(extraido de Abordaxe Revista)
Damos pulo ao seguinte correo reivindicativo asinado pola Asociación Libre e Informal de Salvaxes:
Apoiamos con solidariedade as loitas dos presos en folga de fame: José Antúnez Becerra, Javier Guerrero e Xabier Corporales, asi como a Roberto C. Fernández Pardiñas preso libertario en loita e a todxs xs que están enxauladxs e privadxs de liberdade.
E por iso, dende mediados de xaneiro, comezamos a sabotear as rodas a vehículos de alta gama e de servizos de transporte colaboradores do sistema polo norte de Galiza.
Istas son un tipo de acción de sabotaxe, as que animamos a propagar e realizar. Asi como infinitos ataques en contra de toda representación do poder e a súa dominación.
Queremos romper con todo o establecido, queremos viver a nosa vida en liberdade e por iso estamos en contra de toda autoridade que negue o noso libre desenvolvimento.
Estamos en contra das xerarquías e deste sistema de dominación que nos somete a un pensamento uniforme baseado nunha actitude predeterminada e renegar do pensar por unha mesma, para o seu beneficio. Crescimos enganadxs entendendo que as ideas e actos van separados na vida e a obedecer para non sufrir, e a todo o que nos condenou esta civilización tecno-industrial, a vivir como miserabeis.
Cremos que a loita debe trascender das simples palabras a actos por iso entendemos a vida como a necesidade de actuar según as nosas ideas ácratas, cheas de venganza, sen esperar ao momento da revolución social, nos xa á comezamos.
Pola extensión da raiba!
Morte ao estado e Viva a Anarquía!
Asociación Libre e Informal de Salvaxes
Ningún comentario:
Publicar un comentario