O
compañeiro Javier Guerrero Carvajal leva dende o pasado 11 de decembro
de 2014 en folga de fame esixindo, ademáis das demandas da propia
campaña Cárcel=Tortura e da loita dxs outrxs presxs contra os malos
tratos e os abusos nos cárceres do Estado español, que se revise a súa
situación para que lle sexan devoltos os permisos de saída que lle foron
retirados como castigo por unha sanción claramente inxusta, e que
buscaba, xunto a moitas outras agresións a Javier, tratar de sometelo e
impedirlle continuar denunciando o que acontece tras os muros.
(extraido de Abordaxe Revista)Damos pulo ao correio que nos fixeron chegar os asinantes do texto “algúns anarquistas da cidade de Pontevedra” que se están movilizando en solidariedade con Javier Guerrero, do que nos contan que “xa está a piques de alcanzar o terceiro mes en folga de fame. O motivo polo cal aguantou tanto é que, cando foi operado dos riles, suministráronlle suero, e iso puido calmar un pouco os efectos da súa protesta. Sen embargo, atópase en grave perigo. Agradecemos por tanto difusión por todos os medios posibles”.
Dende Xaneiro, o compañeiro permanece ingresado na Unidade Penitenciaria do Hospital Provincial de Pontevedra, tras un agravio serio da súa saúde ligado a dúas breves folgas de sede – de catro días a primeira e de dous días a segunda – que sumou á súa folga de fame. Alí, Javier rexeitou os sueros e a comida, e a pesar das ameazas diversas que ten recibido (atalo á cama, poñerlle suero contra a súa vontade e outras) continúa a súa loita. O persoal do hospital actúa como cómplice desta tortura e seguindo as ordes da administración penitenciaria de A Lama (prisión pontevedra onde se atopaba internado no momento de iniciar a súa folga de fame) seguen sen deixarlle recibir visitas ou chamadas telefónicas dxs seus familiares e amigxs, limitándolle as visitas dxs abogadxs e negándolle o acceso ó seu expediente médico e á información acerca do seu estado de saúde. Todas estas medidas teñen coma obxectivo tentar disuadilo de continuar coa súa protesta.

