01/07/13

Condenado por abusar sexualmente de varias presas, "Funcionário" do cárcere de Soto del Real.



A Audiencia Provincial de Madrid condenou a penas que suman 25 anos e medio de cárcere o funcionario que abusou sexualmente de varias presas no centro penal de Soto del Real (Madrid). O acusado foi sentenciado por un delito de violación, dous delitos de agresión sexual, un delito de abuso sexual e un delito continuado de abuso no exercicio da súa función.
Polo delito continuado de abuso no exercicio da súa función é condenado a catro anos de prisión e a inhabilitación absoluta por dez anos, mentres que polo delito de violación é condenado a doce anos de prisión coa accesoria de inhabilitación especial para emprego ou cargo público, mesmo de natureza electiva, relacionado coa garda ou custodia de persoas. Por cada un dos dous delitos de agresión sexual é condenado a catro anos de prisión mentres que polo delito de abuso sexual é condenado a un ano seis meses e un día. De todos os xeitos, a Audiencia fixou o máximo de cumprimento da pena de prisión en vinte anos.
Ademais, impúxoselle a prohibición de aproximarse a menos de 500 metros das prexudicadas, ao seu domicilio, lugar de traballo ou outro lugar que frecuenten, así como comunicar con elas por calquera medio, fixándose a duración en trece anos respecto de F. V.; cinco anos para D. M. V. e Tina S., e dous anos para M. J. A..
Ademais, Miguel Anxo P.H., coa responsabilidade civil subsidiaria da Dirección Xeral de Institucións Penais, indemnizará con 4.000, 6.000, 1.000, 12.000 euros respectivamente as afectadas.
No escrito de acusación, o fiscal relata que o procesado exerceu un acoso de carácter sexual polo menos durante 2007 e 2009 respecto de varias internas. O fiscal recolle varios episodios de acoso.
Mais información aquí.

Extraido de Esculca Web

Ningún comentario:

Publicar un comentario