(extraido de Abordaxe Revista)
O
Grupo de Apoio a Presxs en Loita Galiza Sur- CACT (Coordinadora Anticarcelaria Cárcere=Tortura) nos enviou un seu correo con esta convocatoria solidaria e contando a
preocupante
situación actual de Javi, en folga indefinida de fame e sede e
ingresado no hospital provincial de Pontevedra tras perder máis de 11
kilos e serlle diagnosticado principios de hipoglicemia e fallo renal
Javi Guerrero Carvajal en folga de sede dende que cumplió 22
días da súa folga de fame que comenzara na noite do 12 de decembro no
cárcere de A Lama en protesto por terlle negado o permiso ò que tiña
direito
Mudamos de ano pero para o preso Javier Guerrero Carvajal non mudou
nada, continúa a súa folga de fame e engadiú a folga de sede a súa
protesta (
1) contra as decisións arbitrarias e crueis
da administración penitenciaria e polo trato degradante e torturas a
poboación reclusa (
2).
Hoxe cúmprense
25 días da súa folga de fame e 4 da súa folga de sede (que comenzou en 3 de xaneiro). Despois da
promesa incumprida
por parte da subdirección de seguridade de quitarlle o parte polo que
lle suspenderan o permiso que tiña concedido para o pasado 30 de
decembro, a situación segue igual, ou pior aínda se atendemos ao seu
grave estado de saúde
que padece despois de tantos días sen inxerir alimentos e sobretodo
polos días que leva sen beber, o que empiorou a súa situación sanitaria
na que se atopaba previamente, xa mermada polas secuelas que lle
deixaran outras dúas folgas de fame que fixera anteriormente.
Pesa case
11 kilos menos e xa ten principios de
hipoglicemia e fallo renal segundo as últimas análises que lle fixeron na enfermaría da prisión, por eses motivos en
5 de xaneiro foi trasladado ao Hospital Provincial de Pontevedra
É evidente a crueldade da administración cando é capaz de suspender
un permiso en fin de ano a alguén por non levar etiquetado un discman.
Primeiro coaccionan às testemuñas do sucedido, para rematar trasladando a
Javi a un outro módulo. Agora a dirección da prisión pretende
trasladarlo a Sevilla.
Así, o cárcere crea un problema onde non o había, instrue partes de
sanción ilegalmente e cando hai protesta se coacciona às testemuñas e
intimídase ás persoas abusando do seu poder. No momento no que comenza a
facerse pública a súa situación, queren desfacerse do problema
trasladando à persoa presa; ao tempo que o xulgado de vixilancia
penitenciaria fai caso omiso do problema e non atende as queixas das
persoas cuxos dereitos debería protexer.
Dende o Grupo de Apoio a Presxs en Loita Galiza Sur- CACT (Coordinadora Anticarcelaria Cárcere=Tortura) pedimos o
máximo apoio para Javi e a máxima difusión do desesperado acto de protesta que está realizando.
Exiximos:
- Se lle retire o procedimento sancionador iniciado.
– Se lle retorne, na máxima brevidade, o seu dereito ao permiso ordinario ao que tiña dereito.
– O cese das coaccións e torturas psicolóxicas e físicas às que son
sometidas as persoas presas que actúan para defender os seus dereitos.
– o exercicio efectivo do control xudicial à administración penitenciaria en materia de seguridade e réximen.
O actuar despótico no cárcere de A Lama é xa de dominio público,
claramente contrario aos dereitos humanos. Contundente debe ser o apoio
aos e às que defenden às persoas que están en situación de maior
vulnerabilidade.
CHAMADAS E ENVIO DE FAXES AO CARCERE DE A LAMA
FAX: 986758011
TELEFONO: 986758000
FAGAMOS QUE JAVI SINTA O NOSO APOIO, ESCRÍBELLE:
JAVIER GUERRERO CARVAJAL
CP A LAMA
MONTE RACELO S/N
36830 A LAMA (PONTEVEDRA)
MORDAZA, NIN DENTRO NIN FÓRA!!!
DIFUNDAMOS A LOITA DXS SEN VOZ!!!
SOLIDARIEDADE COXS PRESXS EN LOITA!!!