(extraido de Abordaxe Revista)
Colamos (e traducimos) do Boletín Tokata:Escribimos este comunicado desde a Coordinadora Anticarceraria Cárcere=Tortura para informarvos de que nos disolvemos como tal.
Respecto da Campaña Cárcere=Tortura, esta é unha iniciativa que partiu desde dentro dos cárceres por compañeirxs presxs así que entendemos que son elxs quen poderá dala por finalizada ou darlle continuación con este ou outro formato.
O que disolvemos é a estrutura de apoio fóra: a CACT debido a que desde que empezou, non cumpriu os obxectivos básicos nin os compromisos mínimos para os que foi creada. Pecharemos a páxina web, pecharemos a edición do boletín e deixaremos de realizar proxectos baixo o nome da CACT.
Parécenos unha falta de responsabilidade pola nosa banda o manter un nome que poida dar a entender dentro e fóra que existe realmente esta Coordinadora no estado e que o apoio organizado a este nivel é efectivo, cando a nivel pragmático non está a ser así.
Realizamos unha última análise para dar por finalizada esta etapa de cinco anos onde aprendemos e melloramos tanto dos erros como dos acertos. Queremos compartilo contribuíndo ao proceso colectivo de aprendizaxe dentro da loita anticarceraria e asumindo as nosas responsabilidades.
¿Por que a CACT non funcionou?
Os motivos son diversos: hai un tempo modificamos a forma de organización porque o formato Campaña quedábasenos escaso para abordar todo o que tiñamos en mente.
Démonos conta de que quixemos abarcar demasiados campos, moitos deles difíciles de compatibilizar (apoio xurídico, denuncia, apoio individual dentro e fóra, reflexións sobre os discursos..) non sendo realistas en moitas ocasións cos medios cos que contamos. A motivación e as ganas son importantes, pero debe haber un compromiso férreo detrás e unha posibilidade real de sacar as propostas adiante.
En cada reunión barallábanse propostas moi ambiciosas que moitas veces non se chegaban a materializar. Falar de algo e non realizalo acaba xerando frustración e falsas expectativas. Démonos conta de que nos empezaba a custar moito esforzo cumprir os mínimos pactados, cada vez había menos xente e menos respostas tanto dentro como fóra, un factor moi desmotivante.
Tamén estivemos a traballar moito acerca dos discursos anticarcerarios, na súa teoría e na súa practica, cun traballo analítico-reflexivo moi potente, que, con todo, fíxonos ser ambiguxs nalgúns posicionamentos. Tratamos de elixir unhas formas de loita que non fosen asistencialistas nin legalistas pero tivemos que recorrer a esas canles unha e outra vez. É difícil conxugar un discurso radical en canto a abolicionista coa sociedade carceraria na súa totalidade e, á vez, realizar un apoio efectivo das miles de situacións e necesidades dxs compañeirxs presxs en loita, respectando os seus modos de loita, necesidades e análises sen pretender en ningún momento dirixilxs.
Doutra banda, a nosa organización interna acabo viciándose nunha serie de dinámicas que o achegaban mais a un grupo de afinidade, que ao funcionamento propio dunha Coordinadora.
De entre todo isto, sacamos unhas maneiras de facer política asemblearia e horizontal moi valiosas: todo o traballo emocional, de xero, de limites, de roles asemblearios… fixo que podamos continuar tratando con compañeirxs dentro e fora mantendo a coherencia persoal e colectiva.
Non é a primeira Campaña nin a primeira Coordinadora anticarceraria que non ten continuidade no Estado español, quizá é o momento de preguntarnos os motivos, xa hai moitas reflexións escritas respecto diso, quizá tamén sexa necesario escoitar outras voces. A maior traxedia carceraria é a opacidade dos seus muros, se non falamos disto nin sequera en contornas supostamente libertarias ¿onde o imos a falar?
Moito ánimo e forza a todos os grupos, colectivos, asociacións… que vimos crear e crecer estes anos e cos que aprendemos moito. Sabemos que esta loita é unha carreira de fondo e que os resultados non son, nin de lonxe, a curto prazo. Os grupos e individualidades que aínda existen dentro da CACT teñen razóns moi diversas, xs que queiran e poidan continuarán con a loita pero organizándose como cada cal considere oportuno. Todo final é un comezo e nós seguiremos aquí, na loita, desde outros prismas e perspectivas, con algo máis de experiencia cada vez e camiñando xuntas e separadas para derrubar todos os muros.
Cariño, forza e liberdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario