Noelia. 25 anos. Unha persoa. Unha muller. Unha rapaza, que o Estado, o xuíz, o carcereiro deciden pechar. Deciden quitarlle a liberdade. Deciden maltratala, illala, vexala, violala, afastala da súa terra. E todo isto coa complicidade dun sistema o que non lle interesa acabar con as vexacions e os malos tratos, coa complicidade de cada unha e cada un de nós.
Entra na cadea pra cumprir un ano e medio, agora leva 5 e non coñece nin cantos lle quedan. 5 anos aguantando todo tipo de presións e malos tratos, 5 anos nos que a institucion non parou de facerlle a vida imposibel a ela e a sua familia lonxe da sua terra.
Se non o evitamos seguirán facendo que as bágoas surquen as meixelas da súa nai. Impunes estanllo a facer a Noelia, a Laura, a Daniel, a Óscar, a cada unha e cada un d@s nos@s fill@s, a todas as que decidan protestar.
E hora de que os familiares e amigos das persoas presas nos organizemos e acompañemos ós nosos irmáns e irmás na súa loita pola xustiza, por un trato digno e unha nova forma de solucionar os problemas sociais. Xuntas somos máis fortes.
BASTA XA. REMATOU…
Rematou a espera. Agora esiximos. Agora plantamos cara. Agora estamos unidas.
Esiximos que cesen todos os malos tratos, torturas, tratos degradantes, empurróns e incluso palabras mal soantes, en todas as prisións. Abonda de complicidade de médicos e xuices.
Esiximos que non se repita nunca máis un episodio de violencia machista, ningunha vexación, nin un solo ataque sexual máis.
Esiximos que as familias fiquen unidas, que ningunha lei ou pena poida separalas. Non á dispersión das persoas presas, cada unha na súa terra. Non ós constantes cambios de prisión.
Esiximos que toda persoa enferma sexa tratada con dignidade, que se lle suministre o seu tratamento, que sexa recibida polo persoal médico necesario. Abonda de neglixencias médicas, que non se xogue ou pacte coa súa saude, que a sanidade , xa non tan universal, chegue a elas. Ningunha morte máis dentro das prisións.
Esiximos que non se nos minta máis. Reinsertar non é illar. As persoas non precisamos que nos reinserten en ningún lugar, necesitamos respeto. O odio e a violencia tan só xeneran máis odio e violencia.
Esiximos que a trasparencia tan citada chegue a Institucións Penitenciarias, e a todo o relacionado con elas. Non máis impunidade, non máis asasinatos estatais sen culpables.
Esiximos que remate toda esta farsa. Que a pobreza non se castigue coa prisión. Que a prisión non viva dos pobres. O remate do sistema mercantilista, somos perosas, non moedas.
Noelia non é a única. Hai moitas Noelias, e a seguinte pode ser calquera de nós. Abride os ollos, abride o corazón. Poñédevos no seu lugar, no lugar da súa familia, no lugar dos seus amigos, no lugar de aquelas que a aman.
Non podemos seguir mirando cara outro lado. Non queremos que os muros das prisións sexan opacos. Atrevédevos a amar, a apoiar, a sentir... Saiámonos do camiño establecido e loitemos xuntas. Porque non vamos a permitir nin unha soa mostra de violencia opresora máis. Porque se non agora, ¿cando?
Queremos que traian a Noelia a Galiza e cese a dispersión de todas as persoas presas.
Queremos que cesen inmediatamente os abusos e malos tratos, esiximos un trato digno e humano para Noelia e todas ás persoas presas
Queremos que se investigue o intento de violación cometido no cárcere de Ávila, denunciado como abuso sexual, lesións e torturas depurando responsabilidades.
Queremos que os organismos encargados de vixiar que se respectan os Dereitos Humanos das persoas presas actúen. Tendo en conta que estes feitos se notificaron ao Valedor do pobo e os xulgados de Vixiancia Penitenciaria, deben investigar e esclarecer o sucedido, de non suceder así poderemos considerar que estes organismos son obsoletos, ineficientes e cómplices das torturas, malos tratos e violacións que se sofren nos Centros Penitenciarios.
Queremos que cesen inmediatamente os abusos e malos tratos, esiximos un trato digno e humano para Noelia e todas ás persoas presas
Queremos que se investigue o intento de violación cometido no cárcere de Ávila, denunciado como abuso sexual, lesións e torturas depurando responsabilidades.
