Colamos Nota Breve facilitada polo Grupo de Apoio da Galiza Sur da Campaña Cárcere=Tortura para darlle máxima difusión (ata que teñamos máis información):
O compañeiro Emilio Sánchez, preso no cárcere de Pontevedra, A Lama, púxose en folga de fame o 14 de agosto en protesta polos malos tratos e torturas que están a recibir os presos no Bunker, o modulo de illamento.
Emilio é un preso social e libertario, integrante da Campaña Cárcere=Tortura, ao que lle queda menos de 2 anos e medio para sair en liberdade total pero a súa vontade loitadora fixo que nunca tivera permisos e que nunca fora progresado a 2º grao. Sen embargo si que pasou moitas veces polo illamento. A última vez que estivo no bunker foi cando morreu Gaviotu fai 2 meses e medio denunciando aquela vez o que para el era un asasinato xa que falou con el a noite anterior a súa morte.
Persoalmente a él non lle fixeron torturas, esta vez, pero non pode seguir vendo o salvaxismo dos carcereiros sen facer nada, ademáis fai a folga en solidariedade co preso J. S. que está a padecer malos tratos e torturas dende fai meses na ala corta do bunker de A Lama. Tamben fai esta folga para lembrar aos presxs que ou son eles os que loitan ou ninguen o fará por eles, animando a unha loita conxunta dxs presxs de todxs os cárceres do estado e axs compas presxs da Campaña a que se decidan accións conxuntas pronto pra darlle o empurrón que a campaña precisa.
En seis dias de folga xa perdeu 6 kilos e atópase moi débil para os poucos días que leva facendo a folga. Esta facendo varias denuncias da situación dos presos no illamento e pide que os grupos de apoio e a xente sensible faga as accións que vexan oportunas.
Mais info en breve.
ATA QUE TODXS SEXAMOS CEIVES!!!!
(extraido de Abordaxe Revista)
Ningún comentario:
Publicar un comentario