01/02/15

[Pontevedra] Grave situación de Javi Guerrero cando se cumpren 50 dias da súa Folga de Fame.


 

(extraido de Abordaxe Revista)

O estado de saúde do preso en loita Javier Guerrero Carvajal (en folga de fame en defensa dos dereitos das persoas presas dende o 11 de diciembre) de 33 anos agravouse. O pasado venres 23 de xaneiro foi operado dos riles moi deteriorados pola dura protesta que esta levando a cabo sen descartarse novas intervencións. A raíz da operación inchóuselle toda a perna esquerda por unha posible trombose.
Foi obrigado á administración por via intravenosa de diversos goteiros baixo a ameaza de ser amarrado, ata o miercoles 28, momento en que a petición súa e coa vontade de seguir a folga de fame lle quitaron a via e administración de soros.

A pesar do seu estado físico, a súa moral segue intacta e a súa vontade de seguir adiante é férrea ata que se lle conceda o terceiro grao e o retorno dos permisos suspendidos e arquivo da sanción. Javi denuncia a represión que sofren xs que se atreven a protestar e acusar a xs carcereirxs que utilizan ou consenten os malos tratos e torturas, recordemos que a sanción imposta parece unha vinganza ante unha denuncia por malos tratos e abuso de poder que fixo días antes.
A poucos días de cumprir un mes hospitalizado aínda non lle permitiron ver a amizades e achegadas, non puido chamar por teléfono nin unha soa vez, non puido falar coa súa familia, non lle dan os informes médicos sobre a súa situación clínica, limitaron a visita de avogados, etc,…
Dende aquí denunciamos a pouca profesionalidade e o desleixo de parte do persoal médico e de apoio social do Hospital Provincial de Pontevedra. Cando unha persoa privada de liberdade se encontra hospitalizado é un paciente cos mesmos dereitos que os demais, polo que esiximos se respecte o seu dereito a visitas en horario permitido, o seu dereito a recibir toda a información sobre o seu expediente e historial médico, dereito a comunicación cos seus achegados e coa asistencia letrada que requira, dereito a unha asistencia social efectiva.
Por outro lado empezáronlle a chegar cartas de apoio e ánimo e agradece as accións de apoio e a laboura de todxs aquelxs que estan facendo pública a súa situación e a de xs que loitan dende dentro pola defensa dos dereitos humanos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario