extraido de Abordaxe Revista.
Recibimos por diversas fontes as últimas novidades que se coñecen sobre a situación de Emilio Sanchez del Peso, alcumado “El Rockero”. Lembrade que a comunicación con os presos nunca é tan fluída como quixeramos. Comezamos a nosa información con a súa carta asinada “desde los muros de la cárcel” e que colamos (sen traducila), respeitando a súa lingua e maneiras de escreber (*) que recxollemos à ìntegra do Boletín Tokata; depois aportamos os últimos dados recibidos sobre o seu estado de saúde:
¡¡¡Compañerxs!!!
Con ánimos y fuerzas os escribo tras recibir vuestro apoyo y vuestro espíritu de rebeldía, de lucha contra este sistema opresor y juntxs enseñar la oscura y sombría vida detrás de los muros. Expreso con asco y rabia que apoyo todo lo que hagáis para que la verdad no sea silenciada, que vuestros gritos de guerra no sean en vano. El sistema odia a lxs luchadorxs, saben lo que podemos hacer, no hay nada que la voluntad humana no pueda conseguir; como comprobó el “che”, de los pueblos más oprimidos nacen las revoluciones más grandes, hay que enseñar a la sociedad que cobarde, consciente con su silencio despreciable, ha creado este mundo lleno de cárceles, lleno de destrucción y muerte, y es que el problema no somos nosotrxs, son “ellos” creando crueles sistemas penitenciarios, son crueles pero no hipócritas, es lo que son sus leyes y no lo esconden.
Intento calmar mi odio ante este sistema, no me extraña que este modelo de país se hunda, si esta sociedad ciega, asquerosamente material, egoísta e inhumana lo consiente, lo permite. Guerra, hambre, destrucción, más cárceles, mientras la sociedad calla y hace de ciego, que no quiere ver lo que acontece en sus cárceles. ¿Que importa? Un perro menos ladrará.
Continúo expresando mi amargura desde la cárcel, he aprendido una cosa muy distinta a lo que intentan inculcarte a palos los esbirros del sistema, que el problema no se encuentra en nosotrxs, sino en la sociedad que “vosotros” edificasteis y que habrá que cambiar mediante la lucha, aunque sea la lucha armada, que es lo único que entienden.
El alegato final que tengo claro constituye un reto a la sociedad, y de paso una acusación descarnada, mientras seguís golpeándonos no son gemidos lo que escucháis, sino ¡¡¡gritos de guerra desde vuestras cárceles de mierda!!!
Sabiendo que hay muchxs a los que no os silencian y que luchamos, mi lucha cobra mucho sentido y fuerza.
COMPAÑERXS, FUERZA Y LUCHA
Emilio Sanchez del Peso “el rockero”, desde los muros de la cárcel
…………………………
A situación de Emilio agravase!!
Recollendo dados da mesma entrada do Boletín Tokata e mais de Esculca notificamos que:
Dende o día 14 do pasado mes de agosto, Emilio atópase en folga de fame indefinida en protesta polos malos tratos e torturas que están a recibir os presos do módulo de illamento do cárcere da Lama. Malia o avanzado deterioro do seu estado de saúde -pasou de 73 a 53 quilos dende o inicio do protesto- ainda non foi trasladado á enfermería nin ao hospital, informa o seu avogado Raúl López.
Segundo o Tokata: “As súas facultades físicas minguaron moito e xa lle custa moito máis sorrir. Maréase constantemente, leva semanas que non sae case da cama, ten arcadas cada pouco sen poder vomitar nada, perde a memoria, cústalle mesmo falar, a cor de pel escurecéuselle e xa non ten esa vitalidade, que como a calquera mozo san e deportista, o caracteriza”.
Algúns compañeiros do búnker pídenlle que o deixe e, á vez anímano e solicitan que o trasladen ao hospital realizando un xaxún semanal, e é que nin tan sequera o levaron a enfermaría xa que evidenciaría, unha vez máis, o fracaso da institución penitenciaria en canto á salvagarda da integridade física dos internos que “acolle”.
Seguramente se pedise que lle dean algún permiso ou que o progresen a 2º grao seria tratado doutro xeito, pero non, el pide que se rematen os malos tratos, que se supriman todas as clases de torturas, que se respecten os dereitos humanos e a legalidade vixente e non se pode permitir esa clase de denuncia, a denuncia contra todo un sistema que crea máis violencia da que pretende suprimir.
Por fin empézanlle a entregar as decenas de cartas solidarias que tiñan amontoadas nos seus escritorios, palabras que lle dan forza, imaxes que o empurran a seguir; non obstante, bota en falta cartas dxs compas, palabras e pensamentos dxs demais rebeldes que están encerradxs… vai!! seguramente esas nunca llelas darán non sexa que se estenda o virus da autoorganización, o importante é que este illado.
Aponta o seu avogado no texto que recollimos de Esculca, algo do que xa falaramos en Abordaxe: que Emilio é Integrante da Campaña Cárcere=Tortura, Emilio non reivindica nada para si propio. Pola contra, o seu obxectivo é “a divulgación da vulneración de dereitos fundamentais que acotío se producen nas prisións do estado español e, moi especialmente, nos módulos de illamento”, afirma unha activista da campaña: “debemos contextualizar o protesto após o falecemento repentino do preso Eugenio García Serrano, alias Gaviotu, nese mesmo módulo de illamento de A Lama”, caso polo que un familiar xa iniciou investigacións para esclarecer os feitos.
