extraido de Abordaxe Revista
![IMG-20151220-WA0007](https://abordaxe.files.wordpress.com/2016/01/img-20151220-wa0007.jpg?w=647&h=239)
ACTUALIZACIÓN
Dizer que compas solidárias galegas nos remitiran na semana pasada un seu correo (que non vimos ata hoxe por razóns que non imos contar aquí) manifestando o seguinte ao respeito da luita do compa.
O companheiro Xurxo quere agradecer a toda a xente que lle esta a enviar cartas en protesta pola restricción das comunicacions ao que se ve sometido. Motivos de seguridade son os que esgrimen tanto o cárcere como o xuiz de vixiancia penitenciaria por estar en contacto con outros pres@s en loita, con persoas libertarias e, incluso, por escribirse con pres@s que, a sua vez, se escriben cun FIES. Rocambolescos e inxustos argumentos, represión ideolóxica e tortura de aillamento por intentar non perder o contacto coa sua xente.
Os carcereiros tenhen retidas mais de 30 cartas por non ter remitente e son pocas as que lle entregaron.
Enviemoslle mais animo nos primeiros días de ano. E o día 9 de xaneiro fagamos que escoite os nosos berros.
BASTA DE REPRESIÓN NAS CADEAS, PAREMOS O CONTROL IDEOLÓXICO!!!
Liberdade para tod@s, solidariedade con Xurxo, Xavi, Toni, Noelia,etc…
SOLIDARIEDADE PRESXS EN LOITA!!!
![](https://i2.wp.com/tokata.info/wp-content/uploads/2015/12/12360397_1520738444893168_6059761897984761312_n.jpg)
Colado por Xan do Can para Abordaxe