Acto
en solidariedade con Emilio Sanchez e todos os presos en loita
Na
mañá do mércores 8 de outubro achegámonos aos Xulgados de
Pontevedra coa intención de entregar unha carta en relación coas
tortura na cárcere da Lama ao Xuíz de Vixilancia Penitenciaria
responsable da prisión, su señoria Fidel del Rio. Aproveitamos a
ocasión para repartir a devandita carta na entrada dos xulgados ás
persoas que alí se encontraban.
Non
puidemos falar con Fidel del Rio, polo que deixamos a carta a un
funcionario quen se responsabilizou de entregarlla así como noso
correo por se a súa señoría desexa facernos notar algunha
observación, en cuxo caso informaremos.
Animamos a todas as persoas a continuar denunciando a situación de impunidade que se vive nas prisións así como a complicidade de determinados axentes e institucións.
Solidarias
Ningún comentario:
Publicar un comentario