Xs compas do CSO A Quinta da Carmiña (R/ do Carme nº 1, Vigo)
organizan esta primeira Xornada contra a Impunidade, toda unha xornada
de solidariedade e tamén de festa en beneficio das compas do colectivo
Nais contra a Impunidade, que pronto terán que afrontar un xuízo (onde
arriscan cuantiosas multas que superan os 40.000 euros ou 9 meses de
cárcere) pola súa loita contra os abusos nas prisións, e neste caso
contra a impunidade da Garda Civil e polo esclarecemento inmediato da
morte de Diego Viña no seu cuartel de Arteixo. Para atopar máis info en
Abordaxe do caso contra Nais contra a Impunidade podedes clickar aquí.
Todo o diñeiro recaudado durante o evento destinaráse ao colectivo Nais contra a Impunidade.
O programa de actividades desta I Xornada contra a Impunidade é o seguinte:
12:00h -SESION VERMUT- Quentaremos motores cuns katxarros ao aire por tódolxs presxs.
13:00h- PRESENTACION- Companheirxs do C.S.O. A Quinta da Carminha darán inicio á primeira edición desta XORNADA CONTRA A IMPUNIDADE cunha breve introducción teatral.
13:00h- PRESENTACION- Companheirxs do C.S.O. A Quinta da Carminha darán inicio á primeira edición desta XORNADA CONTRA A IMPUNIDADE cunha breve introducción teatral.
13:30h -TEATRO- Da man do Local Social Faísca coa peza IRREDIMÍBEL.
14:30h -XANTAR- Pra encher os bandullos. Paella Vegana.
16:00h -PALESTRA- O colectivo de NAIS CONTRA A IMPUNIDADE abrirán esta charla sobre a situación actual dxs presxs, dxs familiares, amigxs, conhecidxs que, dalgunha maneira imposta, viven as consecuencias dun obsoleto sistema penitenciario.
18:30h -TEATRO- “FIES e aillamento como xeito de tortura encuberta que se pasa os dereitos humans polo cú”.Con esta verdade a compañía LÚMPENS ORGANIZADXS amosarán a súa peza TORTURA BLANCA.
21:00 -CONCERTOS- Música, música e máis música