extraido de Abordaxe Revista
Tirado de tokata.info
Nós tamén queremos saber que lle pasou a Diego!!
Criminalizar a solidariedade é unha sucia
e vil estratexia utilizada nos últimos anos por aquelas rancias
mercenarias que ven perigar o seu tan podrecido sistema capitalista e
negocio encuberto carcerario. Así, no ano 2011 (por facer unha clara
referencia á historia máis recente da ardua loita anticarcelaria),
aquelas denuncias presentadas polo noso compañeiro
Juankar de sufrir reiteradas malleiras a mans de mercenarias hienas
alienadas, foron prontamente reprimidas en forma de novas, varias e moi
variadas formas de represividade que acabaron con varias sentenzas
condenatorias. Represión voraz fascista que alcanzaron tamén a resposta
valente e solidaria que desenvolveron as nosas compañeiras compoñentes
do Grup de Suport de PRESXS en Lluita de Ponent en igual sentido opresor
condenatorio para os 3 mozos de Lleida, integrantes e mellores irmás na
campaña Cárcere=Tortura. Sucias condenas que, ano tras ano, vanse
estendendo nos vertedoiros xudiciais con idénticos resultados e que
certas persoas «non gratas», cos seus nomes e apelidos están a sufrir en
carnes propias: Tamara, Nuria Pórtulas, Sergi Ollé, Oriol Puig, Pablo
Fernández e algún/algunha que me deixo no tinteiro.