EsCULcA presenta queixa perante o Valedor e a Defensora
Por trato vexatorio a familiares de preso galego
23/05/2013
O pasado 22 de maio, EsCULcA
presentouescritos perante a oficina do Valedor do Pobo e a Defensora
del Pueblo interesando se tramiten queixas pola alegada actuación de
funcionarios do cárcere de Mansila de las Mulas (León) que terían
submetido a trato vexatorio familiares do moço galego X.R.O. interno
nese penal.
Nas queixas que agora presenta ao Valedor do Pobo e á Defensora del Pueblo, EsCULcA interesa sexan incoadas e tramitadas queixas por entender infrinxidos os dereitos constitucionais recollidos no art. 9.1 e 3 (vinculación dos poderes públicos ao ordenamento xurídico e principios de legalidade e interdición da arbitrariedade), 10 da CE de 1978 (respecto á lei e dereitos dos demais), art. 15 (dereito á integridade física e moral) e 18 (dereito á intimidade).
No escrito dirixido á Oficina do Valedor, EsCULcA solicita se incoe expediente de queixa e, no seu caso, con amparo na lei 36/1985, realice as xestións de coordinación precisas coa Oficina do Defensor del Pueblo para ditar resolución en amparo dos dereitos constitucionais infrinxidos.
Se ben o Valedor viña mantendo unha liña de actuación que consistía en declarar a incompetencia da institución galega nesta materia por non estar a administración contra a que se formula a queixa baixo o seu control, ainda que a lexislación prevé mecanismos de coordinacion coa Defensoría del Pueblo, as declaracións feitas a unha representante de EsCULcA en entrevista recente, no sentido de estar disposto a actuar nas denuncias que o noso observatorio formulase, lévanos a reiterar a presentación das queixas na esperanza de que o comisionado parlamentar adopte unha posición activa na defensa de dereitos fundamentais.
Denunciam trato vexatório a familiares de preso galego
Funcionários de Mansilla de las Mulas
14/05/2013
A plataforma Que Voltem para Casa
denuncia que familiares do preso X. R., interno no penal de Mansilla
de las Mulas (León), forom submetidas a trato vexatório o passado dia
11 de maio por funcionários do centro. Um aparente falho mecánico do
sistema de controlo e o uso arbitrário de medidas excepcionais derom pé
às humilhaçons infligidas ao grupo familiar.
Por fim, e como a alarma continua a saltar ao passar umha delas, que entretanto aceitara desprender-se de toda a sua roupa e vestir unicamente umha bata proporcionada pola própria prisom, os funcionários decidem permitir a entrada.
Que a alarma saltasse unicamente no caso destas duas persoas, e com maior insistência no de umha delas, levanta fundadas dúvidas sobre a possibilidade de o incidente se dever a um alegado falho mecánico, mais ainda quando se conhecem casos anteriores em que a alarma foi manipulada para produzir este efeito.
Por outra parte, em nengum momento foi utilizado o detetor conhecido como “raqueta”, que permite localizar de imediato qualquer objeto metálico sobre o corpo da persoa sujeita a inspeçom sem necessidade de contato físico. O seu uso teria evitado as inspeçons manuais (medida prevista para situaçons excepcionais) e teria aforrado ao grupo familiar as humilhaçons a que foi submetido arbitrariamente por estes funcionarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario