12/02/13

Gabriel Pombo en FIES-5, loitando por un trato digno e que lo traigan para Galiza, preto da sua familia.

Fai uns dias Pastora, a nai de Xosé Tarrio recibiu unha carta de Gabriel Pombo da Silva, preso no cárcere de Soto del Real, Madrid.
Gabriel e unha persoa que leva moitos anos loitando dende o interior da besta, lembramos que foi gran amigo de Xosé Tarrio, xa que compartiron FIES durante longo tempo.
Tras estar uns anos encerrado en Alemania, recentemente foi trasladado a Madrid, e dende entón fixéronlle a vida imposible.
Gabriel pide que as persoas solidarias escribamos e mandemos faxes para que sepan que non está só, que ten apoio fora.
A súa principal reclamación é que o traian para Galiza, para así poder estar preto da súa familia.


Institucións Penitenciarias incluiu a Gabriel en FIES-5 (características especiais), o que supón un arbitrario prexuízo e dano contra a súa persoa e afíns. De entrada, tras o seu traslado ó estado español o pasado mes de Xaneiro, xa é considerado susceptible a especial vigilancia, recortando e dificultando as súas comunicacións, limitando o acceso a comunicar a un listado de 10 persoas cada 6 meses para visitas e outro para chamadas telefónicas, con exhaustivo control e intervención.
  Gabriel xa pasou 14 anos en FIES-1, o que ademais inclúe un duro réxime de vida en illamento. A prepotencia de IIPP hoxe xa presenta o seu dispositivo contra o home. O compañeiro pide envío de fax solidarios en protesta pola súa nova situación remitidos ó cárcere de Soto del Real (Madrid-V), agora tócanos facer saber que non está só.
  Buscan criminalizar a solidariedade, pero só reforzan os vínculos e a complicidade de quen asume a loita contra os estados e as súas institucións de poder.

Solidariedade con Gabriel Pombo da Silva

Envío de Fax (gratis): 91 844 78 03

1 comentario:

  1. !! FIES Aguanta. La Calle se Levanta !
    http://www.facebook.com/photo.php?fbid=434874526565666&set=a.129874877065634.40141.100001293676806&type=3&theater

    ResponderEliminar