09/03/15

[Pontevedra] Info actualizada sobre a folga de Javier Guerrero. Texto solidario


 
O compañeiro Javier Guerrero Carvajal leva dende o pasado 11 de decembro de 2014 en folga de fame esixindo, ademáis das demandas da propia campaña Cárcel=Tortura e da loita dxs outrxs presxs contra os malos tratos e os abusos nos cárceres do Estado español, que se revise a súa situación para que lle sexan devoltos os permisos de saída que lle foron retirados como castigo por unha sanción claramente inxusta, e que buscaba, xunto a moitas outras agresións a Javier, tratar de sometelo e impedirlle continuar denunciando o que acontece tras os muros.
(extraido de Abordaxe Revista)
Damos pulo ao correio que nos fixeron chegar os asinantes do texto “algúns anarquistas da cidade de Pontevedra” que se están movilizando en solidariedade con Javier Guerrero, do que nos contan que “xa está a piques de alcanzar o terceiro mes en folga de fame. O motivo polo cal aguantou tanto é que, cando foi operado dos riles, suministráronlle suero, e iso puido calmar un pouco os efectos da súa protesta. Sen embargo, atópase en grave perigo. Agradecemos por tanto difusión por todos os medios posibles”.
Dende Xaneiro, o compañeiro permanece ingresado na Unidade Penitenciaria do Hospital Provincial de Pontevedra, tras un agravio serio da súa saúde ligado a dúas breves folgas de sede – de catro días a primeira e de dous días a segunda – que sumou á súa folga de fame. Alí, Javier rexeitou os sueros e a comida, e a pesar das ameazas diversas que ten recibido (atalo á cama, poñerlle suero contra a súa vontade e outras) continúa a súa loita. O persoal do hospital actúa como cómplice desta tortura e seguindo as ordes da administración penitenciaria de A Lama (prisión pontevedra onde se atopaba internado no momento de iniciar a súa folga de fame) seguen sen deixarlle recibir visitas ou chamadas telefónicas dxs seus familiares e amigxs, limitándolle as visitas dxs abogadxs e negándolle o acceso ó seu expediente médico e á información acerca do seu estado de saúde. Todas estas medidas teñen coma obxectivo tentar disuadilo de continuar coa súa protesta.

Javier tivo que ser operado xa dúas veces por fallos renais. Estivo en risco de trombose e chegou ó extremo de ter que acceder a inxerir pequenísimas doses de alimentos de xeito moi puntual para poder manter a consciencia (en ningún momento con intención de abandonar a folga). Sufre constantes baixóns de azúcre e de tensión, e atópase en grave risco de morte súbita. Somos moitxs xs que temos contactado con él para pedirlle que deixe a súa folga, ó contemplar como se deteriora a súa saúde mentras vemos como non dan resultado nin a loita de Javier nin as accións e movilizacións que se deron en apoio na cidade de Pontevedra ou máis aló, e que inclúen concentracións, pancartas colocadas na rúa, pintadas, reparto de panfletos, coladas de cartaces, difusión pola rede, comunicados ós medios de comunicación burgueses e declaracións en programas de radio coma o realizado polxs compas do Boletín Tokata – a quenes queremos agradecer sinceiramente o seu apoio, interés e seguimento do caso – un xaxún solidario levado a cabo por varixs solidarixs nas rúas da cidade, escritos ao xuíz de vixiancia penitenciaria, sabotaxes contra distintas entidades que se lucran co negocio carcelario etcétera.
Aínda así, por unha carta que Javier enviou recentemente a un de nós, sabemos que voltaron ameazalo con sondealo contra a súa vontade, ao que él resposta que non só non deixará a súa folga de fame (que, como él mesmo explica, non pode abandonar porque “o seu orgullo e moral non llo permiten”), senón que en caso de ocurrir isto, está disposto a ir ata a fin e comezar unha nova folga de sede indefinida, o que sen dúbida pode costarlle a vida, e que inxecta unha maior emerxencia, se cabe, a que as iniciativas solidarias sigan aflorando e o caso e situación de Javi saian á rúa de todos os xeitos posibles, pois esa e non outra é a maneira que temos de presionar ás institucións para que Javi vexa cumpridas as súas esixencias.
Non podemos permanecer impasibles nin caladxs perante este enésimo caso de torturas e exterminio sistemático e encuberto dunha persoa presa polos lacaios cobardes dun sistema que primeiro crea a miseria e logo marxina e encerra ás súas víctimas, e, especialmente, a quenes osan tentar salir de esa miseria máis alá dos cauces que o Estado e o Capital ofrecen para elo.
ESIXIMOS A REVISIÓN INMEDIATA DO CASO DE JAVIER GUERRERO CARVAJAL E O FIN DAS CONDICIÓNS DE PRESIÓN E TORTURA ÁS QUE SE ATOPA SOMETIDO NO HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA!
ABAIXO A SOCIEDADE CARCELARIA, TODAS AS SÚAS ILUSIÓNS E TODOS OS SEUS MUROS!!
Algunhas anarquistas solidarias con Javier
Pontevedra, marzo 2015.
A case 3 meses do comezo da folga de fame do noso compañeiro…

Ningún comentario:

Publicar un comentario