extraido de Abordaxe Revista
As denuncias de vulneracións
sistemáticas dos dereitos humanos dos presos e presas no Estado español
transcende as fronteiras e é recollido por organizacións e movementos de
dereitos humanos, neste caso de América Latina. O xornalista arxentino,
Óscar Castelnovo, director da Axencia Para A Liberdade, recolle a
denuncia sobre Noelia Cotelo e publícaa no seu medio de comunicación.
Agora, nós recollemos de Portal Libertario Oaca, traducimos e difundimos.
A militante anarquista Noelia Cotelo,
cautiva en Topas, Salamanca, leva máis de 8 anos de cárcere. Marchou
presa para cumprir só 1 ANO e MEDIO DE PRISIÓN. O tempo restante
corresponde a causas internas por non mostrar submisión ante as brutais
vulneracións de dereitos que desprega, profusamente, o fascismo español
nos sitios de peche. A súa rebeldía e a actitude fronte aos torturadores
xeraron un vendaval de solidariedade en diversos sitios do mundo.
Recentemente, os carceleros prohibíronlle o ingreso do volume “Vivindo a miña vida”,
de Emma Goldman, quen naceu en Lituania e foi unha muller adiantada á
súa época. Desde a súa chegada a Nova York como costureira aos 20 anos
de idade procedente da Rusia zarista ata o seu paso polos enclaves
socialistas do Lower East Side de Manhattan, consagrou a súa vida ao
activismo e a axitación pública. Tivo unha influínte presenza en
distantes acontecementos políticos tales como a Revolución Rusa e a
Guerra Civil española. “Vivindo a miña vida” é unha das grandes
biografías do século e un fascinante relato dunha época de turbulencias
políticas e ideolóxicas. Os seus escritos e conferencias abarcaron unha
ampla variedade de temas, incluíndo as prisións, o ateísmo, a liberdade
de expresión, o militarismo, o capitalismo, o matrimonio, o amor libre, o
control da natalidade e a homosexualidade; desenvolvendo mesmo novas
maneiras de incorporar a política de xénero no feminismo e o anarquismo.
A dispersión, coñecida como “a calesita”
na Arxentina, levou a Noelia a estar detida en varios cárceres do Estado
español. Entre elas, Teixeiro, en Galicia, Brieva, en Ávila, Picassent
en Valencia, Albolote, en Granada, Soto del Real en Madrid, Mansilla de
las Mulas en León e Topas en Salamanca. Nunha delas, o Centro
Penitenciaro de Brieva, un carceleiro rompeulle a boneca en 2013. Coa
boneca rota, medicada con psicofármacos e esposada á cama, durante a
madrugada, outro carcelero chamado Jesús, que participara na agresión
anterior, tentou abusar sexualmente dela. Noelia denunciou estes feitos,
pero este carceleiro, ao verse sorprendido polo balbordo ocasionado
entre as demais internas, puxo unha contradenuncia na que aseguraba que
foi ela quen tentou agredirlle. A denuncia desta violación só conseguiu
que se agravase a súa situación dentro do cárcere, someténdoa a un
illamento máis estrito e repartindo entre as demais internas as súas
mantas e roupa de abrigo. Foi entón que, Noelia, pola súa denuncia
destas violacións e torturas, foi trasladada o penal de Albolote
(Selecta), a máis de 1000 km. da súa terra, Galicia. Logo comezou outra
folga de fame como forma de loita ante os ataques que estaba a sufrir en
Albolote relacionados co trato irrespetuoso dunha carcelera, problemas
co carteo e sancións sen sentido
Ante os reiterados ataques á vida de
Noelia a través de golpes, a medicación forzada con metadona,
desatención médica e sometemento ao Ficheiro de Internos de Especial
Seguimento (FIES), tortura máis intensa e illamento estrito, desde as
Colectivo Mulleres Libres de CNT Zaragoza, esixiron:
– Que se investiguen os abusos
sexuais sufridos por Noelia no cárcere de Brieva, así como as lesións e
torturas ás que foi sometida e que se depuren responsabilidades.
– Que non haxa carceleiros homes nos módulos e cárceres de mulleres para que non se volva a repetir nunca ningún episodio de violencia machista, vexación nin ningún ataque sexual máis.
– Que se termine coa impunidade e complicidade de médic@s, xuízas/ces, psicólog@s, asistentes sociais e demais funcionariado acólito destas prácticas.
– Que se terminen dunha vez por todas os malos tratos e as torturas como instrumento sistemático e cotián empregado polos carceleros para facer funcionar a maquinaria penal.
– Que se termine coa dispersión como forma de extorsión da política fascista do Estado español.
– Que desaparezan os cárceres e o sistema penal que o sustenta como castigo punitivo do Estado ao servizo do réxime de dominación e explotación capitalista.
– A inmediata posta en liberdade da compañeira Noelia Cotelo.
– Que non haxa carceleiros homes nos módulos e cárceres de mulleres para que non se volva a repetir nunca ningún episodio de violencia machista, vexación nin ningún ataque sexual máis.
– Que se termine coa impunidade e complicidade de médic@s, xuízas/ces, psicólog@s, asistentes sociais e demais funcionariado acólito destas prácticas.
– Que se terminen dunha vez por todas os malos tratos e as torturas como instrumento sistemático e cotián empregado polos carceleros para facer funcionar a maquinaria penal.
– Que se termine coa dispersión como forma de extorsión da política fascista do Estado español.
– Que desaparezan os cárceres e o sistema penal que o sustenta como castigo punitivo do Estado ao servizo do réxime de dominación e explotación capitalista.
– A inmediata posta en liberdade da compañeira Noelia Cotelo.
O fascismo segue vivo en España
Sobre a prohibición do libro, a nai de Noelia, Lola Riveiro Lois, afirmou: “Non
entendo como nun Estado democrático, como din que é España prohíbenlle
axs presxs ter libros para poder ler, hoxe devolvéronme un libro e no
cal poñen “POR RAZÓNS DE SEGURIDADE”. Están a anular totalmente axs
presxs, eu pregúntome isto é democracia ou é máis tortura?, quero darvos
as grazas a todxs que con gran esforzo fixéchesme chegar eses libros,
xs carceleirxs agora están a exercer de xustizeirxs . Son a xustiza, fan
o que lles dá a gana. Eu non entendo se os libros teñen depósito legal
por que non se poden ler?”.
As prohibicións de aparencia absurda. As
leis represivas, a persecución a loitadorxs, sindicalistas, xornalistas e
os cárceres de mala morte en España, exhiben que o fascismo continúa
robusto exercendo toda a súa crueldade co pobo máis vulnerable. A Noelia
castígana pola súa loita inclaudicable contra o réxime
monárquico-capitalista, onde os reis, políticos e xuíces conforman unha
clase parasitaria e opresora. Asasinan elefantes e devastan seres
humanos. Por iso resulta perigoso o libro de Emma Goldman en mans dunha
loitadora como Noelia. Porque foi Emma quen dixo: “Un cambio social real
nunca foi levado a cabo sen unha revolución. Revolución non é senón o
pensamento levado á acción”.
Liberdade a Noelia!
Óscar Castelnovo
Ningún comentario:
Publicar un comentario