Pola súa banda, o letrado subliña que, ainda que Emilio se atopa en prisión por pequenas condenas, leva maís de 10 anos clasificado en primeiro grado. Aliás, malia estar no último tramo da súa condena, “o máis laxo de todos”, ainda non gozou dos beneficios que pauta o ordenamento xurídico penitenciario en aras da reinserción, tales como os permisos de saída ou mesmo a liberdade condicional. “É habitual que os presos que desenvolven lexítimos actos de protesta na cadea sexan castigados con sancións administrativas que carrexan a imposibilidade de progresaren de grado ou mesmo o aumento da condena”, explica o avogado.
Así mesmo, Raúl López chama a atención sobre a demora do seu traslado a enfermería ou ao hospital: “O protocolo que se segue no caso das folgas de fame é, a partir dos 25 ou 30 días, o de trasladaren ao reo para facer un seguimento médico máis exhaustivo”, e resolve: “a única explicación desta demora, após máis de 40 días de xaxún, é que o protesto de Emilio pon de manifesto o desleixo dos carcereiros no cumprimento das súas funcións, en canto a garantiren a seguridade e a integridade física dos presos”.
Alén, e voltando o aportado polo Tokata: Durante todo este mes e medio de denuncia, coa súa saúde como única arma, ningún funcionario lle preguntou por que fai isto, só a coacción para que deixe a protesta. O director foi a velo e pretendía facelo a traves dos grosos cristais dos locutorios para non escoitar, cara a cara, á testemuña e vítima da súa culpabilidade, como así sucedeu.
A conivencia dos servizos sanitarios cos tratos degradantes a evidencia a propia situación, como, profesionais sanitarios, poden deixar nunha cela de illamento unha persoa no seu estado?
Un dos carcereiros que lle axudaron a chegar á comunicación pide a súa visita que o faga cambiar de opinión, que está preocupado, liberándose así dun pouco de culpa na súa colaboración coa barbarie.
Reivindicacións e apoio público
No concreto, a folga de fame de Emilio procura difundir as reivindicacións da Campaña Cárcere= Tortura, que aglutina 60 presas e presos e que apoian decenas de activistas a prol dos dereitos humanos de todo o estado, entre os que se atopan avogados, educadores e traballadores sociais, xornalistas e estudantes, entre outros.
As súas reivindicacións son as seguintes: Facer públicas “as torturas e malos tratos habituais” no sistema penitenciario español, principalmente nos módulos de illamento. Denunciar a “conivencia do servizo sanitario” e “a inactividade das institucións públicas” perante as vulneracións de dereitos. Pór de manifesto “a ineficacia das denuncias de torturas, constantemente arquivadas”. Repudiar “a brutal represión” que sofren as presas e presos integrantes da Campaña por medio de “sancións encubertas”. Finalmente, chamar atención sobre o “elevado número de mortes na cadea”, algo que segundo recorda o letrado Raúl López, é “responsabilidade directa da administración”.
Alén dos muros da prisión, a folga de fame de Emilio Sánchez del Peso foi arroupada con diferentes actos en diferentes puntos da xeografía do estado. Concentracións, pintadas e faixas deixáronse ver en diferentes cidades e vilas e mesmo en actos públicos como na Vuelta Ciclista a España, ao seu paso por Galiza, ou no decorrer das “IV Olimpiadas Populares Galegas”.
En defintiva, Emilio, como tantos outros, volve mostrarnos a máxima expresión de crueldade na nosa sociedade e, como outros tantos, recórdanos iso esquecido nas nosas vidas, a dignidade…
Para escribirlle a Emilio:
Emilio Sánchez del Peso
Centro Penitenciario de A Lama
Monte Racelo s/n
36830 A Lama (Pontecedra)
…………………….
*) En Abordaxe entendemos que as nosas leitoras entenden perfectamente o castelán, e acordamos non traducir textos escritos de primeira man, como Cartas persoais e outras.
Máis información en Abordaxe sobre esta Luita de Emilio pola súa Dignidade (en orde cronolóxica):
25/8/2014- [A Lama - Pontevedra] Emilio Sánchez, preso en luita da Campaña Cárcere=Tortura en Folga de Fame Indefinida. MÁXIMA DIFUSIÓN.
6/9/2014- Apoio para preso en loita en folga de fame indefinida no cárcere de A Lama.
18/9/2014- [Ourense] Hoxe as 12 diante do Pazo da Xustiza.- CONCENTRACIÓN en SOLIDARIEDADE con EMILIO, preso en Folga de Fame no CP A Lama.
25/9/2014- MODIFICAMOS: URXENTE!! EMILIO SÁNCHEZ: 42 días en folga de fame: “QUE SE INTENSIFIQUE A LUITA!!!”
02/10/2014- [Vigo] Solidariedade con Emilio, 50 días en folga de fame no CP A Lama. Concentración mañán venres 3 de outubro as 20h no Marco
Ningún comentario:
Publicar un comentario