Noticia extraida da Web abordaxerevista.blogspot.com
Pois si, para os que xa pensabades que este ano non habería a xa tradicional marcha ao cárcere de Teixeiro, aquí tedes o cartaz para asegurarvos de que os bos costumes nunca se perden. Pode que un pouco tarde en comparación con outros anos pero os presos non quedarán sen a súa habitual porción de solidariedade natalicia.
Comunicada oportunamente ás autoridades (im)pertinentes para evitar as non menos tradicionais sancións, a marcha partirá o sábado 12 de xaneiro ás 12:30h da gasolineira pasdo o polígono de Teixeiro (N634 Km663), para percorrer a pé a distancia que a separa do presidio e achegarlles aos reclusos os nosos máis sentidos berros solidarios.
Atentos a posibles convocatorias de movilizacións anticarcerarias para esa mesma tarde nalgunha cidade galega que reproduciremos neste blog en canto teñamos máis información delas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario