o 12 de marzo praza Paeria

Abdel superou a metade da condena, segue en segundo grao, sen ningún programa de tratamento individualizado. Asistiu ao programa DEVI, curso que lle permitiría gozar de permisos, pero suspendérono con criterios subxectivos. Dende finais do ano 2011, Abdel considera que lle están a poñer trabas en todo o que fai, cre que a raíz de que denunciou un educador, e que por este motivo llela teñen xogada.

Dende as autoridades do Centro Penitenciario de Ponent acúsano de feitos falsos relacionados con pelexas e tenza dun teléfono móbil (que nunca lle encontraron), ademais rexistráronlle a cela inxustificadamente, tomándolle a libreta de teléfonos, prohibíndolle as comunicacións e trasladándoo ao módulo 6 (en condicións máis duras). Foi amoestado e puxérono en illamento. Estes feitos pasaron a principios do ano 2014.

Con motivo desta situación insostible iniciou unha folga de fame o pasado 12 de marzo.

14/04/14

Francisco Solar trasladado a Villabona (Asturies)

NINGÚN/NHA COMPAÑEIRO/A SÓ NAS POUTAS DO ESTADO


Sobre a situación de Francisco Solar e Mónica Caballero

Hai xa cinco meses que as compas Mónica Caballero e Francisco Solar se encontran encarceradas baixo o réxime FIES e dispersadas pola xeografía do estado español. Están en prisión preventiva, á espera de xuízo, acusadas, xunto a outras tres persoas (que tambén foran detidas na mesma operación e que están en liberdade con cargos) de pertenza a organización terrorista, estragos consumados e estragos en tentativa.

Francisco Solar acaba de ser traslado á prisión de Villabona, en Asturias. O sábado 12 de abril o noso compañeiro chegou, despois de se pasar durante toda a semana por diferentes cárceres (Madrid, Burgos, Cantabria) a Asturies, onde repentinamente decidiron trasladalo despois de pasar tres meses na prisión de Córdoba, onde estivo todo o tempo en illamento, coa dificultade constante para autorizar chamadas e coa ameaza persistente de retirarlle todas as comunicacións, agora trasládano de novo, e xa é o terceiro cárcere ao que é destinado neste tempo.

09/04/14

Xantar Pro-Presxs VIgo. Solidariedade "Xs 15 de Arteixo"

Adiántase o comedor vigués en apoio aos presxs en loita ao Sábado 12 de Abril, a partir das 14,30
na Cova Dos Ratos (Rua Romil No3, baixo).
Queremos dedicar o comedor a Nais Contra A Impunidade, destinando os ingresos aos gastos do
proceso "Os 15 de Arteixo" (mais info aqui)..
Ao finalizar o comedor explicarase brevemente en que consiste o proceso "os 15 de Arteixo".
Todo o noso cariño e a nosa solidariedade para as nais en loita.



Unión, Acción, Autoxestión
Cárceres Demolición
Grupo de Apoio Gz.Sur, Campaña Carcere=Tortura