01/02/15

[Pontevedra] Crónica da Concentración de onte, luns 26, en solidariedade con Javier Guerrero Carvajal, preso en loita.

(extraido de Abordaxe Revista)


20150126_185844 Un reducido pero entusiasmado grupo de solidarixs concentrámonos este luns 26 de xaneiro de 2015, arredor das 18:30 da tarde, na entrada principal do Hospital Provincial de Pontevedra, na céntrica rúa Loureiro Crespo, para amosar a nosa solidariedade coa loita que leva a cabo o noso compañeiro e preso en loita Javier Guerrero Carvajal, quen se atopa ingresado neste hospital cun delicado estado de saúde que compromete seriamente a súa vida, debido á folga de fame que mantén dende o 11 de decembro, e ós días que pasou en folga de sede.

Durante a concentración berráronse varias consignas clásicas como “OS CÁRCERES SON CENTROS DE EXTERMINIO”, “NON PODE SER, AS POBRES NAS CADEAS E OS CORRUPTOS NO PODER”, “ABAIXO OS MUROS DAS PRISIÓNS” ou “NIN FIES NIN DISPERSIÓNS, NIN ENFERMXS NAS PRISIÓNS” e outras máis centradas neste caso coma “ÉL PIDE LIBERDADE E O ESTADO DALLE FAME” ou “EN FOLGA DE FAME POLA SÚA LIBERDADE”. Tamén se explicou en voz alta a situación de Javier, a loita que desenvolve e o motivo do noso protesto: Aproveitamos para lembrar o caso de Gavioto, preso en loita que morreu “suicidado” (asasinado) no penal de A Lama onde tamén estaba pechado Javier antes de ser hospitalizado, e varias persoas paráronse a preguntar e informarse.
Repartíronse panfletos entre xs peóns e tras aproximadamente tres cuartos de hora, disolveuse sen problemas. A pesar de que non pedimos permiso nin comunicamos oficialmente a concentración (negámonos a pasar polos filtros que nos impón o Estado cada vez que queremos expoñer as nosas reivindicacións), a policía non fixo acto de aparición, algo que lle agradecemos enormemente. Deberíades quedar na casa ou na comisaría máis a miúdo, que na rúa fai moito frío.
Javi atópase nun delicado estado de saúde, e é fundamental que amosemos a nosa solidariedade por todos os medios posibles e ó noso alcance, para seguir a transmitirlle forza: Pasar polo hospital e berrarlle consignas de solidariedade dende a rúa, escribir cartas de apoio e solicitar que lle sexan entregadas, acudir ás concentracións ou convocar as vosas propias, espallar os panfletos e a información ou contactar cos grupos solidarios para informarse, son ferramentas que todxs podemos empregar para darlle ánimos e sumar as nosas voces á súa.
Os cárceres son a ferramenta do Estado para agochar as consecuencias dun sistema que falla estructuralmente. A democracia fala de dereitos humanos, mentras amontoa en almacéns de almas a todas aquelas persoas que estorban, que non encaixan ou que simplemente, rexeitan os camiños impostos e buscan vías de vivir a súa vida fora das chantaxes e normas inxustas que impoñen dende o Poder. A loita dxs presxs contra os malos tratos é a loita pola dignidade daquelxs que viven privadxs dela. A loita contra as prisións é a loita de todxs contra a hipocresía das institucións e contra a mentira da reinserción que lexitima todas as súas torturas e abusos cotiáns sobre as persoas presas.
SOLIDARIEDADE CON JAVIER GUERRERO CARVAJAL E CON XS DEMÁIS PRESXS EN LOITA!
Algunhas solidarias…

Ningún comentario:

Publicar un comentario