Queremos que os organismos encargados de vixiar que se respectan os Dereitos Humanos das persoas presas actúen. Tendo en conta que estes feitos se notificaron ao Valedor do pobo e os xulgados de Vixiancia Penitenciaria, deben investigar e esclarecer o sucedido, de non suceder así poderemos considerar que estes organismos son obsoletos, ineficientes e cómplices das torturas, malos tratos e violacións que se sofren nos Centros Penitenciarios.
NOELIA NO ESTá SOA, QUERÉMOLA NA NOSA TERRA XA
SOLIDARIEDADE CO NOELIA E TODAS AS PERSOAS PRESAS
asamblea de familiares e amigos das persoas presas
afapp.gz@gmail.com
Non entendo porque hai xente que fai cousas peores e xa está fora, e dentro son uns privilexados, nin siquiera lle falta un teléfono móvil, para que poidan falar con quen queiran. Os telefonos axudados polos funcionarios a pasalos para dentro, claro. E despois coas rapazas inocentes,ou con xente que non ten recursos fan o que fan. Non entendo porque ten que cumplir condena lonxe da súa terra, habendo aquí tamén centros penitenciarios. Ou que cumpliran a condena en un centro adaptado a súa enfermidade, xa que agora mesmo dentro ahí xente con enfermidades importantes, que para o meu entender os centros penitenciarios non son o mellor sitio para esas persoas. Hai xente a que se lle está alargando a condena pola enfermidade que ten. Un saludo.
ResponderEliminarNon entendo porque hai maltratos nas cárceres e o llelo fan pagar a persoas con problemas e a outros que entraron nos centros penintenciarios por cousas moito máis graves os teñan como uns reis e andan como periquito pola súa casa.
ResponderEliminarQueremos a Noelia Cotelo Riveiro en Galicia, a súa verdadeira terra. Un saúdo.
Eu non sabía o que pasaba nos centros penitenciarios ata fai moi pouco,isto non é humano, xa non estamos en dictadura, ¿ou si?.Entendo que deberan ter que cumplir condena, pero non entendo que teñan que pasar por cousa que non ten lóxica, isto é como cando lle pegas a un neno, estas a facelo tamén a él violento,violencia con violencia non debía de ser. Noelia xa debería de estar fora, coa súa familia, pero non está e para colmo atopase moi lonxe da súa terra,sin poder ter tanto como quixera a calor da súa xente. Caeranlle aínda mais anos por culpa dos señores funcionarios? Non sei que dicir, a palabra o mellor sería animo Noelia, animo familia, pero faise algo dandolle animos?
ResponderEliminartodolos presos pagan a sua condena privados da sua liberdade os anos k se lle imputan,nadie es kien para maltratarlos,violarlos insultarlos i vejarlos,los funcionarios deben d cumplir con su deber,i no hacer los hechos relatados anteriormente,noelia cotelo ribeiro tiene familia,tiene madre,padre i hermano i el daño fisico i psiquico keda en noelia.aunkepara su madre es tan grande la impontencia de no poder ayudar a su hija ksi realmente hubo justicia para encerrar a noelia por fechorias tiene k haberla para esta gentuza k se creen con derecho de abusar de noelia cuando ella esta cumpliendo su condena.desde aki pido k estos hechos anteriormente relatados no caigan en saco roto.noelia no estas sola lucharemos i la justicia hare k pagen por lok te estan haciendo.
ResponderEliminarNo se ni como e llegado a esta pagina? pero me a conmovido lo que e podido leer . tampoco tengo muy claro , porque motivo esta el prisión , se que el delito que cometiera lo esta pagando ,y si es de Galicia hay cárceles igual que en el resto del país , estará igualmente vigilada en una que en la otra , referente a si lo e entendido o leído bien ,que an abusado de ella ,tanto física como moral eso hay que denunciar al funcionario o los funcionarios , nunca dejar que la falta de libertad de una persona sea motivo de vejaciones por parte de nadie que esta para proteger y ayudar a los presos en régimen interno , que pagen igual que Noelia su castigo ,y se vean en una cárcel lejos de sus familiares, un abrazo para Noelia.
ResponderEliminar