20/09/13

Multas de 3.600 euros a 15 participantes na concentración de Arteixo

Reclaman o esclarecemento da morte de Diego Viñas
A instancia do Ministerio Fiscal, o xulgado de instrución sete da Coruña acaba de abrir xuizo oral contra quince persoas acusadas dun  delito de inxurias á Garda Civil por expresións supostamente inxuriosas proferidas na concentración do 12-10- 2010 en Arteixo en que se reclamaba o esclarecemento da morte de Diego Viña na escuadra da G.C. da localidade.
No escrito de acusación , asinado polo fiscal Carlos Ruiz Antón,
solicítase a imposicion dunha multa de 3.600 euros a cada unha das quince persoas acusadas (que se convertiria en máis de sete meses de prisión para aquelas que non tiveren recursos económicos).
O Ministerio Público basea a súa petición nos lemas coreados polas persoas que participaron na concentración, que terían como finalidade desprestigiar o corpo policial militar. "A Garda Civil tortura e asasina", "Non foi suicidado, que foi asasinado", "Aquí se tortura como na ditadura", expresadas no exercicio de reunión e liberdade de expresión e relativas ás obscuras circunstancias que rodearon a morte de Diego Viña, acontecida en setembro de 2004 na esquadra da Garda Civil de Arteixo.


STOP REPRESION





A morte de Diego Viña
Diego Viña morreu hai agora nove anos no cuartel da Garda Civil de Arteixo onde estava retido, a raiz dunha denuncia presentada polo seu propio pai en estado de embriaguez, e onde apareceu morto despois de unha longa espera durante a cal non recebeu as atencións mínimas.
As circunstáncias en que aconteceu o tráxico suceso nunca foron esclarecidas, apesar das accións xudiciais da família do xoven e da Comisión de Denúncia de Galiza (supostamente Diego Viña teria utilizado o seu pantalón para suicidarse mais esta importante proba desapareceu sen explicación e nunca foi encontrada). Loxicamente tampouco foron depuradas as responsabilidades penais pertinentes.
EsCULcA, que asiste en calidade de observadora à concentración que se celebra cada 12 de outubro en Arteixo para reclamar esclarecemento dos feitos e a depuración de responsabiidades, observará con atención este proceso en que figuran como acusadas, xunto con outras 12 persoas, unha irmá, unha tia e unha curmá de Diego Viña. Entendemos que a actuación do Ministerio Fiscal supón unha nova e arbitraria limitación dos dereitos de reunión e libre expresión, unha actuación que contrasta chamativamente coa persistente parsimonia que parece inspirar a necesaria investigación dos feitos que levaron o xove Diego Viña a unha morte por esganamento a pesar de encontrarse rodeado, e sob custodia, dun grupo de axentes encarregados de facer cumprir a lei.
Ver aqui o escrito da Fiscalia.

extraido de www.esculca.net

Ningún comentario:

Publicar un comentario