30/11/14

A CIG convocou protesto a prol dos torturadores públicos

(extraido de AbordaxeRevista)

5136 Nada de estranhar, já sabiamos que a CIG como sindicato nom tem reparo algum em afiliar torturadores, seguretas e polícias das diferentes laias, todo por un voto, todo por un delegado, todo polas quantiosas comisións que recebem do governo do estado que tanto dim criticar, mas com o que colabouram no que se precise.
De hipocritas está o mundo laboral cheio como o esta de corruptos o mundo dos representantes políticos de qualquer cor.
Soubemos por um siareiro deste blogue, que nestes dias e na web do seu jornal digital “Avatar” publicou a convocatória dum protesto diante do Centro Penitenciário de Pereiro de Aguiar para reclamar umhas Instituiçons Penitenciárias públicas e com o pessoal necessário. Supopnho que o de necessário vai na mesma medida que reclama o sindicato fascista ACAIP que sempre que opina é para se queixar de que os torturadores som poucos. De feito o texto da convocatória remata com um rotundo: “sem trabalhadores/as nom se podem desenvolver os preceitos constitucionais nem garantir a qustódia dos internos/as. Isto afectará ainda mais á seguridade dos empregados/as públicos/as penitenciários/as”. Ou seja, ò igual que òs fascistas da ACAIP só lhes preocupa a seguridade dos seus torturadores.

Esta concentraçom promovida nom só pola CIG, senom também por ELA, CCOO, UGT e CSIF, tivo lugar na entrada desta prisión ourensá este mércores passado dia 26 ás 11.00 horas, mas nem na web da CIG nem nengum falsimedio da-se conta do sucesso. (Igual nom foi ninguém).
Agora esperamos que a mesma CIG, convoque um outro dia umha concentraqçom para pedir que os seguratas (da CIG) poidam formar parte dos corpos repressivos dos cñarceres. Cai de caixom!!.
Tancredo Tantonto para Abordaxe

22/11/14

ABSOLUCIÓN PARA LOS TRES JOVENES DE LLEIDA

(extraido cárcel=tortura)


Han salido las peticiones fiscales a los tres jóvenes de Lleida que fueron denunciados por amenazas a un carcelero del centro penitenciario de Ponent y por obstrucción a la justicia. La petición de la fiscal Marta Viñuales Loriente es de 4 años de prisión a dos de ellos y 3 años al otro, sumado a una multa de más de 20.000 euros. El abogado de la Generalitat Jorge Merino Hernández amplía esta petición a 6 años para los dos primeros y 3 y medio al otro. En qué consisten estos delitos?
Obstrucción a la justicia es un delito relacionado con la presión que se hizo hace dos inviernos en los juzgados de Lleida, en las concentraciones convocadas por el grupo de apoyo a presxs en lucha de Ponent, en solidaridad con lxs presxs que denunciaban abusos en la prisión. Cuando un preso denuncia a carceleros por maltratos estos le hacen una contra-denuncia por agresiones, además de suponerle sanciones o traslados. Con estas acciones consiguen esterilizar las denuncias por torturas de los y las presas, puesto que la contra-denuncia consigue que se archive la del preso, o el traslado hace mucho más difícil el proceso de la denuncia. Sea cual sea la estrategia, el escarmiento a un preso que denuncia pasa por los aumentos de condena, las palizas o el alejamiento de su residencia. Aún así, asumiendo las represalias, muchas presas en todo el estado se coordinaron para hacer visible la situación de impunidad que se respira en las prisiones. Varios grupos de apoyo de diferentes ciudades trataron de acercar la campaña Prisión=Tortura en la calle.
La gente que fue a dar su apoyo a los diferentes juicios contra Juankar Santana Martin, (preso que secundaba la campaña en el CP Ponent, motivo por el cual fue citado varias veces a los juzgados de Lleida) asistían de manera legal como audiencia pública. De este modo ya no es tan sólo el preso el que conoce de primera mano el espectáculo de la justicia. La impunidad de la mafia carcelaria cuenta con la oscuridad de las celdas de aislamiento, pero sobre todo con la indiferencia social; y es la tensión que se respiraba ante acusaciones públicas tan serias y la respuesta social que se dio para sacarlo a la luz, que ha obligado a la policía a dar este golpe represivo. A los tres jóvenes se les acusa de asistir a estos juicios y de amenazar a un carcelero en la plaza Sant Joan durante el acto de protesta. Necesitan crear cabezas de turco para parar la lucha en Lleida, protegiendo carceleros y médicos de prisiones por su condición de torturadores, silenciando la crudeza de la realidad en las prisiones.
Hacemos un llamamiento a la difusión y a la organización de actos de apoyo desde los espacios liberados, así como a afilar nuestro ingenio para encontrar maneras de continuar la lucha. Estad atentas a las fechas del juicio de las cuales os mantendremos informadas, esperamos que os acercáis a Lleida. Los espacios que se ofrezcan para hacer algún acto, tanto informativo como para obtener fondos, enviadnos la propuesta a suportjoveslleida@gmail.com.
Para más info www.absolucio3joveslleida.wordpress.com

[C.P. Brieva, Àvila] Noelia Cotelo volta estar encirrada onde sofrera abusos

(extraido de Abordaxe Revista)
Información publicada por “v.s.” no IndyBarna (que traducimos):
NOE4 Informamos de que a compañeira Noelia Cotelo, recentemente trasladada á prisión de Brieva, Ávila, estivo enferma con vómitos a semana pasada, negàndose o C.P. a brindarlle asistencia médica. Agora mesmo encóntrase mellor, polo menos deixou de vomitar. Recordar que é neste centro de exterminio onde xa estivera secuestrada anteriormente, e no que sufriu diversas agresións, entre elas unha agresión sexual, esta concretamente por parte dun verdugo que se chama Xesús. Esta agresión foi denunciada pola compañeira, e posteriormente arquivada con total impunidade. Na actualidade, é este verdugo quen lle leva a comida.

Tamén está a haber problemas coa súa conta de peculio, e é que non lle está a chegar o diñeiro que se ingresa nela; Lola, a nai de Noe, achega a súa conta persoal para o caso de que alguén estexa interesado en apoiar economicamente á compañeira 0049 0750 2524 9027 6608, (isto pódese confirmar a través do facebook de Lola). É moi importante difundir que o que se lle ingrese na súa conta de peculio non lle vai chegar…
A dispersión cobra un novo significado cando se trata de mulleres presas, as posibilidades de aloxamento son menores, o cal amplía as escusas para as cundas, a dispersión e o illamento… Noe, compañeira en loita represaliada xa en infinitas ocasións, é un bo exemplo diso.

[CP Villabona, Asturies] Dimite o diretor após a morte de dous reclusos

(extraido de Abordaxe Revista)

Há coisa dumha semana notificamos neste blogue a morte de Juan V. H. e Jonathan Jesús A. U., presos do módulo oito desta prisom de Villabona, que foram achados mortos nas suas celas. Agora vimos de saber por Ceivar da dimissom do máximo responsável deste centro penitenciário:
villabonaO diretor do centro penitenciário de Villabona (Asturies), Esteban Suárez, solicitou a sua demissom esta segunda feira após foram atopados dous reclusos mortos nesta cadeia o passado 1 de Novembro. Os internos falecidos, Juan V.H. e Jonathan A.V., eram de origem canário, tinham entre 30 e 40 anos estavam condenados por delitos contra a saude pública e roubos. A investigaçom sobre o acontecido continua aberta e as primeiras pesquisas policiais apontam a que nom se trata dumha sobredose de drogas ilegais, segundo palavras do Secretario General de Instituciones Penitenciarias, Ángel Yuste.

A cadeia de Villabona é conhecida por ter desde 1992 e até há ums anos um programa denominado Unidad Terapéutica Educativa (UTE) que foi desmantelado polo próprio ex-director Esteban Suárez. A UTE contava com umha série de profissionais adicados à medicina convencional que tratavam de “reinsertar” à comunidade presa mediante medicamentos e terápia de forma diária. A situaçom agravou-se ao ser despedidos estes profisionais médicos já que a prisom começou a facilitar sem nengum tipo de controlo sobre reclusos todo tipo de medicaçom (anti-depresivos, ansiolíticos, etc) e incluso a dose para vários dias. A diretora da UTE, Rosa Fernández, declarou ao respeito: “tienen todas las drogas legales al alcance de las manos”, em referência á disposiçom do presos.
De igual jeito o sindicato Agrupación de los Cuerpos de la Administración de Instituciones Penitenciarias (Acaip) já denunciara em várias ocasions a dispensaçom nom regulada de medicamentos aos reclusos em Villabona e considera que a morte dos dous canários tem origem neste factor. Também há um ano o funcionário J.V.M.R. deste centro penitenciário enfrontava-se a umha petiçom de cinco anos de prisom por torturas a um preso que tinha acreditado o 73% de minusvalia.
Desde o Organismo Popular Anti-repressivo CEIVAR queremos denunciar novamente as situaçons de torturas presentes de jeito cotiá nas prisons mas também fazer fincapé na “tortura branca” que incide em medicalizar às/aos presas/os até empurrá-las/os a situaçons inumanas e insostíveis que rematam, como neste caso, com a vida de duas pessoas. As empresas farmacéuticas som um dos grandes beneficiados destas políticas penitenciárias mas também as instituçons que advogam pola destruiçom pessoal das/os reclusas/os em contra das suas leis que afirmam no artigo 25.2: “las penas privativas de libertad y las medidas de seguridad estarán orientadas hacia la reeducación y reinserción social”.

O negocio oculto dos cárceres españois

(extraido de Abordaxe Revista)

Recollimos (e traducimos) este moi interesante artigo do xornalista Fernando Romero publicado no nº 34 da revista “ATLÁNTICA XXII” de setembro de 2014:
amadeu livro Amadeu Casellas estivo preso nos cárceres españois durante máis de vinte e cinco anos e acaba de publicar o libro Un reflexo da sociedade. Crónica dunha experiencia nos cárceres da democracia, no que denuncia con nomes e apelidos aos que se enriquecen cos reclusos. Entre eles están a familia Pujol-Ferrusola, Telefónica, El Corte Inglés, ACS, o Banco Santander e Concellos de toda España, pero hai moitos máis.
O mundo dos cárceres en España é un tema tabú, do que moi pouca xente, salvo os que teñen familiares dentro, coñece a súa verdadeira realidade. Como acontece no noso mundo, do sufrimento dos demais sempre hai alguén que obtén proveito económico. Iso acontece tamén intramuros. Os presos convertéronse nos novos escravos do século XXI porque o Estado de Dereito se adoita estrelar cos muros das prisións.

el-negocio-de-las-carceles-212x300 O negocio dos cárceres foi denunciado en numerosos foros de Internet, en publicacións radicais ou de apoio a presos e en blogs de escasa repercusión. Os medios de masas case nunca recollen noticias que poñan en dúbida a institución penitenciaria. Non obstante, lentamente, grazas sobre todo ao testemuño de presos e organizacións humanitarias ou de apoio aos reclusos, vai emerxendo a información á superficie.
O Organismo Autónomo de Traballo e Prestacións Penitenciarias (OATPP), dependente de Institucións Penitenciarias, funciona como unha empresa de traballo temporal (ETT) e ten máis de 12.000 presos traballando nuns 200 talleres. A eles hai que sumar os que están baixo o control do CIRE (Centro para a Iniciativa da Reinserción) da Generalitat catalá, que vai por libre. Os internos están a cobrar soldos ínfimos, non teñen dereitos laborais e están a xerar unha produción por valor de millóns de euros con grandes beneficios para as empresas que os utilizan e que ademais teñen a vantaxe de que aforran o pagamento de luz, auga, teléfono e mesmo parte das cotas da Seguridade Social, que corren a conta da Administración; e todo iso grazas aos convenios coa OATPP.

[Compostela] Novo colectivo anti-represivo: Comité de Solidariedade coas Represaliadas políticas

(extraido de Abordaxe Revista)

MANIFESTO DO COMITÉ DE SOLIDADARIEDADE COAS REPRESALIADAS POLÍTICAS
Actualmente estamos a vivir unha escalada represiva brutal que resposta ao crecemento do descontento social por mor dunha crecente desigualdade que está levando ao aumento da mobilización social. Esta represión encádrase dentro da situación actual de crise, pero non é nada novo, senón unha necesidade de calquera Estado capitalista para conter as protestas do pobo.
Neste contexto de loita polos dereitos e conquistas históricas das traballadoras, aparecen novas leis de terror como a nova Lei de Seguridade Cidadá e a reforma do Código Penal, que endurece aínda máis o castigo contra todas aquelas que erguen a voz e loitan, estendendo a represión a sectores da poboación cada vez máis amplos. Tanto ten que sexa unha estudante, unha traballadora, unha parada ou unha migrante, a brutalidade policial, as detencións… cada vez van a peor.
Estas agresións sófrenas especialmente as persoas presas. Así encadramos o noso proxecto dentro dunha loita anticarceraria e antirrepresiva ampla, pois non damos a este estado criminal a lexitimidade para encerrar a ninguén, xa que sabemos que a maior parte dos delitos non existirían sen desigualdades sociais, sumándolle a isto que o que lles espera a estas persoas en prisión son unhas condicións de vida inhumanas. Dentro desta loita ampla, centramos a nosa actividade na loita pola liberdade das máis de 400 presas políticas no Estado Español, 15 delas galegas, dispersadas a miles de quilómetros da súa familia.
Aínda que xa existen plataformas e iniciativas solidarias e antirrepresivas, nós queremos construír un movemento solidario unitario e amplo, que supere as divisións e os sectarismos, ao igual que tratamos de vincular esta coa loita xeral contra a oligarquía financeira española. Só así poderemos lograr os nosos obxectivos.
Por todo isto, xorde o noso Comité de Solidariedade cas Represaliadas Políticas (CSRP), no que conflúen persoas de diversas sensibilidades políticas, co obxectivo de traballar e actuar unidas de cara a difundir a solidariedade e facerlle fronte á represión.
O CSRP está aberto á colaboración con individuos e colectivos na causa solidaria e antirrepresiva e prestaremos a nosa axuda a toda aquela que estea a sufrir a represión. Non obstante, o Comité é independente, e manterase separado orgánica e economicamente de calquera organización ou institución, especialmente daquelas que sexan cómplices ou parte activa na represión.
O CSRP propón unha serie de puntos mínimos polos que loitaremos e os cales reivindicaremos:
1. Amnistía! Liberdade para TODAS as presas políticas e sociais.
2. Derrogación de todas as leis represivas, como a Lei de Seguridade Cidadá, a Lei Antiterrorista ou a Lei de Partidos, o réxime FIES, etc.
3. Disolución do tribunal político herdado do franquismo chamado Audiencia Nacional.
4. Disolución de todos os corpos represivos do Estado.
5. Anulación de calquera sanción administrativa ou penal en proceso por motivos políticos.
6. Liberdades políticas e sindicais plenas para a clase obreira e o pobo. Polo respecto ás liberdades de expresión, asociación, reunión, folga e manifestación.
7. Supresión de todos os CIEs do estado español.
8. Xulgamento dos responsables políticos e policiais da represión, torturas, crimes de Estado, etc.
9. Esixencia activa do respecto da dignidade de calquera presa.
Contra a represión, unión e solidariedade!
Comité de Solidariedade coas Represaliadas Políticas (CSRP).
Galiza, novembro 2014.
(*) Introducción da noticia x eDu

[Estado español] A tortura existe e hai que erradicala!!. Máis de 833 persoas morreran en cativerio na última decada

(extraido de Abordaxe Revista)
Recollemos e traducimos da web “Date Cuenta” este artigo de Aitor Fernández:
Máis de 833 persoas morreron baixo custodia no estado español e máis de 6621 denunciaron ter padecido tortura ou maltrato na última década.


mail-2014-11-cartell-Jornades-10-Anys-CAT- A Coordinadora para a Prevención e a Denuncia da Tortura (CPDT), plataforma integrada por organizacións que loitan contra a tortura e a defensa dos dereitos humanos, se creou en 2004 para velar pola aplicación e o seguimento dos mecanismos internacionais existentes de prevención da tortura no Estado español, dende a incorporación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos ao dereito interno en 1978 ata a aprobación do Plan de Dereitos Humanos do Goberno de España en decembro de 2008.
A tortura é un crime contra a humanidade inflingido por un funcionario público que provoca dores ou sufrimentos graves, físicos ou mentais, cos fins de obter na vítima unha información ou confesión, de intimidación ou coacción ou de calquera tipo de discriminación.
Na última década, a CPDT foi testemuña do aumento de denuncias por presunta tortura ou maltrato no estado español, un dato que contrasta co escaso número de condenas existentes. Máis de 6621 persoas denunciaron ter padecido torturas e/ou maltratos entre 2004 e 2013. Como mínimo, 122 eran menores e 1032 emigrantes, un colectivo especialmente vulnerable. Só durante o ano 2012, 53 xornalistas denunciaron ter sido agredidos mentres realizaban o seu traballo informativo. Entre 2001 e 2013, polo menos 833 persoas (15 delas menores) morreron baixo custodia.
A omisión, por parte de todas as autoridades, das recomendacións de organismos internacionais e estatais para a prevención da tortura, a ralentización na tramitación das denuncias por parte da Xustiza e a falta de investigación real e independente das denuncias por xuíces e fiscais (así como os indultos e outras medidas de graza outorgadas), perpetúan ano tras ano a práctica da tortura no Estado español. Esta impunidade fixo que á CPDT non chegasen todos os casos de presuntas torturas e mortes baixo custodia. En 2013, por exemplo, a CPDT só tivo coñecemento do 15% das mortes totais baixo custodia que se cometeron en Catalunya.
No marco do seu décimo aniversario, a CPDT celebrará unhas xornadas no Col.legi d’Advocats de Barcelona os días 21 e 22 de novembro. A realidade da tortura e os maltratos no Estado español, a represión da disidencia e os instrumentos de mecanismos da prevención e a denuncia da tortura serán os tres bloques de traballo das xornadas.