extraido de Abordaxe Revista
Difundimos este comunicado recibido no correo.
A finais de agosto, o Xulgado de
Vixiancia Penitenciaria requeria á prisión de A Lama trasladar ao
hospital Provincial de Pontevedra ao preso alacantino, de orixe chilena,
Jose Adrián Poblete Darre, debido ao seu estado de saúde despois de
levar varias semanas en folga de fame.
Adrián púxose en folga de fame o pasado 1
de agosto, unha acción que realiza para protestar contra as inhumanas
condicións nos módulos de illamento e pola represión que sofren os
activistas prodereitos humanos e propres@s tanto dentro como fóra do
cárcere.
Proponse realizar a folga de fame (na
actualidade sostida a base de fármacos) dende o 1 de agosto ata o día en
que xulgarase, en Coruña, ao colectivo Nais contra a Impunidade, o
vindeiro 2 de novembro, como unha acción de protesta sen que haxa
posibilidade que a administración penitenciaria ou o xulgado poida facer
nada para que desista.
Este preso libertario chegou ao cárcere
de Pontevedra despois de realizar 2 folgas de fame no cárcere de
Estremera, unha de case 3 meses, entre febreiro e abril e outra de sede
de varios días en maio, sempre protestando pola inasistencia sanitaria,
polo aillamento, polos abusos do funcionariado aos presos, as condicións
do 1er grao e en xeral, reivindicando a dignidade das persoas presas.
En xullo realizou unha nova folga de
mais de dúas semanas xa na prisión da Lama e despois de “recuperarse”
volve agora a realizar este novo acto de protesta cunha duración
determinada de 93 días e centrando a reivindicación na represión ao
colectivo Nais contra a Impunidade e en xeral contra a represión aos
colectivos e asociacións de axuda a pres@s.
Este xoven preso ten as comunicacións
intervidas por pertencer á Asociación de Presos en Loita Activa estando
en illamento continuo e sendo constantemente dispersado.
Solidariedade c@s que loitan!!
Solidariedade Activa c@s Pres@s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario