31/08/14

[A Lama - Pontevedra] Emilio Sánchez, preso en luita da Campaña Cárcere=Tortura en Folga de Fame Indefinida. MÁXIMA DIFUSIÓN.

Colamos Nota Breve facilitada polo Grupo de Apoio da Galiza Sur da Campaña Cárcere=Tortura para darlle máxima difusión (ata que teñamos máis información):


O compañeiro Emilio Sánchez, preso no cárcere de Pontevedra, A Lama, púxose en folga de fame o 14 de agosto en protesta polos malos tratos e torturas que están a recibir os presos no Bunker, o modulo de illamento.

Emilio é un preso social e libertario, integrante da Campaña Cárcere=Tortura, ao que lle queda menos de 2 anos e medio para sair en liberdade total pero a súa vontade loitadora fixo que nunca tivera permisos e que nunca fora progresado a 2º grao. Sen embargo si que pasou moitas veces polo illamento. A última vez que estivo no bunker foi cando morreu Gaviotu fai 2 meses e medio denunciando aquela vez o que para el era un asasinato xa que falou con el a noite anterior a súa morte.

Persoalmente a él non lle fixeron torturas, esta vez, pero non pode seguir vendo o salvaxismo dos carcereiros sen facer nada, ademáis fai a folga en solidariedade co preso J. S. que está a padecer malos tratos e torturas dende fai meses na ala corta do bunker de A Lama. Tamben fai esta folga para lembrar aos presxs que ou son eles os que loitan ou ninguen o fará por eles, animando a unha loita conxunta dxs presxs de todxs os cárceres do estado e axs compas presxs da Campaña a que se decidan accións conxuntas pronto pra darlle o empurrón que a campaña precisa.

En seis dias de folga xa perdeu 6 kilos e atópase moi débil para os poucos días que leva facendo a folga. Esta facendo varias denuncias da situación dos presos no illamento e pide que os grupos de apoio e a xente sensible faga as accións que vexan oportunas.

Mais info en breve.

ATA QUE TODXS SEXAMOS CEIVES!!!!


(extraido de Abordaxe Revista)

accions solidarias na Galiza

Vigueses solidarios cos presos baixo a choiva

Recibimos na nosa caixa de correos estas fotos como contributo de "dous vigueses"(*) á Semana Internacional polos Presxs Anarquistas:


A Guarda anticarceraria

Se hai dous días informábamos da contribución á campaña anticarceraria de varios anónimos compañeiros de Vigo (-AQUÍ) agora tócalle o turno á Guarda: A través do correo achegáronnos estas solidarias imaxes desté dique tan ben decorado:





(extraido de Abordaxe Revista)

Actualización [CP Madrid V - Soto del Real] Campaña de envío de faxes (27/08-3/09) en solidariedade con o preso Pedro Pablo Peña Valderas

(extraido de Abordaxe Revista)

 Escrébennos desde o Grupo de Apoio da Galiza Norte da Campaña Cárcere=Tortura, para dar conta dunha campaña de apoio para con Pedro Pablo, preso enfermo moi grave que foi maltratado e encirrado en régimen especial de castigo (illamento) no cárcere de Soto del Real, situación que xa denunciáramos en Abordaxe a primeiros deste mes de agosto.

Gabriel W. Pinto Maturana, preso da "Campaña" actualmente encirrado tambén no CP de Madrid V - Soto del Real, fixolles chegar unha proposta de envío de faxes desde o mércores día 27/08 ao mércoles día 3/09 para enviar en protesto pola situación de maltrato á que teñen sometido a Pedro Pablo Peña Valderas, preso no seu mismo módulo.