01/11/13

Sergio Roel deixa a folga de Fame

Se estes días pasados informamos en varias ocasións da Folga de Fame iniciada polo preso coruñés Sergio Roel (-AQUÍ e -AQUÍ), agora temos a satisfacción de comunicar o remate da mesma tras da consecución de duas das súas reivindicacións (unha delas o restablecemento das visitas co seu pai, que era a súa demanda principal) e a promesa de que as outras dúas llas concederán despois de depoñer a protesta.

Sergio dixo que era "unha vitoria a medias" (xa veremos se finalmente cumpren a súa palabra), pero vitoria polo menos. Atópase moi contento e manda bicos e abrazos para todxs aquelxs que apoiamos dende fóra.

Redactado por C.R. coa información facilitada por Sergio a solidarixs anticarcerarixs.

extraido de Abordaxe Revista

Ningún comentario:

Publicar un comentario