Os tempos sempre son convulsos, pero, cando a represión se sofre nas propias carnes, a dor faise máis viva e insoportable.
A
máquina torturadora do estado e o seu diñeiro non descansa nunca e,
para non descansar, inventa motivos tan variopintos e esperpénticos coma
é un código penal. Un libro de castigos que se autorreproduce e se
autoalimenta, autoprogresa paralelamente á liña vital que seguen, ou
máis ben tentan seguir, as súas vítimas: mentres estas intentan ser
persoas e funcionar coma tal, sen maior ambición cá súa liberdade, o
libro pensa que isto está mal e te fulmina cun par de palabras máxicas:
estado de dereito.
Estado
de dereito?? E cando se inventaron o código de amurabi tamén era estado
de dereito? Porque ninguén de nós estivo alí para velo, mais de seguro
que a cousa non pintaba moi diferente. Como está claro que aquí ninguén
decide este estado de dereito (onde están as nosas escolas, os nosos
hospitais, os nosos traballos, as nosas casas, os nosos ventres?), nós
opoñemos a nosa propia lista de dereitos a EXPROPIAR a estes noxentos de traxe e maletín coas nosas lexítimas loita e resistencia civís. E, se non lles gusta, que se vaian!!
Iniciamos,
así, neste mes de marzo unha campaña contra a represión, un berro de
dor e solidariedade hacia @s que teñen que soportar máis directamente a
bota terrorista dos fascistas: a morte do noviño Carlo Giuliani en
Génova de 2001 por parte da policía, o digno traballo de mosso
d'esquadra (quen non quere ser madero??), un repaso polos tempos actuais
de ditadura xa non tan encuberta... son só uns exemplos de memoria e
dignidade.
Vai
un cartel para compartir e pelexar. As voces xa se están alzando: “Non!
Non! Non pasarán!”, “Nin pública nin privada, AUTOXESTIONADA!!”,
“Quitade os rosarios dos nosos ovarios!”, “REVOLUCIÓN SOCIAL XA!!”.
UNIÓN!! ACCIÓN!! AUTOXESTIÓN!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario