05/09/14

Apoio para preso en loita en folga de fame indefinida no cárcere de A Lama.‏


Emilio Sánchez del Peso leva máis de 20 días en folga de fame INDEFINIDA en protesta polos malos tratos e torturas no cárcere de A Lama, Pontevedra.

Emilio púxose en folga de fame o 14 de agosto de 2014 en protesta polos malos tratos e torturas que están a recibir os presos no Bunker, o modulo de illamento.
Emilio é un preso común, integrante da Campaña Cárcere= Tortura, ao que lle queda menos de 2 anos e medio para sair en liberdade total despois de máis de 10 anos de presidio, pero a súa vontade loitadora fixo que nunca tivera permisos e que nunca fora progresado a 2º grao.
Sen embargo si que pasou moitas veces polo illamento. A última vez que estivo no bunker foi pouco antes de morrer Gaviotu, fai 2 meses e medio, denunciando aquela vez o que para el era un asasinato.
Farto de ver e padecer a brutalidade do sistema penitenciario e despois de ser sancionado e comprobar as torturas que nises mesmos días lle estaban aplicando a outros presos decidiu esta radical e última forma de protesta.
Os obxectivos desta acción son:
      1. Deixar claro que segue habendo presxs que loitan pese ás dificultades extremas e a represión brutal á que se enfrontan.
      2. Aportar, unha vez máis, un exemplo claro de loita que poda ser aproveitado polxs activistas polos dereitos humanos e a poboación activa en xeral para difundir e visibilizar as condicións lamentables en que se atopa a poboación reclusa.
      3. Aportar o seu gran de área ao debate das novas accións a realizar polxs presxs conscientes, como pequeno empuxe á campaña contra os tratos degradantes, malia saber que esta acción non é a única forma nin a máis idónea.
      4. Visibilizar, ante os medios de información e ante as institucións públicas que deberían velar polos dereitos das personas en internamiento pechado, a realidade de malos tratos e indefensión xurídica e social dentro das prisións.
Con iste acto denuncia:
- As torturas e malos tratos habituais, sobretodo en illamento.
- A connivencia do servizo sanitario ante as torturas e malos tratos así como a pouca humanidade dalgúns traballadores sanitarios.
- A inactividade do Xulgado de Vixiancia Penitenciaria na defensa e garantía dos dereitos das persoas presas.
- A pasividade das institucións públicas ante os atropelos aos dereitos dxs presxs,
- A ineficacia das denuncias de torturas que son constantemente arquivadas.
- A inexistencia de tratamento penitenciario, actividades, ximnasio, traballo, etc, sobretodo en módulos pechados....
- As sancións encubertas (deixarte sen as túas cousas, sair só ó patio, non procurarche medicinas, etc....).
- As coaccións ilegais como a intervención sistemática do correo, incomunicar ó preso coa súa contorna social, as continuas ameazas dos carceleiros con sancións ou a dificultade para obter beneficios penitenciarios.
- O mantemento de grao perpetuo.
- O alongamento de condeas e a cadea perpetua encuberta.
- O elevado número de mortes nos cárceres.
- A represión cara todxs aquelxs que denuncian as inxustizas e vulneracións de dereitos dentro dos cárceres.
- A explotación laboral.
- O silencio mediático, etc. etc….

 O tempo apremia, o companheiro xa leva mais de medio mes en folga, está débil e aillado e calquera mostra de solidariedade a ánimo é moi importante. Se se fai calquera acción por favor documentadea e achegadesea a él directamente ou ó seu grupo de apoio a través do enderezo electrónico: gzsolidaria@riseup.net
Anima a toda as persoas que loitan contra a sociedade autoritaria que padecemos e reivindica a súa acción de protesta inserta nas demáis loitas sociais.
Dende o grupo de apoio Galiza Sur Cárcere=Tortura queremos facer un chamamento a que se apoie esta acción de protesta con máis accións, dende a autonomía e as posibilidades de cada quen. Estade atentos as vindeiras convocatorias e ao momento no que lle trasladen a o hospital.
Ademáis hai que facerlle ver á dirección do cárcere de A Lama que non está só, polo que pedimos se envíen o máximo número de cartas coa palabra “ANIMO”.

Emilio Sánchez del Peso C.P. A Lama Monte Racelo s/n 36830 A Lama (Pontevedra)

Como el mesmo di:
¡HAI MOITOS RECLUSOS E SOMOS MOI POUCOS PRESXS! ¡ATA A VITORIA!
gzsolidaria@riseup.net , noestansolxs@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario