(extraido de Abordaxe Revista)
Retocamos esta entrada con o vídeo “Desde a cela” (Curtametraxe de sensibilización sobre a situación nos cárceres), do que xa subiron as lendas en galego (tendes que clicar na rodiña dentada e en “legendas” escoller o galego):Agora recollemos (e traducimos mantendo negriñas) da web do vídeo esta resposta da autora ao e-mail dunha carcereira (na web usan o termo “funcionaria de prisións”) que non cre que o noso sexa un compromiso serio e responsable; que non comparte a mensaxe; que non está de acordo con el.
Esta foi a resposta:
A verdade é que levo varios días querendo sentarme a escribirche, pero por sorte ou por azar non puiden facelo ata agora. Se me paro a pensalo poida que buscase escusas para non ter que facelo, para atrasar o momento ou que se eu, para evitar ter que lembrar o miserable que somos como especie. Agradezo moito que me enviases as túas valoracións e, se sonche sincera, esperábaas con impaciencia. Linas varias veces para saber como ou por onde empezar a escribir e, sen telo moi claro aínda, tomei a decisión de escribirche de todo corazón, sen máis. Esquecéndome das consideracións xurídicas ou sistemáticas, decidinme polas meramente humanas que, por desgraza, á súa vez, adoitan ser tamén as máis esquecidas.
Esta semana morreron dúas persoas en prisión. Poida que fosen máis, pero eu decateime de dous, que xa me parecen moitas. Diría que demasiadas, como sempre. Sempre son demasiadas, por poucas que poidan ser. A primeira desas mortes prodúcese nunha cela de illamento por incendio. Constará nas estatísticas como morte accidental, claro. Incrible. A segunda delas non é menos indignante e vén antecedida polo que decidimos reflectir no curto: torturas, inmovilizacións e a persistente negativa de asistir ao hospital; todo iso coa lexitimidade que o regulamento penal outorga a tales situacións pola necesidade de restablecer o correcto funcionamento do centro. Cláusula de impunidade onde as haxa. A súa nai Dolores conta o sucedido na seguinte ligazón. Convídoche a que o escoites 5 minutos desde o minuto 8. Fágoo co corazón encolleito e as tripas revoltas. Escoitar a esa nai é moito máis que desgarrador, pero por sorte lembreime antes de empezar a escribir que somos unha especie miserable. Xa deberiamos estar curados de espanto e, con todo, somos moitas as persoas que non nos afacemos a que iso suceda, que choramos con cada unha desas mortes, que nos afliximos con cada caso que se torna mediático na contorna anticarceraria polas irregularidades en que incorre. O día que deixemos de facelo, sinxelamente, estaremos mortos.