DELEGACIÓN DA DEFENSORÍA DEL PUEBLO
27/12/2012
Con data
26/12/2012 EsCULcA enviou escrito à Defensoría del Pueblo en que solicita
información da visita realizada ao cárcere da Lama por unha delegación dese
organismo para inspeccionar varias dependencias, entre elas o módulo de
isolamento, e manter entrevistas con internos do penal. O penal acumula queixas
por vulneración de dereitos das persoas presas.
EsCULcA solicita asi mesmo ser tida como parte no expediente que
se incoe a raiz desta entrevista con traslado das conclusións que se tiren das
inspeccións realizadas. Entende que procede estimar esta solicitude por canto
esas conclusións serán finalmente publicadas no relatorio anual da Institución
e por as diferentes queixas presentadas polo noso Observatório acreditan un
interese público no coñecemento das mesmas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario