NINGÚN/NHA COMPAÑEIRO/A SÓ NAS POUTAS DO ESTADO
Sobre a situación de Francisco Solar e Mónica Caballero
Hai xa cinco meses que as compas Mónica Caballero e Francisco Solar se encontran encarceradas baixo o réxime FIES e dispersadas pola xeografía do estado español. Están en prisión preventiva, á espera de xuízo, acusadas, xunto a outras tres persoas (que tambén foran detidas na mesma operación e que están en liberdade con cargos) de pertenza a organización terrorista, estragos consumados e estragos en tentativa.
Francisco Solar acaba de ser traslado á prisión de Villabona, en Asturias. O sábado 12 de abril o noso compañeiro chegou, despois de se pasar durante toda a semana por diferentes cárceres (Madrid, Burgos, Cantabria) a Asturies, onde repentinamente decidiron trasladalo despois de pasar tres meses na prisión de Córdoba, onde estivo todo o tempo en illamento, coa dificultade constante para autorizar chamadas e coa ameaza persistente de retirarlle todas as comunicacións, agora trasládano de novo, e xa é o terceiro cárcere ao que é destinado neste tempo.
Hai algunhas semanas comunicamos por diferentes medios que Francisco se encontraba nunha situación bastante mala debido ao illamento. Malia que a súa situación cambiou, seguramente pola presión de fóra, continuaba nun módulo de castigo e separado do resto dos presos "políticos", aínda que nunha situación relativamente mellor ao ser autorizado, logo de moitos meses, a realizar chamadas telefónicas ás súas amizades, dado que o director do cárcere só estaba a autorizarlle as chamadas a seus familiares.
Este último traslado de Francisco busca tamén golpear e desarticular os diferentes lazos de solidariedade que se xeraron a nivel de apoio directo e práctico coas nosas compas. Dende xa dicirlles que ningún traslado nin ningunha nova fórmula represiva (como a recente campaña mediática que busca "satanizar" o financiamento cara aos represaliados por este caso) minguará a nosa solidariedade activa, aquela que sabemos tanto incomoda ao poder.
Sabemos que se atopa ben e con forzas, e esperamos poder visitalo pronto. Mónica segue na mesma situación dos últimos meses e tamén se encontra ben de ánimo e forte.
Mónica Caballero continúa estando en Brieva (Ávila), unha prisión moi pequena con apenas capacidade para 150 persoas, onde ten contacto con outras presas, e acceso a talleres. Ten visitas e chamadas telefónicas autorizadas. Tanto ela, coma Francisco, teñen todas as comunicacións, xa sexa visitas, chamadas ou cartas intervidas.
Ambos os dous compañeiros seguen en prisión preventiva e de momento nada nos fai pensar en que esta situación cambie. Tampouco hai moitas novidades no caso ou nas acusacións. Seguen en FIES 3, con oito chamadas de 5 minutos semanais, restrición de envío de correspondencia (só 2 cartas semanais) e que saibamos seguen sen límite de cartas a recibir, unha visita semanal de 40 minutos e dispersos nos penais de Brieva (Ávila) e agora Francisco en Asturies, ambos os dous lonxe das súas amizades e compas, unha forma de castigo aos presos e presas políticas ou rebeldes chamada "dispersión", que busca esgotar as forzas dos que van visitalos.
É evidente que as adversas condicións carcerarias que viven Francisco e Mónica buscan o seu quebrantamento, menoscabar a súa forza, e o seu firme posicionamento rebelde dende o cal se situaron, tamén, tras as reixas. Fronte a esta desprezable estratexia, cabe resaltar a fortaleza de ambas as duas, dando cara a esta maquinaria represiva, altivas, fortes, orgullosas e íntegras.
Pero a solidariedade é máis forte que as súas distancias, que os seus límites, que as súas restricións e que os seus barrotes!
Para que ninguén se sinta só no territorio hostil que representan os cárceres. Para que os carcereiros non se sintan intocables e cometan impunes os seus abusos. Para que a palabra solidariedade se cargue de sentido e inunde as nosas vidas. Para que os nosos lazos de compañeirismo se fortalezan. Para que a nosa loita se nutra coa práctica das nosas teorías. Para que o noso cotián teña o sabor da anarquía... Son necesarios algúns ingredientes que ninguén nos pode dar ou prestar: Sentilo. Pensalo. Facelo. Sempre é o momento.
Morte ao estado e viva a anarquía!
Barcelona, 11 de Abril, 2014.
Para escribirlles:
Francisco Solar Domínguez
Centro Penintenciario de Villabona
Terreo Tabladiello
33480 Villabona-Llanera
Asturias (España)
Mónica Caballero Sepúlveda
Centro Penitenciario Ávila
Ctra. de Vicolozano-Brieva, s/n
05194 Brieva
Ávila (España)

extraido de Abordaxe Revista
Ningún comentario:
Publicar un comentario