29/12/12

VIDEO NOELIA COTELO

http://galizacontrainfo.org/c%C3%A1rceretortura-solidariedade-con-noelia-cotelo
<iframe src="http://blip.tv/play/hptJg4v5ZgI.html?p=1" width="550" height="443" frameborder="0" allowfullscreen></iframe><embed type="application/x-shockwave-flash" src="http://a.blip.tv/api.swf#hptJg4v5ZgI" style="display:none"></embed>

27/12/12

MODELO FAX 31 DECEMBRO


EsCULcA solicita información sobre inspección ao cárcere da Lama


DELEGACIÓN DA DEFENSORÍA DEL PUEBLO
27/12/2012
Con data 26/12/2012 EsCULcA enviou escrito à Defensoría del Pueblo en que solicita información da visita realizada ao cárcere da Lama por unha delegación dese organismo para inspeccionar varias dependencias, entre elas o módulo de isolamento, e manter entrevistas con internos do penal. O penal acumula queixas por vulneración de dereitos das persoas presas. 
EsCULcA solicita asi mesmo ser tida como parte no expediente que se incoe a raiz desta entrevista con traslado das conclusións que se tiren das inspeccións realizadas. Entende que procede estimar esta solicitude por canto esas conclusións serán finalmente publicadas no relatorio anual da Institución e por as diferentes queixas presentadas polo noso Observatório acreditan un interese público no coñecemento das mesmas.

25/12/12

XIII MARCHA A TEIXEIRO

Noticia extraida da Web abordaxerevista.blogspot.com

Pois si, para os que xa pensabades que este ano non habería a xa tradicional marcha ao cárcere de Teixeiro, aquí tedes o cartaz para asegurarvos de que os bos costumes nunca se perden. Pode que un pouco tarde en comparación con outros anos pero os presos non quedarán sen a súa habitual porción de solidariedade natalicia.
Comunicada oportunamente ás autoridades (im)pertinentes para evitar as non menos tradicionais sancións, a marcha partirá o sábado 12 de xaneiro ás 12:30h da gasolineira pasdo o polígono de Teixeiro (N634 Km663), para percorrer a pé a distancia que a separa do presidio e achegarlles aos reclusos os nosos máis sentidos berros solidarios.

Atentos a posibles convocatorias de movilizacións anticarcerarias para esa mesma tarde nalgunha cidade galega que reproduciremos neste blog en canto teñamos máis información delas.

22/12/12

Graves Deficincias Y Pésimas Condiciones En Teixeiro y A Lama



Graves deficiencias en la asistencia sanitaria y de infraestructuras en el CP de A Lama y el CP Teixeiro -donde no hay infraestructuras adecuadas para las horas reservadas al ocio, faltan programas de actividades y la atención odontológica y psiquiátrica es pésima-.
En materia de infraestructuras, en  el C P A Lama los penados que se hallan clasificados en primer grado, régimen de vida cerrado, segunda fase, modulo XV,durante el tiempo que disfrutan reglamentariamente de patio (cuatro horas) tienen acceso a un patio descubierto, lo que determina que, dada la climatología de Galiza en el invierno, el disfrutar del tiempo de “patio” se vea a veces impedido, sin que se haya instalado alguna estructura material para impedir las adveras condiciones climatológicas.

21/12/12

Noelia non está soa. Stop Malos Tratos. Stop Dispersión.


Noelia. 25 anos. Unha persoa. Unha muller. Unha rapaza, que o Estado, o xuíz, o carcereiro deciden pechar. Deciden quitarlle a liberdade. Deciden maltratala, illala, vexala, violala, afastala da súa terra. E todo isto coa complicidade dun sistema o que non lle interesa acabar con as vexacions e os malos tratos, coa complicidade de cada unha e cada un de nós.
Entra  na cadea pra cumprir un ano e medio, agora leva 5 e non coñece nin cantos lle quedan. 5 anos aguantando todo tipo de presións e malos tratos, 5 anos nos que a institucion non parou de facerlle a vida imposibel a ela e a sua familia lonxe da sua terra.
Se non o evitamos seguirán facendo que as bágoas surquen as meixelas da súa nai. Impunes estanllo a facer a Noelia, a Laura, a Daniel, a Óscar, a cada unha e cada un d@s nos@s fill@s, a todas as que decidan protestar.

As persoas presas solidarízanse con Noelia


O día 31 de decembro realizarase un envío masivo de fax ao Valedor do pobo e á Dirección Xeral de Institucións Penintenciarias en solidariedade con Noelia e a súa familia.
Xs presxs organizadxs na campaña Cárcel=Tortura decidiron solidarizarse mandando o seguinte escrito de denuncia.

Se queres loitar por Noelia e todas as persoas presas, envíallo aos teus achegadxs encerradxs.